jueves, 24 de diciembre de 2009

Feliz? Nadal

Eu paso bastante de Nadales... así que...


martes, 15 de diciembre de 2009

Mallando na e-ira

Escribo este post para publicitar un novo proxecto común, xunto a outros dous bloggers e amigos, Vitor e Iago, o blogue Mallando na e-ira

Este blogue pretende ter contidos por así dicilo "técnicos", é dicir, escribir sobre cuestións do noso interese e o noso ámbito formativo de forma divulgativa, para difundilos.

Este blogue seguireino mantendo como até o de agora, escribindo de cando en vez e tentando mantelo como un punto de referencia do frikismo filolóxico-bizarro-deleznable.

Veña, difundide a boa nova, a mallar!

sábado, 12 de diciembre de 2009

viernes, 11 de diciembre de 2009

Airiños, airiños, aires...

A verdade, tras ler a nova que subiu o Sr. Grandio ao seu Facebook, non podo evitar lembrar un grande extracto de Gulliver, (L.3, cap. 5)

I was complaining of a small fit of the Cholick; upon which my Conductor led me into a Room, where a great Physician resided, who was famous for curing that Disease by contrary Operations from the same Instrument. He had a large Pair of Bellows with a long slender Muzzle of Ivory. This he conveyed eight Inches up the Anus, and drawing in the Wind, he affirmed he could make the Guts as lank as a dried Bladder. But when the Disease was more stubborn and violent, he let in the Muzzle while the Bellows were full of Wind, which he discharged into the Body of the Patient, then withdrew the Instrument to replenish it, clapping his Thumb strongly against the Orifice of the Fundament; and this being repeated three or four Times, the adventitious Wind would rush out, bringing the noxious along with it (like Water put into a Pump), and the Patient recover. I saw him try both Experiments upon a Dog, but could not discern any Effect from the former. After the latter, the Animal was ready to burst, and made so violent a Discharge, as was very offensive to me and my Companions. The Dog died on the Spot, and we left the Doctor endeavouring to recover him by the same Operation.


Impactante, verdade?

Pois a algún famoso poderíalle pasar como ao can do conto, polo que non é mala ocasión para lembrarvos que tendes que participar no Morte_e_destrución'10!

martes, 8 de diciembre de 2009

Galego-escocés




Un video que creo que amosa bastante ben unha das cousas en común que teñen os dous países...licencias dos subtitulos permitidas, claro.


Por outra banda, Irvine Welsh en xeral e Trainspotting en particular nunca decepcionan.

(Vía Seioque)

jueves, 3 de diciembre de 2009

Manifesto "En defensa dos dereitos fundamentais en internet"

Ante a inclusión no Anteproxecto de Lei de Economía sustentábel de modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión, información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores de internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que…

1.- Os dereitos de autor non poden situarse por riba dos dereitos fundamentais dos cidadáns, como o dereito á privacidade, á seguridade, á presunción de inocencia, á tutela xudicial efectiva e á liberdade de expresión.

2.- A suspensión de dereitos fundamentais é e debe seguir a ser competencia exclusiva do poder xudicial. Nin un peche sen sentenza. Este anteproxecto, en contra do establecido no artigo 20.5 da Constitución, pon nas mans dun órgano non xudicial -un organismo dependente do Ministerio de Cultura-, a potestade de impedir aos cidadáns españois o acceso a calquera páxina web.

3.- A nova lexislación creará inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, prexudicando un dos poucos campos de desenvolvemento e futuro da nosa economía, obstaculizando a creación de empresas, introducindo atrancos á libre competencia e ralentizando a súa proxección internacional.

4.- A nova lexislación proposta ameaza os novos creadores e obstaculiza a creación cultural. Con Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratizáronse extraordinariamente a creación e a emisión de contidos de todo tipo, que xa non proveñen prevalentemente das industrias culturais tradicionais, senón de multitude de fontes diferentes.

5.- Os autores, como todos os traballadores, teñen dereito a viviren do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades asociadas ás súas creacións. Tentar soster con cambios lexislativos unha industria obsoleta que non sabe adaptarse a este novo contorno non é nin xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio se baseaba no control das copias das obras e en Internet non é posíbel sen vulnerar dereitos fundamentais, deberían procurar outro modelo.

6.- Consideramos que as industrias culturais necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, críbeis e asequíbeis e que se adecúen aos novos usos sociais, en lugar de limitacións tan desproporcionadas como ineficaces para o fin que din perseguir.

7.- Internet debe funcionar de forma libre e sen interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que o saber humano siga a ser libre.

8.- Esiximos que o Goberno garanta por lei a neutralidade da Rede en España, ante calquera presión que poida producirse, como marco para o desenvolvemento dunha economía sostíbel e realista de cara ao futuro.

9.- Propoñemos unha verdadeira reforma do derecho de propiedade intelectual orientada ao seu fin: devolver á sociedade o coñecemento, promover o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.

10.- En democracia as leis e as súas modificacións deben aprobarse tras o oportuno debate público e tendo consultado previamente todas as partes implicadas. Non é de recibo que se realicen cambios lexislativos que afectan a dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que versa sobre outra materia.

NOTA: Este manifesto foi redactado conxuntamente por xornalistas, blogueiros e internautas, nunha maratoniana sesión durante a tarde-noite de onte. Se estás de acordo, difúndeo por todas as vías que poidas.

Via Iago Varela, via Blogaliza.

lunes, 23 de noviembre de 2009

Morte_e_destrución'10

Estimados lectores... ficades convidados a "Morte_e_destrución'10" a II Edición deste particular xogo que consiste, basicamente, en tentar adiviñar quen vai morren durante o vindeiro ano 2010.



Malia que a edición'09 aínda non rematou, abro o prazo de recepción de candidaturas para o ano 2010. Habida conta de que a 23 de novembro só levamos tres mortos acertados, rogariavos que esta vez pensásedes mellor a identidade dos mortos.

Así que aqui van as

BASES

1-Cada participante enviará un correo electrónico a deleznabilidades@gmail.com, cos seus datos, o nick co que será coñecido durante o concurso, e unha lista de 13 persoeiros que o participante cre que van morrer durante o ano 2010; antes do 31 de decembro de 2009. NON empregar os comentarios para tal cometido.

2-Os persoeiros, para seren definidos como tal, haberán de aparecer na Wikipedia ou noutra páxina web similar. Os participantes poderían ser requeridos polo organizador para clarificar a identidade dos seus candidatos.

3-Alomenos 3 dos 13 candidatos a defuntos haberán de ser galegos.

4-De morrer algún dos candidatos seleccionados por un participante antes do 31 de decembro, se lle outorgaría ao participante medio punto, que desempataría en caso de empate.

5-Por cada persoeiro-candidato que morra, se lle outorgará un punto ao participante que o tivese seleccionado.

6-Gañará Morte_e_Destrución'10 aquel participante que tiver o maior número de puntos ao rematar o día 31 de decembro de 2010.

7-O premio será desvelado proximamente, mais lémbrase aos participantes a condición laboral do organizador [bolseiro-> PARADO].

-----------------

Disposición adicional 1: A organización reservase o dereito a cancelar o concurso no caso de que non houbese o suficiente número de participantes.

Disposición adicional 2: Non se outorgarán puntos a un participante pola morte dun persoeiro cando este for asasinado polo propio participante.


E, como xa dicía o ano pasado, agora chega o momento no que me comezades a chamar friki, bizarro e perturbado nos comentarios.


Benvidos a M_e_D'10!

jueves, 5 de noviembre de 2009

Remember, remember...

Remember, remember
the fifth of november.
Gunpowder,
treason
and plot.


Hoxe é 5 de novembro e hoxe se celebra o 404 aniversario do "gunpowder plot" ou conspiración da pólvora.

Ben, poñámonos en antecedentes:
En 1525 Henrique VIII de Inglaterra decide divorciarse de Catalina de Aragón, a primeira das súas seis mulleres.
O asunto é que Catalina era prima do emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, tamén coñecido por Carlos I de España e V de Alemania; e a este non lle fixo demasiada gracia que se quixesen divorciar da súa prima... así que decidiu facer presión en Roma para que o papa denegase o divorcio... e o papa fíxolle caso. De aí xurdiu a ruptura de Inglaterra co Papado, que levaría, tralo reinado de Elizabeth I de Inglaterra (filla de Henrique VIII e da súa segunda muller, Ana Bolena) a que Inglaterra fose un país protestante.

E nisto que chegamos a que Elizabeth I morre (1603) e o seu herdeiro máis próximo é o seu primo James Stuart, rei de Escocia como James VI e que pasaría a ser rei de Inglaterra como James I (e que, gracias a isto, unificaría nunha soa cabeza as coronas de Inglaterra e Escocia).

Os súbditos católicos de James pensaban que o feito de que fose fillo de católica (Mary Stuart, reina de Escocia e decapitada pola súa prima, a reina Elizabeth I) faría que fose máis permisivo cos católicos, pero isto non foi así.

Así que unha grupo de católicos decidiu montar unha conspiración para matar ao rei e aos nobres protestantes, facendo estalar pólvora baixo a House of Lords en Westminster cando estivesen reunidos na inauguración do "ano parlamentar" (por así chamalo, aínda que de aquela o parlamento aínda non tiña reunións periódicas, senón que só se reunía para aprobar impostos). Porén, Guy Fawkes foi descuberto nos sotos de Westminster o día antes e a conspiración foi desbaratada.

Os conspiradores foron hanged, drawn and quartered, a pena reservada para os culpables de alta traición na lei inglesa.

Desde aquela, as noites do 5 de novembro os ingleses encenden fogatas e queiman bonecos que simbolizan a "Guy Fawkes" (algo polo estilo de cando nós queimamos entroidos.

Esta é unha festa moi importante na cultura inglesa, e podemos ver como está referenciada en V de Vendetta, por exemplo.

martes, 3 de noviembre de 2009

Deathlists: Outro impacto

Morreu Francisco Ayala



polo que Xarda anota un punto nas Deathlists.

Non é mal momento tampouco para lembrar a obra deste prolífico autor tanto en narrativa como en ensaio.

Deixovos o acceso a un par de portais: 1, 2.

domingo, 1 de noviembre de 2009

Jibbigo... posible?

Leo en Microsiervos o anuncio da aparición comercial dunha aplicación (Jibbigo) para iPhone que permite a tradución voz-voz.

Ben, o primeiro que teño que dicir é que a tradución voz-voz é un dos obxectivos máis importantes a longo prazo da lingüística computacional, e un dos meus soños como lingüista en potencia. A tradución voz-voz é especialmente complicada porque está formada por tres procesos diferentes, os cales non teñen sido perfeccionados até o punto de non dar erros.

Os procesos son a análise de voz (ou conversión voz-texto) a tradución automática (Texto-Texto) e a síntese de voz (conversión texto-voz). Todos estes procesos, como xa dixen, aínda non están perfeccionados, dan erros, e teoricamente conque un só destes procesos dese un erro xa sería imposible levar a cabo a tradución voz-voz.

Porén desde Jibbigo nos ofrecen un video



no que podemos ver unha demostración da tradución voz-voz que ofrece esta aplicación. Unha aplicación que funciona sen recorrer á rede, é dicir, que se pode empregar offline, polo que o seu nivel de emprego de memoria é moi importante.


Vamos analizar a aplicación desde o punto de vista dos tres procesos:

Punto 1. Análise de voz ou conversión voz-texto.

Na teoria non debería ser o punto que máis erros dese, mais pode dalos.

Así, ao non atopar as características técnicas de Jibbigo non temos constancia dun punto importante, que é se Jibbigo necesita as características xerais da voz do usuario. Isto é importante, posto que simplemente sabendo a frecuencia media da voz dun individuo o sistema de análise vese facilitado nunha medida moi importante (aínda que pode seguir dando problemas). Polo video podemos inferir que o mesmo sistema é quen de recoñecer diferentes tipos de voz, xa que traduce tanto o input da usuaria que fala inglés como o input do que fala español.

Outro punto importante é o das variedades dun idioma. Para que o sistema sexa practicable sería interesante que fose quen de traducir diferentes variedades dun mesmo idioma, e parece que recoñece ben a variedade "chicana" do español con seseo etc.; mais, será quen de recoñecer as diferentes variedades do inglés? Isto tamén é importante, porque as diferentes variedades de inglés teñen diferentes calidades vocálicas para as mesmas palabras, polo que poderían dar lugar a equivocos (pensemos o típico exemplo da lonxitude das vogais que diferencia sheet e sh*t), e, polo tanto, facer imposible todo o proceso da tradución.

Por último, tamén debería comentar que aínda que até o de agora só me centrei no punto de vista da análise fonética, a análise de voz ou conversión voz>texto pode ter como sistemas subsidiarios un sistema gramátical ou unha base de datos estatística que permitisen decidir entre diferentes alternativas no caso de dúbida na análise fonética.

O ideal para que este proceso non dese erro e a aplicación tivese a máxima usabilidade sería que se combinasen os diferentes sistemas e sistemas subsidiarios mentados aquí. Hai que lembrar que calquera erro en calquera dos tres procesos de tradución farían imposible a tradución voz-voz.


2.Tradución automática


Desde o punto de vista da tradución automática, o sistema debería coller o output do primeiro proceso (texto no idioma orixinal) e traducilo, dando lugar a un texto no idioma a traducir.

Este é o sistema que máis erros causa, posto que a tradución automática, se ben moi desenvolvida, segue tendo millóns de posibles erros que poderían frustrar a tradución voz-voz. Non hai máis que ver a páxina web da Voz e a tradución automática Español>Galego para notar como é un proceso que está lonxe da optimización (distancia á optimización que medra exponencialmente conforme medra a distancia lingüística entre dous idiomas)

É por isto que son moi escéptico sobre a capacidade do programa. Calquera pequeno erro pode dar ao traste co sistema por completo, e desde logo non parece que un programa que funcione offline poida ser quen de non ter erros, xa que o mesmo tradutor de google é incapaz de traducir correctamente "tie-break", por exemplo.

Aínda así, cómpre analizar os sistemas de tradución automática que existen. Hai dous grupos de modelos principais. Os modelos de coñecemento gramatical, que constrúen sistemas de equivalencias gramaticais entre os idiomas, e os modelos baseados na estatística. O ideal sería combinar os dous de cara a levar a cabo un macrosistema. Porén, isto é algo que nin o propio sistema de google foi quen de facer sen erros.


3.Síntese de voz ou conversión texto-voz


Este proceso non debe dar problemas de incomprensión da tradución, é dicir, non faría saltar ningún erro, mais si pode ralentizar moito o sistema.

Por que? Porque hai dous sistemas principais de síntese.
O primeiro é o dos difonemas, que son grabacións de dúas metades de realización dun fonema desde o punto de estabilidade do primeiro até o punto de estabilidade do segundo. É dicir, son grabacións de transicións entre fonemas. Por exemplo, en vaso teríamos os difonemas #-b, b-a, a-s, s-o, o-#. Este sistema ten a vantaxe de optimizar o uso de recursos, pero ten o inconveniente de reproducir mal os rasgos suprasegmentais, como a entonación.

O outro sistema é o sistema de palabras ou frases grabadas, que é quen de reproducir os rasgos suprasegmentais pero é moi pouco eficiente desde o punto de vista do uso dos recursos, xa que cada frase tería que ser grabada por separado.

Se vemos o video vemos que o sistema ha de ser o segundo. Non se nota artificialidade e si uns rasgos suprasegmentais moi naturais.



Síntese do explicado

O sistema, para ter a máxima usabilidade e dar os menores problemas tería que ser capaz de:

-recoñecer voces de diferentes usuarios
-recoñecer diferentes variedades dunha mesma lingua
-ter un sistema subsidiario que permitise decidir a forma dunha expresión no caso de dúbida na análise
-ter un dobre sistema de tradución automática baseada en coñecementos gramaticais e na estatística, superior en potencia ao do google e virtualmente infalible.
-ter un sistema de síntese de voz mediante uso de grabacións (porque o ten).
-ter todos estes sistemas na memoria de forma que se poidan usar offline

Polo tanto este sistema tería que ser un monstruo de bastantes GB de memoria ocupada e un uso de procesador e demais intensísimo. Se ben parece que o iPhone sería capaz de soportalo, non sei até que punto isto compensa aos usuarios.

Así, creo, e é unha opinión, que é moi complicado que este sistema funcione ben fóra dos usos estereotipados amosados no video. Calquera erro, o máis mínimo, daría ao traste con todo o proceso, e, especialmente no proceso de tradución automática, os sistemas están lonxe, moi lonxe, da infalibilidade.

Polo tanto, se ben pode ser un paso, e non nego a súa utilidade para certos usos estereotipados, este tipo de sistemas estarían agora mesmo, na miña opinión e por facer un paralelismo, ao nivel dos libros de frases útiles ("Polaco en 100 frases" "o que necesitas para moverte por Turquía") con respecto á gramática real dunha lingua.

Queda moito, moito por facer.

viernes, 30 de octubre de 2009

Struldbruggs

After this Preface he gave me a particular Account of the Struldbruggs among them. He said they commonly acted like Mortals, till about thirty Years old, after which by degrees they grew melancholy and dejected, encreasing in both till they came to four-score. This he learned from their own Confession; for otherwise there not being above two or three of that Species born in an Age, they were too few to form a general Observation by. When they came to four-score Years, which is reckoned the Extremity of living in this Country, they had not only all the Follies and Infirmities of other old Men, but many more which arose from the dreadful Prospect of never dying. They were not only Opinionative, Peevish, Covetous, Morose, Vain, Talkative, but uncapable of Friendship, and dead to all natural Affection, which never descended below their Grand-children. Envy and impotent Desires are their prevailing Passions. But those Objects against which their Envy principally directed, are the Vices of the younger sort, and the Deaths of the old. By reflecting on the former, they find themselves cut off from all possibility of Pleasure; and whenever they see a Funeral, they lament and repine that others have gone to a Harbour of Rest, to which they themselves never can hope to arrive. They have no Remembrance of anything but what they learned and observed in their Youth and middle Age, and even that is very imperfect. And for the Truth or Particulars of any Fact, it is safer to depend on common Traditions than upon their best Recollections. The least miserable among them appear to be those who turn to Dotage, and entirely lose their Memories; these meet with more Pity and Assistance, because they want many bad Qualities which abound in others.

If a Struldbrugg happen to marry one of his own kind, the Marriage is dissolved of course by the Courtesy of the Kingdom, as soon as the younger of the two come to be four-score. For the Law thinks it a reasonable Indulgence, that those who are condemned without any Fault of their own to a perpetual Continuance in the World, should not have their Misery doubled by the Load of a Wife.

As soon as they have compleated the Term of eighty Years, they are look'd on as dead in Law; their Heirs immediately succeed to their Estates, only a small Pittance is reserved for their Support, and the poor ones are maintained at the publick Charge. After that Period they are held incapable of any Employment of Trust or Profit, they cannot purchase Lands or take Leases, neither are they allowed to be Witnesses in any Cause, either Civil or Criminal, not even for the Decision of Meers and Bounds.

At Ninety they lose their Teeth and Hair, they have at that age no Distinction of Taste, but eat and drink whatever they can get, without Relish or Appetite. The Diseases they were subject to still continuing without encreasing or diminishing. In talking they forgot the common Appellation of Things, and the Names of Persons, even of those who are their nearest Friends and Relations. For the same Reason they never can amuse themselves with reading, because their Memory will not serve to carry them from the beginning of a Sentence to the end; and by this Defect they are deprived of the only entertainment whereof they might otherwise be capable.

The Language of this Country being always upon the Flux, the Struldbruggs of one Age do not understand those of another, neither are they able after two hundred Years to hold any Conversation (farther than by a few general Words) with their Neighbours the Mortals; and thus they lye under the Disadvantage of living like Foreigners in their own Country.

This was the Account given me of the Struldbruggs, as near as I can remember. I afterwards saw five or six of different Ages, the youngest not above two hundred Years old, who were brought me at several Times by some of my Friends; but although they were told that I was a great Traveller, and had seen all the World, they had not the least Curiosity to ask me a Question; only desired I would give them Slumskudask, or a Token of Remembrance, which is a modest way of begging, to avoid the Law that strictly forbids it, because they are provided for by the Publick, although indeed with a very scanty Allowance.

They are despised and hated by all sort of People; when one of them is born, it is reckoned ominous, and their Birth is recorded very particularly; so that you may know their Age by consulting the Registry, which however hath not been kept above a thousand Years past, or at least hath been destroyed by Time or publick Disturbances. But the usual way of computing how old they are is by asking them what Kings or great Persons they can remember, and then consulting History, for infallibly the last Prince, in their Mind, did not begin his Reign after they were four-score Years old.

They were the most mortifying Sight I ever beheld, and the Women more horrible than the Men. Besides the usual Deformities in extreme old age, they acquired an additional Ghastliness in Proportion to their Number of Years, which is not to be described, and among half a Dozen I soon distinguished which was the eldest, although there were not above a Century or two between them.

The Reader will easily believe, that from what I had heard and seen, my keen Appetite for Perpetuity of Life was much abated. I grew heartily ashamed of the pleasing Visions I had formed, and thought no Tyrant could invent a Death into which I would not run with Pleasure from such a Life. The King heard of all that had passed between me and my Friends upon this Occasion, and rallied me very pleasantly, wishing I would send a couple of Struldbruggs to my own Country, to arm our People against the Fear of Death; but this it seems is forbidden by the fundamental Laws of the Kingdom, or else I should have been well content with the Trouble and Expense of transporting them.

I could not but agree that the Laws of this Kingdom relating to the Struldbruggs, were founded upon the strongest Reasons, and such as any other Country would be under the Necessity of enacting in the like Circumstances. Otherwise, as Avarice is the necessary Consequent of old Age, those Immortals would in Time become Proprietors of the whole Nation, and engross the Civil Power, which, for want of Abilities to manage, must End in the Ruin of the Publick.



Extracto do capítulo X do Libro III dos Gulliver's Travels, de Jonathan Swift.

jueves, 29 de octubre de 2009

Iso, glosas.

Parafraseando ao Leo no título, e despois dunha conversa co Iago quero facer unha enquisa filologada con dous puntos:

Un: como lle chamades á pranta que en galego RAG é coñecida como fieito.

Dous: como diríades o adxectivo derivado do verbo laiar.

Tres: de onde sodes? o voso galego viuse afectado pola estadía noutra zona?

martes, 27 de octubre de 2009

Deathlists, 2º impacto




Entrada breve para dicir que hoxe morreu a Condesa de Fenosa, polo que Oink! anota o seu segundo punto.

Durante o próximo mes sairán as bases do Morte_e_destrución'10.

Vémonos!

sábado, 17 de octubre de 2009

Unha historia contada noutra Lingua...

DEITADO FRENTE AO MAR

Lingoa proletaria do meu pobo,

eu fáloa porque sí, porque me gosta,

porque me peta e quero e dame a gaña;

porque me sai de dentro, alá do fondo

dunha tristura aceda que me abrangue

ao ver tantos patufos desleigados,

pequenos mequetrefes sin raíces

que ao pór a garabata xa nan saben

afirmarse no amor dos devanceiros,

falar a fala nai,

a fala dos abós que temos mortos,

e ser, co rostro erguido,

mariñeiros, labregos do lingoaxe,

remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta

e quero estar cos meus, coa xente miña,

perto dos homes bos que sofren longo

unha historia contada noutra lingoa.

Non falo pra os soberbios,

non falo pra os ruis e poderosos,

non falo pra os finchados,

non falo pra os valeiros,

non falo pra os estúpidos,

que falo pra os que agoantan rexamente

mentiras e inxusticias de cotío;

pra os que súan e choran

un pranto cotidián de volvoretas,

de lume e vento sobre os ollos núos.

Eu non podo arredar as miñas verbas

de tódolos que sofren neste mundo.

E ti vives no mundo, terra miña,

berce da miña estirpe,

Galicia, dóce mágoa das Españas,

deitada rente ao mar, ise camiño...





Vémonos mañá en Compostela.

domingo, 11 de octubre de 2009

Mártir





"Son o home máis perseguido pola xudicatura de todos os tempos, en toda a historia da humanidade, en todo o mundo, porque fun sometido a máis de 2500 xuízos e teño a sorte (tendo traballado ben no pasado e acumulado unha riqueza importante) de ter sido quen de gastar máis de 200 millóns de € en conselleiros e XUICES, perdón, en conselleiros e avogados"



Silvio Berlusconi (Home máis perseguido da historia e mártir)

miércoles, 7 de octubre de 2009

A ciencia galega tampouco necesita tesoiras

Nesta semana levase a cabo unha iniciativa impulsada polo blogger Aldea Irreductible denunciando que a maior redución nos orzamentos do estado recae no Ministerio de Ciencia.



Este redución é, obviamente, un sinsentido. Se algo lles debería ter ensinado a recente crise económica aos señores gobernantes, empresarios e especuladores é a absoluta necedade de pretender cimentar un crecemento económico nos alicerces da construción. A decembro de 2005 (datos máis recentes, que coa crise seguro que se viron aumentados) había 3.350.000 vivendas vacías no conxunto do Estado. A pesar diso, síguese construíndo, síguese gastando diñeiro na construción, e síguese dando diñeiro a un ministerio, o de vivenda, cuxas competencias teóricas están transferidas ás CC.AA. Por que se mantén este gasto? Supoño que en boa medida pola incapacidade do goberno de recolocar estes traballadores, e que por iso o goberno aprobou o tan famoso Plan-E. Mais iso, que non se enganen os gobernantes, non son máis que remendos.

Un sistema económico serio non pode estar baseado no ladrillo. Deberá estar baseado na innovación, na investigación, no desenvolvemento tecnolóxico e, agora, co cambio climático, na industria non contaminante ou incluso paliadora da contaminación.
Mentres outros gobernos reaccionan pagando plans de recolocación de obreiros da construción a obreiros da industria das eólicas ou das solares, por exemplo, o que permite dunha soa vez baixar o paro, baixar a importancia da construción na economía e evitar o uso de combustibles fósiles para a produción de enerxia... o goberno español recorta un 13'57% o orzamento do CSIC. Non hai innovación, non hai investigación... o único que hai son ganas de volver tropezar coa mesma pedra do crecemento económico especulativo e altamente contaminante.

Quen me teña lido o blogue saberá do meu posicionamento político-económico roxo-verde. Creo que a crise económica era unha oportunidade para que o goberno do estado abrise os ollos e puidese adoptar unha política decidida de crecemento económico produtivo e de superación das industrias contaminantes... e non fixo nin unha cousa nin outra. Unha oportunidade perdida. Outra máis.

Porén, moito peor é a situación da ciencia galega. Cun goberno galego que predica austeridade, os investigadores galegos deberían comezar a aforrar. A situación dos investigadores galegos, salvo excepcións, é penosa. Pasan máis tempo dedicados á burocracia que á investigación, tentando asegurar os poucos cartos do seu grupiño de investigación, e a facer curriculum antes que a descubrir algo novidoso.

Se nos centramos na financiación, hai que ter en conta que a investigación galega fóra das Universidades é mínima, e que a Consellería de Educación ten ás Universidades afogadas económicamente mentres que destina os cartos do seu departamento a loitar contra unha suposta imposición lingüística inexistente, nun exercicio da maior paranoia esquizofrenoide do centralismo galegófobo que lles levará a escoitar a voz da rúa por segunda vez o vindeiro día 18. Ao mesmo tempo, a Xunta gasta billóns en obras faraónicas sen sentido como a cidade da cultura e fomenta a división localista facendo que os alcaldes se pelexen por aeroportos e facultades de medicina.

Os galegos necesitamos unha capacidade investigadora decente de cara a abandonar os modelos económicos insostibles, especulativos e perniciosos para o medio. Non máis hidroeléctricas no Sil, non máis piscifactorías en Touriñán, non máis eólicas especulativas: diñeiro para investigación e desenvolvemento, economía verde, produtiva, e que revirta nos galegos facendo avanzar á sociedade.


Menos formigón e máis microscopios.

sábado, 3 de octubre de 2009

Petricor

Hoxe puiden sentir un deses placeres dos sentidos que probablemente non valoramos o suficiente. Foi o olor, o placer para o olfato, o máis esquecido dos sentidos, que supón a primeira choiva caída despois do verán. Ese olor que inaugura o outono e que augura novas sensacións, magostos, caída das follas...



Este olor tan característico ten nome: chámase petricor, do grego Petros (pedra) e Ikhor (o fluído que corre a través das venas dos deuses).

O petricor fórmase a partir de aceites vexetais exudados polas plantas durante os períodos de sequía, que quedan pegados ás rochas e só se liberan ao aire coa chegada das primeiras choivas despois do verán.

martes, 29 de septiembre de 2009

Raiadura



Pois igual de rallantes son Negreira, Losada e Paco Vázquez co puto LA da Coruña. Que se cren que A Coruña é L.A... pois non! A gastar os cartos do concello noutra cousa!

Museos e auto-odio.

Leo en Chuza que o 60% nunca visitan os museos de arte da comunidade.

Esta estatística, triste en calqueira caso, faime pensar: Por que non os visitan?

Ocúrrenseme diferentes causas, pero antes da nada imos investigar:
Atopo na páxina de Museos de Galicia a listaxe dos museos cos que se fixo a estatística.
Miro a lista dos museos da provincia da Coruña e a verdade é que atopo unha oferta ampla e variada, se ben bastante concentrada xeograficamente.

Podería ser esta a causa? Podería, mais en calquera caso non parece motivo suficiente.


A oferta é variada, e incluso atractiva. Podería mellorar con mellor financiación, mais iso xa sabemos que é un imposible tratando de gobernantes e materia de cultura.

Demográficamente é verdade que temos unha poboación avellentada, e que moita xente nova pasa de museos e da chamada "cultura institucional"... máis só un 40% de visitas, cando ademais este estudo inclúe os grandes museos da Coruña ou recintos de tanto valor como Santa Tegra ou o Castro de Viladonga... non sei, parece que hai algo máis.

Entón, cal é a causa?

A min só se me ocorre unha: a falta da posta en valor da cultura propia, do noso megalitismo, da nosa etnografía e antropoloxía, de nós mesmos, á fin e ao cabo. Para unha boa parte da poboación o noso non ten valor.

O auto-odio. Do noso, do carro, dos camiños, dos montes, das carballeiras, das muiñeiras, dos castros, e, sobre todo, da cultura e da lingua galega.

O outro día subín unha entrada, que entre outras cousas trataba da transmisión de obxectivos dunha xeración a outra. Creo que xa sei cal é o obxectivo da nosa xeración. A nosa xeración debe eliminar o auto-odio dos galegos, e que nos recoñezamos como o que somos, membros dun povo con características culturais, etnográficas, sociolóxicas e lingüísticas propias que TEMOS que conservar. Ese é o noso obxectivo. É un compromiso, coas xeracións que viñeron antes, e, sobre todo, coas que han de vir.

lunes, 28 de septiembre de 2009

V




Voilà! In view, a humble vaudevillian veteran, cast vicariously as both victim and villain by the vicissitudes of fate. This visage, no mere veneer of vanity, is a vestige of the vox populi, now vacant, vanished. However, this valorous visitation of a bygone vexation stands vivified, and has vowed to vanquish these venal and virulent vermin vanguarding vice and vouchsafing the violently vicious and voracious violation of volition! The only verdict is vengeance; a vendetta held as a votive, not in vain, for the value and veracity of such shall one day vindicate the vigilant and the virtuous. Verily, this vichyssoise of verbiage veers most verbose, so let me simply add that it's my very good honour to meet you and you may call me V.

– O monologo introductorio (e aliterativo) de V ao coñecer a Evey


Unha reflexión sobre o medo, e sobre o poder do medo.
Sobre a violencia. Sobre o terrorismo.
Que é o terrorismo en realidade?
Quen é máis terrorista, un individuo ou grupo de individuos ou o goberno que os enfronta?

E a quen lle interesa máis este fenómeno?
Que estamos dispostos a perder por vivir sen medo?
A posibilidade de falarmos o que quixer? de reunirnos? de opinar?

En fin, unha reflexión sobre o poder e o seu abuso, e o medo e o que consigue o poder empregándoo.

Non me cansarei de recomendala.

V for Vendetta

sábado, 19 de septiembre de 2009

Temos unha visión




Tivemos unha visión

Na escuridade da desesperanza tivemos unha visión. Acendimos a luz da esperanza. E non se extinguiu.

No deserto do desalento tivemos unha visión. Prantamos a árbore do valor. E floreceu.

No inverno da servidume tivemos unha visión. Derretimos a neve do letargo. E o río da resurrección dela naceu.

Mandamos a nosa visión nadar coma un cisne no río. A visión tornou realidade. O inverno tornou verán. A servidume tornou liberdade. E isto vos deixamos como herdanza.

O! xeracións da liberdade, lembrádenos, a nós, xeracións da visión.



Tradución libre do poema
"We saw a vision",
de Liam Mac Uistin,
tal e como se pode ver nos
Gardens of Remembrance,
"dedicated to those who gave their lives
in the cause of Irish freedom".

martes, 15 de septiembre de 2009

Deathlists: Primeiro impacto...

Ola xente, actualizo rapidamente para dicir que a 14 de setembro, no noveno mes de Morte e Destrución '09, prodúcese o primeiro acerto das listas presentadas...

Onte, dezanove anos despois da súa morte e resurrección en pantalla, morreu Patrick Swayze.




Polo tanto, Oink! anótase o seu primeiro punto. Aínda quedan 3 meses ata que remate o xogo. Sorte aos participantes.

viernes, 11 de septiembre de 2009

Edgar Allan Poe

A UT de Austin acaba de dixitalizar toda a súa colección de manuscritos e demais sobre Edgar Allan Poe.

Mirádeo aquí.

Por certo, permitome enviarvos a unha imaxe de Poe que de seguro non coñeceredes...

(Via: BoingBoing)

miércoles, 9 de septiembre de 2009

Manuel María

Onte fixéronse cinco anos da morte do máis prezado dos poetas galegos contemporáneos: Manuel María

Digo máis prezado, mais debería dicir, ante todo, que é o poeta máis necesario, un dos que mellor soubo describir a realidade e, sobre todo, dar VOZ realmente a esta Galiza aldraxada e agredida, está Galiza que agora máis que nunca, cando algúns están tentando darlle a estocada mortal en forma de silenciamento definitivo da súa voz, temos que lembrar que

"Galiza somos nós
a xente maila fala
se buscas a Galiza
en ti tes que atopala".

Asistín a un acto onte no Teatro Rosalía en lembranza do poeta, e non me gustaría deixar a miña particular lembranza sen copiar os dous poemas que pecharon o acto de onte, de especial relevancia na actualidade, un sobre o amor á terra, e outro, un canto de esperanza do que todos debemos tomar nota:

Canción do intre de ollar á propia terra


Ergo os ollos namais polo lecer
de mirar a nai terra tan fermosa
¡Galiza para vivir, para morrer;
terra túa e máis miña, terra nosa!

Terra clara e escura, ingrata e nobre.
Terra pobre, sinxela e complicada.
Raíz da que vimos, teito que nos cobre;
nai indiferente, xorda, patria amada.

Estou sobre ti, ben sei, sen merecerte,
tripando o teu chao, o teu torrón.
A miña alma é pequena para quererte;
é pequeno, para amarte, o corazón.

Homes e terras fante a ti, Galiza;
ti es mar, terra, homes, ruín sorte.
¡Galiza na tristura e na lediza,
xogándote a ti mesma a vida ou morte!



Canción para agardar un novo día


Non podemos durmir, anque é de noite,
porque temos que chamar polos irmaos,
anque a sombra e o vento nos escoite,
anque nos aten espírito, pés e maos.

Anque o noso carro parta polo eixe
e coma o demo: beleza e poesía.
Anque o sono nos ronde e non nos deixe
saír cara ao sol, á luz do día.

Non podemos durmir, anque a canseira
nos peche o corazón, ollos e mente.
Temos que despertar. E nesta xeira
berrarlle a todo o mundo, a toda a xente:

"¡Estamos enterrados entre nebras,
estamos afogados entre prantos!
¡Temos que basoirar todas as tebras,
sepultar os arrepíos e os espantos!

¡Temos que encamiñarnos para o albor
e andar polo chao con pé seguro!
¡Temos que sementar amor e máis furor
para colleitar esperanza e máis futuro!"


domingo, 6 de septiembre de 2009

Un pouco de música relaxante...

Agora que o Dani abandonou definitivamente o seu blogue... ¬¬ pois vou subir dúas cancións que descubrín nel e que son moi acaídas a estes días de exames, nervios e demais.

Relaxadevos, pechade os ollos... e deixádevos levar.

Phoenix - North






Explosions in the sky - Your hand in mine


lunes, 31 de agosto de 2009

Blogday 09

Disque hoxe é o Blogday, e disque cada blogue ten que recomendar outros 5...

así que alá vou:

1.Capítulo 0. O decano do blogomillo é unha referencia en divulgación cultural con afán conservador e en roteiros. Un básico.

2.Fronteras. Blogue sobre curiosidades da xeografía que para un freak dos mapas coma min é indispensable.

3.Crónicas dunha cámara. O relato dunha volta ao mundo. Atención: crea envexa (sana). Engancha.

4.Listverse. Os top10 máis curiosos, divertidos ou sorprendentes.

5.Treehugger. Ecoloxismo, conservación. Descubrino aínda hai pouco e enganchoume.

Os criterios para a confección da lista foron incluir blogues non demasiado coñecidos (a Microsiervos ou a Fogonazos sobranlle as visitas) e non incluir blogues de amigos ou colegas, por non crear posibles malos rollos de "incluíches a tal e non a min". Se queredes ver os seus blogues, mirade á dereita.

Disfrutade do blogueo!

miércoles, 19 de agosto de 2009

Explotación turística do medio natural... ASÍ NON!

Levaba xa varios meses bastante emocionado coa nova de que había unha nova ruta ao Pindo desde o encoro de Mazaricos, que permitiría facer unha macroruta circular que saíse do Pindo e chegase ao Ézaro desde arriba... algo parecido a isto:

Roteiro

Pois ben, como ben din aquí, certa asociación cultural (?) de Mazaricos foi a encargada de marcala, con técnicas pouco invasivas e demais. Vamos, un exemplo de como se teñen que facer as cousas.

Cal é o problema??

Pois que na base da Moa TALARON un piñeiral para facer unha área de descanso!! con mesiñas!! xa que unha vez ao ano fan alí unha barbacoa (en Xullo, o cal teoricamente está prohibido) coa CaixaGalicia (xa era raro que non estivesen estes por aquí) e a xente se queixaba de non ter mesas...

Xa postos, porque non poñen un telescopio de mirar as vistas no cumio? E un Opencor ao lado dos restos do Castelo?

Non. Así non. Eu non quero rutas de senderismo se van ser igual de invasivas que unha autoestrada. Ese non é o camiño a seguir. E iso deberiao saber especialmente unha asociación cultural.

Por outra banda, ten moito delito que o autorice unha consellería de medio rural que non se lembra que o Pindo é un LIC que está na rede Natura.

Pido por favor que difundades esta barbarie!

Saquei a info, e podedes ver fotos da burrada, aquí:
Ézaro en Fotos
Que pasa na Costa

miércoles, 22 de julio de 2009

Deathlists: Actualização!

Escrívovos estas liñas, meus caros leitores (porque convencervos de que entredes aquí non me sae barato...), para avisarvos de que a estas alturas de xullo aínda non temos constancia da morte de ningún dos nominados nas Deathlists (a excepción do que morreu antes de que rematase 2008).

Nada máis, déixovos cun video:

miércoles, 15 de julio de 2009

Oh montañas de Galicia!

''Oh, montañas de Galicia. Cuya por decir verdad, espesura es suciedad, cuya maleza es malicia, tal que ninguno codicia. Besar estrellas pudiendo, antes os quedais haciendo desiguales horizontes; Al fin, gallegos y montes, Nadie dirá que os ofendo.''


Luis de Góngora





Porén, eu non vexo nin espesura suxa, nin maliciosa maleza...

A verdade é que prefiro as marabillosas e húmidas paisaxes dun Teixedal de Casaio



que as túas secas chairas cordobesas...



Non se podería dicir, tocaio Góngora, de Córdoba que "Cuya por decir verdad, espesura es suciedad, cuya maleza es malicia, tal que ninguno codicia." Aiii... a palla no alleo e a viga no propio...


algo tan habitual nos poetas españoles!

domingo, 5 de julio de 2009

O consumo exponencial ou como camiñar cara á autodestrución.

Hoxe, lendo esta entrada sobre as posibilidades da existencia de vida extraterrestre, (via Microsiervos) quedei pensando. A entrada, puramente teórico-especulativa, conclúe que

Para que cualquier expansión sea sostenible, el crecimiento en el consumo de recursos no puede exceder el crecimiento en la producción de esos recursos. Como además la Tierra es finita y recibe luz solar a una tasa fija la humanidad no puede mantener indefinidamente un crecimiento exponencial.
Si decidiéramos colonizar la galaxia nuestra civilización no lo podría hacer a un ritmo exponencial y la situación sería además parecida a la de otras civilizaciones avanzadas de la Vía Láctea.
Si estos investigadores están en lo cierto, y como la expansión exponencial tampoco es posible a nivel galáctico, entonces las civilizaciones extraterrestres avanzadas no se expanden a ritmo exponencial o bien lo hicieron en el pasado y colapsaron debido a ello.


O tema do consumo de recursos foi un que xa saquei máis veces (1), (2) e que me segue a preocupar.

Partamos dun par de ideas que da o texto:
1. O crecemento mediante o consumo exponencial de recursos é imposíbel xa que:
2. A produción exponencial de recursos é imposíbel. (Os recursos son finitos).

3. O consumo exponencial de recursos pode levar á autodestrución dunha civilización por "colapso ecolóxico".

E agora meto unha idea miña:
4. O sistema económico capitalista está baseado nun consumo exponencial de recursos, posto que sen el o sistema colapsa, (lembremos que en capitalismo, unha baixada no ritmo de crecemento, é dicir, crecer máis lento, causa unha crise).

Polo tanto, se tomamos 1, 2 e 4 podemos inferir que o sistema capitalista é ilóxico, e tomando 3 podemos inferir que é potencialmente letal para a vida humana, que NOS LEVA Á AUTODESTRUCIÓN.

Así que, retomando unha idea de (2),
o discurso ecocrítico e ecoloxista debería aumentar o seu ámbito de actuación, indo máis alá da simple crítica ao modelo de consumo de bens e recursos para ir a unha crítica ao conxunto do sistema económico.

... e isto non xa só pola conservación do noso medioambiente, senón pola nosa propia pervivencia como especie.

Cada día parece máis claro que o capitalismo non é a solución, non?

viernes, 26 de junio de 2009

Graduación

Caros e caras lectores,

hoxe gradúome, hoxe pode dicirse que remato unha etapa da miña vida... malia que aínda non estou licenciado (ai esa nota de Lite V cando sairá...!!) a vida na facultade dunha promoción rematou, e agora somos lanzados, cal pitiño de ave, ao abismo dos cantís para tentar voar sós ou bater contra as rochas no intento.

Agora tocaría unha reflexión profunda sobre os anos na facultade... mais vou pasar. Creo que todo o mundo que le este bloguiño xa sabe o que me aportou a miña estadía na pindirica da Zapateira. Amigos, colegas, unha moza boa como un mundo, unha dedicación, unha vocación e até unha forma de ver o mundo, ou unha axuda para que a miña forma de ver o mundo sexa a que teño actualmente.

Hoxe ás 18.30h terá lugar o acto de graduación... falarán o outro Luis por inglesa (imos previdos) e Samoel por galega (o público adórate!).

Despois, pinchiños, tomarlle algo, cear e encher; que para algo esta é, teoricamente, a nosa última (esperemos que non derradeira) festa universitaria.

Remato agradecendo a todos (compañeiros, profesores, xente que coñecín por estar na facultade...) os que me fixeron pasar bos momentos durante estes catro anos... algúns marcharon, e recibimos novas de cando en vez; outros non sabemos deles; outros non virán hoxe; mais á maioría que si van estar só lles teño que dicir:

Graciñas!

e...

vémonos hoxe á noite!

domingo, 21 de junio de 2009

Unha de mesturas

Non me soe gustar a música do Lautrec... mais esta non ten moita queixa:

lunes, 15 de junio de 2009

Pure gift

The heart begins to beat thirty days after conception, when it is only the size of a breadcrumb. The first beat, coming from nothing, is pure gift. The first beat makes another death, before or after many passions, inevitable.



John Berger. (1992). Lilac and flag. p.136.

sábado, 30 de mayo de 2009

Ateismo

Tuvo que ver con ello [a dúbida sobre a verocidade literal da Biblia] la difusión de la teoría darwinista, a partir de la década de 1860, sobre todo la idea de que el mundo había evolucionado durante muchos millones de años. Si la humanidad surgió gradualmente de una serie de especies inferiores, entonces quedaba muy poco sitio para la Creación y otros hechos que se relatan en el Génesis.

(JENKINS, Philip (1997) Historia de los Estados Unidos. Madrid:Alianza Editorial p.253)


Ten coña que mentres fago a recensión do libro de Historia de Estados Unidos atope o motivo que me levou a ser ateo. Eu decidín que algo cheiraba mal na cidade do Vaticano cando con oito anos, lendo un libro sobre dinosaurios, vin que se extinguiran hai 66 millóns de anos. E dinme conta que 66 millóns de anos non cabían nos sete días nos que Deus creou o mundo segundo o Génesis. Así que decidín que rexeitaba todo iso, e nin a comunión fixen.

A min salvoume un libro de dinosaurios. O que é triste é que ese libro de dinosaurios non puido ser lido no estado de Kansas, USA, de 1999 a 2001 e de 2005 a 2007. (+ info)

Como xa dixen outras veces, para unha cidadanía acrítica non hai nada mellor que fomentar a ignorancia. En Washington e en Roma sábeno ben.

viernes, 29 de mayo de 2009

Grandes pensamentos durante momentos de estudo na Xoana Capdevieille

-Non me gusta que se senten ao meu lado cando poderían deixar un sitio por medio.

-As mesas nas que non da o sol son as primeiras en encherse.

-Tio, non lle des bicos á rapaza, ela está facendo un traballo e aínda que non a vexas, cando te apartas pon cara de "xa está outra vez este".

-Por que as máquinas son máis baratas aquí? Auga a 40 ct!

-Un enchufe para seis postos, ou o pistolero máis rápido do Oeste (de Europa).

-Non, non veñas aquí! Non! Agghhh! outro día máis cunha pija na mesa!

-Folios? Que folios? Cando eu cheguei xa non había nada!, ou unha idea que non me importaría levar a cabo.

-Placas negras, trampa mortal.

-U-la fonte do wifi? ou xogos na Capdevieille.

-Sombraaaaaaaaa! Queremos sombraaaaaa!

-Pero ti, tes un colchón ou que? chego e estás, marcho e quedas!

-Ostia, por que o rato non se move? Ostia, pero se está gardado! Entón que teño na man?...

-si, era o móbil.

sábado, 23 de mayo de 2009

A estudar!




Bueno xentiña que le este blogue pouco e mal actualizado... informo de que ainda vai estar menos actualizado por mor de ese mal que afecta aos estudantes e que se chama: Exámenes de Xuño!(Aínda que este ano sexan en maio).

A primeira volta de exames remátoa o 5 de Xuño, e despois diso só me quedarían 2 materias para o resto do mes... o malo é que esta semana é forte de carallo.

Noutra orde de cousas, cóntovos que me deron (a medias con Marcos) o premio de tradución inglés-galego na II edición dos Premios de Tradución Científico Técnica da Facultade de Filoloxía.

Nada máis, prezados lectores.

Un saúdiño!

sábado, 9 de mayo de 2009

TOO many rivers to cross




Many rivers to cross
But I can't seem to find my way over
Wandering I am lost
As I travel along the white cliffs of dover

Many rivers to cross
And it's only my will that keeps me alive
I've been licked, washed up for years
And I merely survive because of my pride

And this loneliness won't leave me alone
It's such a drag to be on your own
My woman left me and she didn't say why
Well, I guess I'll have to cry

Many rivers to cross
But just where to begin I'm playing for time
There have been times I find myself
Thinking of committing some dreadful crime

Yes, I've got many rivers to cross
But I can't seem to find my way over
Wandering, I am lost
As I travel along the white cliffs of Dover

Yes, I've got many rivers to cross
And I merely survive because of my will...


domingo, 26 de abril de 2009

Blogging

Bueno xente que le este bloguiño de deus... como podedes comprobar este blogue cada vez tira máis cara ao filolóxico e menos cara ao persoal, non sei se por derivación ou que... pero o caso é que vai por aí.

Isto pode facer que ao entrar neste deleznable blogue os meus queridos lectores non angloparlantes sufran de pesadelos e cansazo, preguiza e xenreira, maldecimentos e ira, morte e destrución.

Este post é para tranquilizarvos. Non pasa nada, tentarei seguir combinando a filoloxía co frikismo máis puro e duro, a piradura de olla, e a reflexión persoal. Non me vou dedicar unicamente a subir fragmentos e citas de grandes da literatura inglesa. Escribirei. Non vos preocupedes. Be calm. Étiez tranquilles! Don't worry be happy.

Aperta a todos os meus lectores, que aínda que non deben ser moitos, se lles quere.

miércoles, 22 de abril de 2009

April... (T.S.Eliot)

I. The Burial of the Dead

April is the cruelest month, breeding
Lilacs out of the dead land, mixing
Memory and desire, stirring
Dull roots with spring rain.
Winter kept us warm, covering
Earth in forgetful snow, feeding
A little life with dried tubers.
Summer surprised us, coming over the Starnbergersee
With a shower of rain; we stopped in the colonnade
10 And went on in sunlight, into the Hofgarten,
And drank coffee, and talked for an hour.
Bin gar keine Russin, stamm' aus Litauen, echt deutsch.
And when we were children, staying at the arch-duke's,
My cousin's, he took me out on a sled,
And I was frightened. He said, Marie,
Marie, hold on tight. And down we went.
In the mountains, there you feel free.
I read, much of the night, and go south in winter.

What are the roots that clutch, what branches grow
20 Out of this stony rubbish? Son of man,
You cannot say, or guess, for you know only
A heap of broken images, where the sun beats,
And the dead tree gives no shelter, the cricket no relief,
And the dry stone no sound of water. Only
There is shadow under this red rock
(Come in under the shadow of this red rock),
And I will show you something different from either
Your shadow at morning striding behind you
Or your shadow at evening rising to meet you;
30 I will show you fear in a handful of dust.
Frisch weht der Wind
Der heimat zu
Mein Irisch kind,
Wo weilest du?
"You gave me hyacinths first a year ago;"
"They called me the hyacinth girl."
--Yet when we came back, late, from the hyacinth garden,
Your arms full, and your hair wet, I could not
Speak, and my eyes failed, I was neither
40 Living nor dead, and I knew nothing,
Looking into the heart of light, the silence.
Öd' und leer das Meer.

Madame Sosostris, famous clairvoyante,
Has a bad cold, nevertheless
Is known to be the wisest woman in Europe,
With a wicked pack of cards. Here, said she,
Is your card, the drowned Phoenician Sailor.
(Those are pearls that were his eyes. Look!)
Here is Belladonna, the Lady of the Rocks,
50 The lady of situations.
Here is the man with three staves, and here the Wheel,
And here is the one-eyed merchant, and this card,
Which is blank, is something that he carries on his back,
Which I am forbidden to see. I do not find
The Hanged Man. Fear death by water.
I see crowds of people, walking round in a ring.
Thank you. If you see dear Mrs. Equitone,
Tell her I bring the horoscope myself;
One must be so careful these days.

60 Unreal City
Under the brown fog of a winter dawn,
A crowd flowed over London Bridge, so many,
I had not thought death had undone so many.
Sighs, short and infrequent, were exhaled,
And each man fixed his eyes before his feet,
Flowed up the hill and down King William Street
To where Saint Mary Woolnoth kept the hours
With a dead sound on the final stroke of nine.
There I saw one I knew, and stopped him, crying, "Stetson!
70 You who were with me in the ships at Mylae!
That corpse you planted last year in your garden,
Has it begun to sprout? Will it bloom this year?
Or has the sudden frost disturbed its bed?
Oh keep the Dog far hence, that's friend to men,
Or with his nails he'll dig it up again!
You! hypocrite lecteur!--mon semblable!--mon frère!"

via

domingo, 12 de abril de 2009

Pequenos placeres da vida

Os domingos pola mañá, Vilaboa perde 30 anos e deixa de ser un suburbio para volver a ser a vila pequena que era.
Ir polo pan e ver pouca xente pola rúa, case ningún coche... que che atendan, e volver para a casa comendo un anaco de pan e sentindo como o sol che acariña a cara...

hai momentos que quererías que se alongasen todo o posible!

sábado, 11 de abril de 2009

As cinco diferencias...

Kai Tek



vs.

Alvedro




Eu comezo coa primeira:

O aeroporto de Kai Tek foi pechado en 1998.

lunes, 30 de marzo de 2009

Dialectoloxía Histórica...

Grandes momentos do estudante de Dialectoloxía histórica:

1.Descubrir que en ProtoIndoeuropeo hai unha alternancia vocálica condicionada o/e que aparece no presente de indicativo de grego [luo/lueis/luei/luomen/luete/luousi], na distinción dentis [Lat.] odonta [Gr.] e pedis [Lat.] podas [Gr.]...
...e na formación do plural de tooth/teeth e foot/feet!


2.Descubrir que "cannabis" é unha palabra cognata do Proto-Indoeuropeo (isto é, potencialmente cunha orixe única en todas as linguas Indoeuropeas) e comezar a escarallarse á 1 da mañá pensando en como irían os Indoeuropeos polas pradeiras do Caspio adíante... XD

miércoles, 25 de marzo de 2009

Hemingway

"Much as they admire the traditional mores, Hemingway's heroes cannot return to that simplicity. They are too knowledgeable, too self-aware. The best they can do is develop a "code" by which to live with dignity and grace while playing an unwinnable game."

sábado, 21 de marzo de 2009

Multado

Efectivamente chegoume unha multa a casa, mellor dito, chegou o requerimento de identificación do condutor do vehículo implicado na infracción.

O problema é tal infracción:
O 17 de Xaneiro, indo buscar a Marcos a Pontedeume, pola AP9-F saíndo do túnel de Campolongo, vin, por primeira vez, unha sinal avisando de que era un tramo limitado a 90 Km./h.
Tamén vin que xusto ao lado do sinal, había un coche patrulla.

Eu pensei que non podería ter tan mala sorte de que me saltase o radar, pois non ía rápido (125, segundo a carta), máis si que me pillaron.

Agora chega o asunto, a sinal está nunha costa abaixo, despois dun túnel e foi instalada nalgún momento recente. De feito, esta sinal non debeu parecer suficiente, porque en febreiro decidiron reforzar a sinalización, xa dentro do túnel.

O día que me multaron, non había tal sinalización. E o sinal, mal posto, e en plena aceleración nunha baixada despois da limitación dun túnel, non é que fose moi visíbel desde dentro do túnel, nin permitise frear en condicións de seguridade para alcanzar a velocidade limitada ao pasar xunto del.

O que me pregunto é:

Por que había un radar alí, xusto os primeiros días de posto o sinal, tendo este unha visibilidade mínima etc.?

Pois porque as veces, bastantes veces, as patrullas de tráfico non buscan concienciar, buscan recaudar.
Eu véxoo así.

Pagarei a miña multa, sacaranme os dous puntos, pero non estou contento. Volvín pasar por alí outras veces, xa coa velocidade controlada ao coñecer a limitación, e non volvín ver coches patrulla. Será que os condutores xa o sabían e ao non coller os suficientes liscaron. Dame igual. É moralmente deleznable multar ao cambiar a sinalización dun lugar. Fixérono en Alfonso Molina ao cambiar a saída da N-550. Faránno máis veces, pero iso non quere dicir que estea ben.

jueves, 12 de marzo de 2009

citas célebres, II

¿Qué es sociolingüística? dices mientras clavas
en mi pupila tu pupila azul.
¿Qué es sociolingüística? ¿Y tú me lo preguntas?
Sociolingüística... eres tú.
I.M.F.

martes, 10 de marzo de 2009

Projecto ['trepja]

Hoxe vou subir un video dun grupo que me gustou bastante, chámanse "Projecto ['trepja]" e mesturan sons tradicionais con sons electrónicos...

A verdade é unha pena o son do video, porque en directo (e teño a sorte de poder dicir que eu os vin) son espectaculares.

Isto é PontePedra, desfrutade:



Podedes escoitar máis deles aquí.

lunes, 23 de febrero de 2009

Pais normalizado, pais normal, pais?

Rosa Díez: "no queremos ser una sociedad normalizada, ni política ni lingüisticamente; queremos ser una sociedad normal"


Un estado que aínda lle ten gardas ao Gernika non está nunha situación normalizada.



Para ser unha sociedade normal, primeiro habería que ser unha sociedade.

Capitalismo cultural

Non hai moito tempo lin que algo vai mal nun país cando o soño da xuventude é convertirse en funcionarios...
E eu teño que discordar. Non polo contido desa oración, senón polo trasfondo, polo seu significado profundo.

E é que o problema precisamente é que o sistema non quere funcionarios. O sistema busca a máxima eficiencia, o mínimo gasto e o maior beneficio. E para iso se necesitan traballadores. Man de obra, barata, deficitariamente formada, e traballando para a empresa privada.

Pero iso non é do que ía falar. O motivo deste post é un comentario sobre ese día no que o sistema chegou á Universidade, e decidiu meter man a fondo.

Para isto inventou un concepto, o de "rentabilidade financieira dos títulos" co que se garantía que o Estado, a maquinaria, non despilfarraría diñeiro, fondos públicos, en carreiras que non creasen riqueza, é dicir, en carreiras que non formasen o tipo de traballador do que falaba arriba. Porén, como isto non se pode dicir así, foi inventado o concepto de "rentabilidade financieira".

O problema principal da aplicación do concepto de rentabilidade finacieira aos estudos universitarios é obvia: A formación universitaria en Humanidades é por definición financieiramente deficitaria, e é, polo tanto, posta en xaque pola aplicación do concepto.

E aquí está o quid da cuestión, posto que os defensores da "rentabilidade financieira dos títulos", ou, noutras palabras, do neoliberalismo aplicado á educación superior, aceptan con naturalidade este xaque, dicindo, textualmente, que "si las filologías tienen cuatro alumnos, pues abrá que cerrarlas, que el Estado no puede despilfarrar dinero".Pasando por alto a evidente falacia de dicir que as filoloxías teñen catro alumnos, o que me resulta preocupante é a naturalidade coa que se defende o peche dunha carreira por mor da súa non-rentabilidade económica.

Esquecen, os que así pensan, o valor cultural das carreiras humanísticas, únicas formadoras, na práctica, de profesionais nun campo, que se ben non-rentábel, é imprescindíbel para a existencia dunha comunidade cultural como tal. Alguén imaxina un país sen literatura, sen arte, sen música, sen coñecemento da súa historia, sen LINGUA? Pode existir literatura sen escritores, ou arte sen conservadores se non hai titulacións que os formen ou os estuden?

Estes defensores da "rentabilidade financieira dos títulos" carecen de cultura. Son seres aculturais e aculturizadores, defensores do "capitalismo cultural", unha doctrina que se resume nun só punto:

Só ten valor o que é economicamente rentábel.


E eu négome a aceptar isto. Un país sen cultura non é un país, é un feixe de billetes unidos debuxando un territorio.

Boloña, e a súa sentencia de morte para as humanidades, non é máis que unha manifestación máis dun proceso xa de sobras coñecido, manifestado nos onerosos atrancos económicos ao acceso á cultura neste estado, onde o principio de gratuidade dos fenómenos culturais brilla pola súa ausencia, e, o que aínda é peor, os autores posicionanse do lado do sistema e o toman como bandeira, buscando únicamente a rentabilidade económica, sen percatarse da ferida feita á cultura co seu posicionamento.

Porque sen cultura, non hai critica, non hai cuestionamento, hai seguidismo borreguil non por querencia, se non por apagamento a través do fomento da ignorancia.

Como dixo Kafka (vía CaféProcope, o blogue de Denís)
"A literatura é sempre umha expedición cara a verdade."


Debemos desconfíar de quen non quere literatura, e, polo tanto non quere unha expedición cara a verdade. Debemos desconfíar de quen dí que a cultura non é rentable. Debemos desconfiar de quen quere que o que o pobo aprenda sexa únicamente o rentable. Debemos desconfiar de quen quere controlar o que a xente ten que aprender.

Porque, dándolle a volta ao argumento inicial, cando realmente algo vai mal nun país é cando falta cultura.

jueves, 5 de febrero de 2009

Spotify

Como dixeron hai uns días en Microsiervos, xa podedes tirar boa parte da música que teñades.

Hoxe probei Spotify (grazas Vitor) e a verdade é que é outro mundo.
Para os que non saibades o que é, é coma ter toda a vosa biblioteca do reprodutor de Windows Media e aínda máis música pero en versión online.

Gratuíto, con non demasiados anuncios, e cunha versión beta por invitación que é fácilmente salvábel (aquí, vía Applesfera).

Problemas: non ten demasiada música galega (nada dos Hdc!!), non lle pidades demasiadas ranciadas, e pouco máis... pero, se nos poñemos a comparar, ten máis música que Youtube.

Así que xa o estades probando my friends!

sábado, 31 de enero de 2009

Google-dependencia?

Señores, hoxe Google caeuse. De 15:45 a 16:18, pero o asunto e que Google caeu, e o mundo case deixa de xirar.

En media hora e comezo a escribir ás 16:20, a nova está en Chuza, Reddit, Twitter, Meneame (onde foi publicada en 8!!!! minutos), e múltiples blogues, incluíndo este.

e isto en media hora!!

Definitivamente somos Google-Dependentes.

Subo imaxes:



jueves, 29 de enero de 2009

Citas célebres, I

Por que lle chaman ecoloxismo...

...cando queren dicir SINDROME DE DIOXENES??

Primeira racha...

Pois si, xa fixen 2:

Gramática, luns, ben.

Lingua 6, hoxe, xoves, regular.

Estou mallado.

Durante estes días pensei en subir varios artigos:
-Como "O único periódico independente de Galicia" manipula as enquisas poñendo os datos das segundas porcentaxes como os titulares.
-Como ese mesmo periódico une "poco" con "nada" unhas veces e "poco" con "bastante" outras...
-Como James Bond vive en Madrid.

E outros que acabarei subindo. Novos e marabillosos posts proximamente.

En breves vou ir traballar. Hoxe durmín 4 horas. E pola noite festa.

Un saúdo!

sábado, 24 de enero de 2009

A chapar!




Ata o 29 non volverei por aquí. Mentres tanto, sede felices!

Rematamos a semana Poe!

Rematamos a semana Poe cun poema.

Todos o coñecedes.

Todos o lestes.

Escoitádeo.


Os versos... aquí.

E simplemente, como xa dixen o outro día... nevermore--forever.

lunes, 19 de enero de 2009

Aniversario

Si señores, hoxe é unha data importante para a Filoloxía.

Hoxe hai 200 anos, nacía en Boston o grande Edgar Allan Poe.



Poe, entre outras cousas, é o iniciador dos relatos detectivescos (The Crimes of the Rue Morgue), un grande mestre dos relatos de terror psicolóxico e do macabrismo (The Fall of the House of Usher), e do uso do medo atávico aos elementos naturais como elemento creador de terror (A Descent into the Maelstrom). Non nos podemos esquecer, tampouco, dos seus criterios estéticos e das súas grandes contribución ás teorías literarias, especialmente no tocante á definición de "relato breve". Por último, teño que lembrar a súa grande poesía, "O Corvo".

Sen este grande mestre moita da literatura, a literatura hoxe en día non sería igual. Nunca máis.

sábado, 17 de enero de 2009

Nota mental

Se o cine francés me deixa chafado, por que non podo deixar de velo?

lunes, 12 de enero de 2009

Palabra de Pepe Liste

Some things cannot be assimilated, as if they are assimilated, they are destroyed.


Language can be used as a weapon. Language is a gun, guns are language.


Each language belongs to its own reality. There is not a single language capable of defining all reality.


If you don't have the language, the reality remains dark.


Translation is never perfect, something is always lost in translation. Translation can be no more than an imperfect adaptation.


Assimilation as fusion is not possible. Cultural assimilation is never fusion, it is imposition.

domingo, 11 de enero de 2009

Deathlists

Como o prometido é debeda, aquí van as Deathlists, por riguroso orde de entrada.



1. Piratadería

-Manuel Fraga Iribarne
-Xosé Ramón Gayoso
-Isaac Díaz Pardo

-Juan Carlos I de Borbón
-Stephen Hawking
-Amy Winehouse
-Diego Armando Maradona
-John F. Nash
-Elizabeth II de Inglaterra
-Santiago Carrillo
-Mick Jagger
-Fidel Castro
-Benedicto XVI



3. Xarda

-Manuel Fraga Iribarne
-Mariano Rajoy Brey
-Antonio María Rouco Varela

-Lauren Bacall
-Olivia Mary de Havilland
-Amy Winehouse
-Kirk Douglas
-Borís Yefímovich Yefímov
-Francisco Ayala García-Duarte
-Fidel Castro
-Barack Hussein Obama Jr.
-Tony Leblanc
-Luis Aragonés Suárez



5. Aigüilsurvai

-Isaac Díaz Pardo
-Manuel Fraga Iribarne
-Augusto César Lendoiro

-Manuel Alexandre
-Carmen de Mairena
-Miliki
-Tony Leblanc
-Severiano Ballesteros
-Miguel Delibes
-Santiago Carrillo
-Alfredo di Stefano
-Andrés Pajares
-Clint Eastwood



7. Raka

-Manuel Fraga Iribarne
-Neira Vilas
-Xohana Torres

-Fidel castro
-Amy winehouse
-Cayetana Fitz-James Stuart, Duquesa de Alba
-Esperanza Aguirre
-Kirk Douglas
-Juan Carlos I de Borbón
-Ronnie Biggs
-Steve Jobs
-Severiano Ballesteros
-Clive Dunn



2. Oink!

-Carmela Arias Díaz de Rábago, Condesa de Fenosa
-Manuel Fraga Iribarne
-Francisco Fernández del Riego

-Amy Winehouse
-Patrick Swayze
-Felipe, Duque de Edimburgo
-Adolfo Suárez
-José Utrera Molina
-Ariel Sharon
-George Bush pai
-Severiano Ballesteros
-Margaret Thatcher
-Esperanza Aguirre



4. Fidel

-Bernardino Graña
-Ana Kiro
-Luz Pozo Garza

-Stephen Hawking
-Severiano Ballesteros
-Rita Levi-Montalcini
-Santiago Carrillo
-Patrick Manning
-Estela Raval
-Amelia Bence
-Fidel Castro
-Ariel Sharon
-Renato Dulbecco



6. Xandro

-Manuel Fraga Iribarne
-Isaac DÍaz Pardo
-Bernardino Graña

-Amy Winehouse
-Fernando Alonso
-Coto Matamoros
-Jame Dewey Watson
-Santiago Carrillo
-Margaret Thatcher
-Fidel Castro
-John Forbes Nash
-Adolfo Suarez Gonzalez
-Miguel Delibes de Castro




Para aqueles que lles guste a estatística, é bo saber que foron nominados 59 persoeiros diferentes, 13 deles galegos e 42 sendo nominados só unha vez.

Se tivermos que facer un top-5 de nominados, veríamos que Fraga encabeza tanto a lista galega como a xeral, con 6 nominacións, sendo Fidel o único que non o nominou, e seguido de preto por Amy Winehouse e Fidel Castro na lista xeral, e non tan de preto por Isaac Díaz Pardo e Bernardino Graña na lista galega.

Top 5 de mortos a morrer:
1-Manuel Fraga (6)
2-Amy Winehouse (5)
-Fidel Castro (5)
4-Carrillo (4)
-Severiano Ballesteros (4)

miércoles, 7 de enero de 2009

Prórroga

Estimados lectores de Deleznabilidades:

Prorrógase o prazo para presentar listas a Morte_E_Destrución'09 ata o vindeiro domingo 11 de Xaneiro. Ese día publicaranse as listas definitivas.

Se algún morto morrer antes da publicación, os puntos serán outorgados igualmente.

Non desesperedes, todo chega, o outro día a Alonso estívolle aí (ai non, que foi un bulo!! xDDD)

Un saúdo!

domingo, 4 de enero de 2009

Traballos...

Traballos da carreira que teño que facer en Xaneiro

Traballo grande de Lite Australiana: "Tabboo and (self-)repression in the (mis-)construction of an Australian National Identity".

Traballo grande de Lingua Inglesa 6 (Variedades do Inglés): "A lingua de Trainspotting"

Traballo pequeno de Lingua Inglesa 6: "Os dialectos irlandeses de "O vento que axita a cebada".

Traballo pequeno de comparativa de Narrativa Breve.

Proxecto de Lingua Inglesa: "Emmo".

E xa está. Ando agobiado.

O Ren Ishii

Hoxe subo unha das miñas escenas favoritas de Kill Bill.

Subirei máis escenas proximamente.

:)

sábado, 3 de enero de 2009

The Maelstrom

O gran Edgar Allan Poe:

In a few minutes more, there came over the scene another radical alteration. The general surface grew somewhat more smooth, and the whirlpools, one by one, disappeared, while prodigious streaks of foam became apparent where none had been seen before. These streaks, at length, spreading out to a great distance, and entering into combination, took unto themselves the gyratory motion of the subsided vortices, and seemed to form the germ of another more vast. Suddenly --very suddenly --this assumed a distinct and definite existence, in a circle of more than half a mile in diameter. The edge of the whirl was represented by a broad belt of gleaming spray; but no particle of this slipped into the mouth of the terrific funnel, whose interior, as far as the eye could fathom it, was a smooth, shining, and jet-black wall of water, inclined to the horizon at an angle of some forty-five degrees, speeding dizzily round and round with a swaying and sweltering motion, and sending forth to the winds an appalling voice, half shriek, half roar, such as not even the mighty cataract of Niagara ever lifts up in its agony to Heaven.



E a realidade:



Texto completo en Inglés

En español

E se alguen atopa o texto en galego que mo faga saber.

Un saúdo!

viernes, 2 de enero de 2009

"El precedente de Sarajevo"

Corto-colo o artigo de Miguel A.Murado na Voz.

En los años noventa Sarajevo estaba sometido a un bloqueo y era bombardeado regularmente, como Gaza. Desde dentro, las milicias bosnias se defendían como podían, lanzando morteros contra las localidades proserbias vecinas. Nadie dudaba del derecho de los asediados a defenderse, mientras se condenaba claramente el bloqueo y el bombardeo de Sarajevo.

Hasta que al fin el diplodocus de la diplomacia se decidió y puso fin a aquello por la fuerza pasó mucho tiempo. Pero lo que no se cuestionó jamás fue el derecho de Sarajevo, al menos, a un corredor humanitario protegido por las fuerzas.

El caso de Gaza es similar. No es idéntico, porque la violencia que emplea Israel es mucho mayor que la de los serbios contra Sarajevo, igual que la violencia de Gaza es mucho menor que la de los bosnios. Pero, salvo este desequilibrio que convierte a Gaza en un caso más grave, la casuística es la misma en derecho internacional y humanitario. Sorprende, por tanto, que no se considere ahora ninguna de las medidas de entonces: ni una zona de exclusión aérea, ni un corredor humanitario protegido, ni la intervención militar que, con la Carta de la ONU en la mano, sería una obligación.

Mientras, Radovan Karadzic, el hombre que bombardeaba Sarajevo impunemente, espera juicio en La Haya.
 
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet