sábado, 21 de marzo de 2009

Multado

Efectivamente chegoume unha multa a casa, mellor dito, chegou o requerimento de identificación do condutor do vehículo implicado na infracción.

O problema é tal infracción:
O 17 de Xaneiro, indo buscar a Marcos a Pontedeume, pola AP9-F saíndo do túnel de Campolongo, vin, por primeira vez, unha sinal avisando de que era un tramo limitado a 90 Km./h.
Tamén vin que xusto ao lado do sinal, había un coche patrulla.

Eu pensei que non podería ter tan mala sorte de que me saltase o radar, pois non ía rápido (125, segundo a carta), máis si que me pillaron.

Agora chega o asunto, a sinal está nunha costa abaixo, despois dun túnel e foi instalada nalgún momento recente. De feito, esta sinal non debeu parecer suficiente, porque en febreiro decidiron reforzar a sinalización, xa dentro do túnel.

O día que me multaron, non había tal sinalización. E o sinal, mal posto, e en plena aceleración nunha baixada despois da limitación dun túnel, non é que fose moi visíbel desde dentro do túnel, nin permitise frear en condicións de seguridade para alcanzar a velocidade limitada ao pasar xunto del.

O que me pregunto é:

Por que había un radar alí, xusto os primeiros días de posto o sinal, tendo este unha visibilidade mínima etc.?

Pois porque as veces, bastantes veces, as patrullas de tráfico non buscan concienciar, buscan recaudar.
Eu véxoo así.

Pagarei a miña multa, sacaranme os dous puntos, pero non estou contento. Volvín pasar por alí outras veces, xa coa velocidade controlada ao coñecer a limitación, e non volvín ver coches patrulla. Será que os condutores xa o sabían e ao non coller os suficientes liscaron. Dame igual. É moralmente deleznable multar ao cambiar a sinalización dun lugar. Fixérono en Alfonso Molina ao cambiar a saída da N-550. Faránno máis veces, pero iso non quere dicir que estea ben.

2 Transgresións da máxima de relación:

Unknown dijo...

É lamentábel que a preocupación da Garda Civil sexa recaudar. E eo.

Inda oín onte que a solución para os coñecidos como "pontos negros" ía ser a colocación de radares fixos... en fin, se se preguntasen por que hai accidentes máis pagaba a pena.

Lémbrame a próxima vez que te vexa que che conte a "atención" que me prestaron cando os precisei...

PD: Non vas facer pliego de descargo?

Anónimo dijo...

nada, nada...

delincuente!

 
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet