martes, 30 de diciembre de 2008

Iraq vs Israel

George W. Bush dixo:

Iraq ten armas de destrución masiva.

Iraq ten un goberno autoritario, baseado nunha importante forza militar, que non respeta os dereitos humáns e practica o xenocidio sobre outros pobos existentes dentro das súas fronteiras, ademais de ter invadido outros estados.

Iraq fai caso omiso das medidas de presión da diplomacia internacional e das resolucións das Nacións Unidas.

Iraq ten petroleo.


Agora, tomemos estas proposicións, cambiemos Iraq por Israel, vexamos se siguen sendo certas, e preguntémonos:

POR QUE O PRESIDENTE EN FUNCIÓNS DOS E.U.A. NON ENVÍA Á SEXTA FLOTA LANZAR OS SEUS MÍSILES AO ESTADO DE ISRAEL?

lunes, 29 de diciembre de 2008

Investigación?

A raíz de esta anotación, atopada via Microsiervos Ciencia, subo tamén este artigo de Miguel Ángel Sabadell que lin hai un tempo en Muy Interesante.

Da primeira anotación:

En nuestro país un premio Nobel no llegaría a catedrático si sólo hace investigación y no da clases de alguna asignatura de licenciatura. Y esta norma se ha seguido al pie de la letra durante décadas, por no decir siglos, a fin de introducir en el sistema a mediocres “docentes no investigadores”, impidiendo la entrada de investigadores de calidad que podrían en poco tiempo adaptarse a la docencia y contribuir con su investigación a incrementar el nivel de producción científica de nuestras universidades.


No se contratan investigadores fuera de los puestos de funcionarios: profesores titulares o catedráticos. Normalmente en España se dirige un grupo de investigación o se hace la tesis en él, para luego abandonarlo. No hay forma de contratar a un postdoctoral con experiencia que no quiera dirigir un grupo. Las “capas intermedias” no existen. No hay dinero para contratar a personal cualificado de forma permanente.


[O investigador] se cronifica como un ser en minoría de edad, bajo salario, becario permanente, sin fijeza en el trabajo, a la caza constante de dinero para investigar, finalizando todo ello casi siempre en la génesis de un ser desanimado, con pérdida de autoestima, por no decir solitario, taciturno, cansado de la vida (de la profesional al menos).


O segundo hai que lelo enteiro, ainda que falte un anaco ao comezo.

jueves, 25 de diciembre de 2008

Liberdade

Liberdade, para eles, é poderen facer o que quixeren, mentres nós miramos, asentimos, e non protestamos. Liberdade, para eles, é que a capacidade de actuar sexa decidida por rectángulos de papel de cor verde. Ou violeta en Europa.

Para eles, a liberdade non é un dereito, é un privilexio que se autooutorgan.

A súa liberdade exime de responsabilidade, responsibilidade cara aos outros, cara aos demáis, cara a todos.

Ao que eles chaman "liberdade", eu chamo egoísmo, aproveitamento, inxustiza.

Esa non é a liberdade que eu quero.


Mais sobre a liberdade en Contradiscurso 3.1.

martes, 23 de diciembre de 2008

Rebotado (II)

7:30 - Érgome, dúchome, almorzo.
8:10 - Saio de casa.
8:30 - Chego á Coruña
8:35 - Aparco en Zalaeta
8:40 - Chego á sede de Facenda
8:41-9:00 - Espero a que abra Facenda, xa que até as 9 non abre.
9:00 - Paso o control de seguridade.
9:01 - Pregunto en información como facer para conseguir un certificado conforme non teño que facer a declaración. Infórmanme que teño que cubrir un Modelo 01 e entregalo en "Certificados", todo isto na planta baixa, a man esquerda.
9:03 - Collo o Modelo 01. Pago 0'15€, que basicamente serven para cubrir un papel dicindo os teus datos persoais e o que queres, dándoche dereito a ser atendido por unha funcionaria.
9:04 - Comezo a encher o Modelo 01.
9:05 - Remato de encher o Modelo 01.
9:05:30 - Procedo a entregar o Modelo 01 en Certificados.
9:05:45 - Chego a certificados. Aténdeme unha amable (si, esta si) funcionaria.
9:06 - A funcionaria (ou será bolseira?, é moi xoven e demasiado amable para ter plaza definitiva) introduce os meus datos. Hai un erro. Non me pode dar o certificado.

9:07 - A funcionaria descubre, e infórmame, que non me pode dar o certificado porque TEÑO QUE FACER A DECLARACIÓN!!!!

9:09 - A funcionaria, como xa dixen moi amable, mira a causa pola que teño que facer a declaración, dime que é porque os ingresos de cando vou a países anglófonos como monitor aparecen computados como actividades profesionais. Dime un "Lo siento" que pareceu sincero, de feito mirábame con cara de pena.

9:10 - Saio da delegación de Facenda, visiblemente rebotado.



Que saco en claro disto:

1- Teño que facer a declaración pese a cobrar menos de 1400€ no ano 2007.
2- Como é posíbel que unha actividade publicitada como equivalente a unha bolsa, na que vas con seguro privado e non cotizas á Seguridade Social, sexa considerada unha actividade profesional?
3- Como é posíbel que leve 3 anos currando, leve 0 días cotizados á Seguridade Social e teña que facer a Declaración da Renda!?

Proximamente, Rebotado ([esperemos que "e"] III)

lunes, 22 de diciembre de 2008

Rebotado

bota, bota
la pelota
de una mano
para otra


Estou rebotado, e fun rebotado. Todo pasou hoxe á mañá. Onte á noite descubrín, para a miña sorpresa, que me fora denegada a bolsa do MEC para transporte e matrícula, xa que "Falta la información fiscal del NIF XX.XXX.XXX", que ven sendo o meu.

Como ben sabedes, o meu traballo é unha bolsa de colaboración, coa que cobro menos de 400€ ao mes. Ademais, como é unha bolsa, non cotizo á seguridade social, e nunca fun requirido para facer a declaración da renda.

Ben, pois falta a miña información fiscal. Información fiscal que nunca me fora requerida anteriormente.
De aquí entenderedes por que estaba rebotado.

Agora veredes por que fun rebotado.

Para enterarme de que pasaba, fun preguntar á facultade. De alí, me pasaron ao Lerd, onde me dixeron que pasase a outro cuarto, o Negociado de Bolsas, onde me dixeron que tiña que ir a facenda a:

a) Coller un papel conforme non tiña que facer a declaración.
b) Facer a declaración!!!

Estou e fun rebotado.

Pido mortes crueis para os que inventaron a burocracia.

Mañá vou a Facenda. A ver que pasa.

sábado, 20 de diciembre de 2008

Caer estando sentado, é posíbel.

Si señores, caer estando sentado é posíbel.

Necesitamos:

Unha cadeira plegábel tal que esta, só que coa parte de abaixo, é dicir, co asento, solto da estrutura metálica.

Unha perna durmida.

O suxeito a caer esvara na cadeira, estando sentado, xa que o asento vai pouco a pouco movéndose cara adiante. Cando o suxeito tenta volver á posición erguida, fai forza nas pernas, mais ao estar unha durmida, o suxeito cae irremisibelmente cara o lado da perna durmida.

Isto pasa. Tende coidado.

viernes, 19 de diciembre de 2008

Dra.Cameron wins!

Como era de esperar, a doutora Cameron meteulle un set á Dra.Stevens: 6-2.

Un 75% dos visitantes de Deleznabilidades prefiren á Dra.Cameron, e só un 25% á Dra.Stevens.

Deixo imaxes das doutoras ao serenlle comunicadas as novas.




Morte_e_destrución(Actualización Rápida).

A día de hoxe levamos 4 listas recibidas para Morte_e_Destrución'09.

Sodes benvidos a participar.

Buscade as bases máis abaixo.

jueves, 11 de diciembre de 2008

Apuros económicos:

Estás mal de pelas??

pois xa sabes.

Comentario do día na facultade! xDDD

Reflexións desordenadas dun mércores á noite

Tras ir a unha conferencia sobre ecocriticism, sempre quedo a pensar sobre a necesaria (e moitas veces totalmente esquecida) encardinación do discurso ecoloxista no discurso sobre o sistema económico.

De pouco vale reflexionar sobre a necesidade dun cambio no modelo de xestión ambiental de recursos e de consumo, se o propio consumo ven determinado por un sistema económico baseado no hiper-consumismo.

Isto boteino de menos na conferencia de onte, de Molly Wallace, igual que non o fixen na de Pratt de comezos de ano.

O capitalismo é un sistema baseado no egoísmo. O egoísmo, que os defensores deste sistema chaman prosperidade individual ou capacidade de traballo individual, maniféstase en diferentes aspectos:

1º, un sistema económico desigual, e que permite a desigualdade.

2º, un sistema económico egoísta cos seus suxeitos, controlado por unha minoría con máis recursos controlando unha maioría con menos recursos, mentres que os estados, supostos salvagardas do benestar do conxunto dos seus suxeitos, esquecen a súa obriga permitindo a existencia deste sistema.

3º, un sistema económico que impón aos seus membros un sistema de consumo egoísta, de cara a evitar o colapso do sistema económico.

4º, un sistema económico egoísta cos recursos naturais, tanto directamente, como indirectamente a través do sistema de consumo.

O sistema económico capitalista baséase, polo tanto, nun consumo egoísta dos bens de consumo, e, polo tanto, dos recursos naturais.

Tomando isto, é obvio que un intento de cambio do sistema de consumo, egoísta e insostíbel, nunca triunfaría sen un intento de cambio do sistema económico, egoísta e insostíbel tamén, xa que este NUNCA O PERMITIRÍA.

Considero que o discurso ecocrítico e ecoloxista debería aumentar o seu ámbito de actuación, indo máis alá da simple crítica ao modelo de consumo de bens e recursos para ir a unha crítica ao conxunto do sistema económico.

Todo o demáis serán ideas desafortunadas e tempo perdido.

martes, 9 de diciembre de 2008

Nova Enquisa

Creo unha nova enquisa, tras petición popular, para dilucidar quen das dúas actrices representando doutoras vos gusta mais:

A doutora Cameron (Jennifer Morrison)



Ou a doutora Stevens (Katherine Heigl)





P.S.-Ante todo, quero deixar claro que esta enquisa non pretende en ningún momento facer de menos a imaxe da muller nin deixala á altura dun produto cárnico. Facemos nosas todas as vindicacións por unha igualdade real para a muller.

A intención desta enquisa é, simplemente, a de coñecer cal das dúas gusta máis.

domingo, 7 de diciembre de 2008

viernes, 5 de diciembre de 2008

Os Comités, forza máis votada nas eleccións ao Claustro da UdC

Onte puiden compartir cos meus compañeiros e compañeiras dos Comités o triunfo nas eleccións da Universidade da Coruña. Os Comités convertironse na organización estudiantil máis votada da UDC nas eleccións celebradas onte, xoves 4.

Foron elexidos 30 claustrais dos Comités, seguidos de IESGA, con 16; Gaded, con 4; e doutras organizacións estudiantís.

Onte á noite puiden compartir unhas cañas cos electos dos Comités ao Claustro na Cova Céltica (rúa Orzán, 82), onde todos vivimos momentos de grande emoción como a aparición dos compañeiros de Dereito, que conseguiron por fin abrir paso ao nacionalismo no mar de organizacións con fachadas apolíticas e trasfondo filo-opusino.

Os claustrais dos Comités teñen agora unha tarefa a desenvolver (e estou seguro de que o conseguirán), que é o traballo por unha Universidade Pública, Galega, Democrática e de Cualidade!!

Adiante Comités!

lunes, 1 de diciembre de 2008

Morte_e_Destrución'09

Señoras, señores, convócovos a participar do gran xogo Morte_e_Destrución'09.

Morte_e_Destrución'09 é un xogo "Deathlist". Isto consiste básicamente en predecir/apostar quen morrerá o ano que ven. Bizarro eh? Friki? ...na mellor liña Deleznabilidades!




Bases:

1-Cada participante enviará un correo electrónico a deleznabilidades@gmail.com, cos seus datos, o nick co que será coñecido durante o concurso, e unha lista de 13 persoeiros que o participante cre que van morrer durante o ano 2009; antes do 31 de decembro de 2008. Non empregar os comentarios para tal cometido.

2-Os persoeiros, para seren definidos como tal, haberán de aparecer na Wikipedia ou noutra páxina web similar. Os participantes poderían ser requeridos polo organizador para clarificar a identidade dos seus candidatos.

3-Alomenos 3 dos 13 candidatos a defuntos haberán de ser galegos.

4-De morrer algún dos candidatos seleccionados por un participante antes do 31 de decembro, se lle outorgaría ao participante medio punto, que desempataría en caso de empate.

5-Por cada persoeiro-candidato que morra, se lle outorgará un punto ao participante que o tivese seleccionado.

6-Cada día 13 de mes presentaranse os resultados parciais.

7-Gañará Morte_e_Destrución'09 aquel participante que tiver o maior número de puntos ao rematar o día 31 de decembro de 2009.

8-O premio será desvelado proximamente, mais lémbrase aos participantes a condición laboral do organizador [bolseiro].

-----------------

Disposición adicional 1: A organización reservase o dereito a cancelar o concurso no caso de que non houbese o suficiente número de participantes.

Disposición adicional 2: Non se outorgarán puntos a un participante pola morte dun persoeiro cando este for asasinado polo propio participante.


*****************************

E este é o momento no que me comezades a chamar friki, bizarro e perturbado nos comentarios.


A participar!!

sábado, 29 de noviembre de 2008

Misterio desvelado!

Pois si señores... a foto marabillosa que publiquei é:

Unha foto aérea de Guelb-er-Richat, Mauritania!

Moitos vos achegastes, pero ninguén pensou nunha forma xeolóxica. Non era un volcan, nin unha catarata... sintoo!

O luns comezará un novo xogo, que durará todo o ano 2009. Permanezan conectados!

viernes, 28 de noviembre de 2008

jueves, 27 de noviembre de 2008

A concepción circular do tempo

A música sempre acaba volvendo a aparecer na túa vida...



I got no motivation...

sábado, 15 de noviembre de 2008

19-N Folga Estudantil!






+ diñeiro público.

A día de hoxe, a porcentaxe de investimento da Consellaría de Educación na educación universitaria é o 0,75% do P.I.B de Galiza; mais agora temos que crer que vai chegar ao 1,5 en 2015, cando nun primeiro momento o obxectivo da Consellaría era chegar ao 1% en 2010.Porén, os Comités entendemos que o investimento público no ensino universitario non debe ser inferior ao 1,5% do P.I.B galego no ano 2010.

- taxas.

Na actualidade, a porcentaxe de participación do estudantado a través das taxas no financiamento universitario supón: na UdC o 13,81%, na USC o 18,21% e na Uvigo o 10,29%.Nós apostamos pola redución da porcentaxe de participación das taxas no financiamento das universidades até o 5% no ano 2010, non producíndose ningún perxuízo económico para as universidades e beneficiando a moitas e moitos.

+ bolsas.

Só o 17% dos estudantes da Galiza están bolsados polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC), primando os criterios académicos sobre os económicos e producindo que unha parte importante do estudantado non teña acceso a unha bolsa que necesita.Consideramos que é necesario en 2010 pasar do 17% ao 33% os estudantes beneficiaros de Bolsas de Axuda ao Estudo, e elevar do 17% ao 50% os estudantes que teñen exención de taxas por criterios de renda. Alén da asunción da política de bolsas por parte da Xunta a fin de axeitala ás nosas características socioeconómicas propias.

+ aloxamento público.

Para garantir un aloxamento público abondo faise necesaria a creación dun ente público composto polas tres universidades galegas, a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e a Consellaría de Vivenda e Solo para a xestión do aloxamento universitario, que convirta todas as prazas concertadas, subvencionadas e concesionadas en prazas públicas antes do ano 2010. Así como a elaboración dun plano plurianual de aloxamento público universitario que garanta cando menos acceso ao 15% dos estudantes matriculados en cada campus.

+ coordinación.

Un apoio económico decidido será imprescindíbel para a xestión integral necesaria do Sistema Universitario Galego (SUG) no que ten a ver coas infraestruturas, aloxamento público universitario, matriculación, investigación, mapa de títulos, promoción...

- despilfarro

Coidamos que para que os cartos de todas e todos nós non os desbalden uns poucos é completamente necesaria a fiscalización e control orzamentario por parte da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria.

+ calidade.

Unha universidade de calidade pasa pola progresiva eliminación da limitación de prazas nas titulacións, nos graos e nos posgraos, a eliminación das probas específicas para as titulacións, a redución das proporcións profesor/alumno. Do mesmo xeito cómpren melloras substanciais tanto en materiais como en infraestruturas.súmate na defensa da universidade pública galega!

Dios back on Garnett's face!

Story of Stuff

Story of Stuff

...but, is it not THE WHOLE SYSTEM that we should change?

We should NOT just change its parts, it is the whole machine, the whole system, that we have to change.

martes, 11 de noviembre de 2008

domingo, 2 de noviembre de 2008

Largo ou Curto??





ou








VOTE!
E xa aviso, afeitarme non me afeito!!

viernes, 31 de octubre de 2008

Castanhazo!

Este fin de semana estarei no Castanhazo, na fermosa vila de Chantada!

Para ir creando ambiente...

miércoles, 29 de octubre de 2008

Entrada conceptual

Concepto: "olloviguismo".

Propiedade dos entes animados que acostuman ver todo mínimo defecto ou falla no alleo, sen reparar na grandeza dos defectos ou fallas propios.

lunes, 27 de octubre de 2008

Comeza a NBA!

Si señores, mañá comeza a maior liga de Baloncesto do mundo, e o equipo de Dios este ano está moito mellor, colleu a un pívot e apunta a 4º do Este. Comezan as vixilias de venres. Comeza escoitar aos cachondos de Carnicero e Lonkar... Ás veces boto de menos non ter canles temáticas.

sábado, 25 de octubre de 2008

Resucitou!


When he had said this, he cried with a loud voice, "Lazarus, come out." The dead man came out, his hands and feet bound with bandages, and his face wrapped with a cloth. Jesus said to them, "Unbind him, and let him go."


Si señores, o blogue do Dani, unha referencia na música de calidade, reviviu despois de moito e moito tentar convencelo. (Agardemos que agora o actualice con frecuencia)!

Anímovos a todos a que o visitedes e disfrutedes da música seleccionada por Dani, e agardo que descubrades algo novo entre toda a música que sube.

Grande Dani! Unha aperta!

Perversións deleznábeis: Enquisas Americanas: 10 days left.

Quedan dez días para as eleccións, e as cousas van así:



As cousas para McCain están bastante mal. A día de hoxe, se miramos o mapa de estados fixos para cada candidato, podemos ver que a Obama ten 255 votos asegurados, McCain 137 e 146 votos de "swing" ou "toss-up" states poderían cambiar de mans.



Tendo en conta que 270 votos é maioría absoluta, a Obama só lle fan falta 15 votos para levar todo o pastel, mentres que McCain tería que gañar virtualmente en todos os swing states (14), nos que vai até 8 puntos por debaixo nas enquisas.

Obama vai moi ben, xa que só con 15 votos gaña. De feito, podería permitirse perder 13 dos 14 estados sempre que o conservase fose Florida, North Carolina ou Ohio, todos eles con máis de 15 votos cada un. Unha perspectiva máis críbel sería gañar en Virginia e New Hampshire, que teñen 13 e 4 votos electorais respectivamente e nos que Obama leva unha vantaxe nas enquisas de mais de sete puntos.

Porén, Obama aínda podería agrandar a ferida de gañar Montana, North Dakota, West Virginia e Georgia, onde as enquisas sitúan a McCain entre 3 e 6.5 puntos porcentuais por riba de Obama, dando un mapa así, que suporía a maior victoria do partido demócrata desde Lyndon Johnson en 1964, cun mapa coma este:


A humilde opinión de este analista aficionado é que, ou moito cambian as cousas, ou haberá Presidente Obama.
De todos modos, cambiará algo o feito de que Obama sexa presidente? Na meirande parte das cousas, I don't think so.

Xogo-Concurso

Había dúas cousas que quería facer no blogue que aínda non fixen...
Unha era meterlle ao blogue algunha das miñas comidas favoritas, xa que se pode dicir que a comida é un dos meus vicios...
E a outra era comezar a facer algún xogo ou concursiño para darlle algo de carallada ao blogue:

Así que, señoras/es, que é isto?

O premio a quen o adivine, ademais do meu respeto persoal, está por decidir, mais supoño que terá algo a ver cun convite a algo (échoqai, que as carteiras dos bolseiros non dan para máis).

miércoles, 22 de octubre de 2008

Echoqueai

Silencios significantes
Ausencias elocuentes
Mais eu non calarei
Non son coma eles...

martes, 14 de octubre de 2008

Alusión?

As alusións nos blogues échoquecheteñen, que nunca pasan de presuntas pola completa falta de certidume sobre as circunstancias nas que se emiten...

Pero claro, se non queres que che lean o blogue... sempre podes restrinxir o acceso!

A mal fodedor...

sábado, 11 de octubre de 2008

Estresado... mais bolseiro...

Pois si señores, xa o dicía no meu perfil: "un proxecto de filólogo con moito tempo libre en verán e moi pouco en inverno" ou algo así...

Ando que non paro. O meu tempo diario dedicado a andar pola web reduciuse un 80% pasando a só media hora (ri ti das caídas das bolsas) e nese tempo pouco podo escribir.

Que pasou?

Que comezaron as clases, e, claro, comezou todo o que ten que ver con elas, lecturas obrigatorias, ir pensando nos traballos... e a asistencia pseudo-obrigatoria do noso sistema pseudo-ECTS marabilloso... agora mesmo teño 26 horas de clase semanais, que non son moitas (aínda que estou desexando que sexan menos), das cales a práctica totalidade son de asistencia pseudo-obrigatoria ou obrigatoria (prácticas).

E ademais disto comecei o meu marabilloso ano de bolseiro, que suma 15 horas semanais a estas 26. Resultado: 41 horas de traballo académico-bolseiril...

Porén, o traballo da bolsa é apaixoante. Ando facendo tarefas de apoio á investigación nun grupo do departamento de inglesa, que está creando un corpus (unha base de datos lingüísticos) de textos científico-técnicos dos séculos XVII, XVIII e XIX.

O traballo ás veces é un tanto tedioso. Eu comecei facendo comprobacións de erros nunhas transcricións, e agora estou comezando coa miña primeira transcrición. Os textos hai que transcribilos de formato imaxe a formato texto, e etiquetalos en xml de cara a que sexan lexibles pola ferramenta da base de datos.

Así que xa vedes, estresado ando, mais contento do traballo como bolseiro, de todo o que vou aprendendo e agardo aprender e do meu primeiro contacto co mundo da investigación, no que agardo continuar o ano que ven se todo segue ben este ano e me aceptan no terceiro ciclo.

Sentimentos agridoces esta semán, que tamén se viron influídos por outros factores que xa relatarei...

miércoles, 1 de octubre de 2008

Unha pequena perversión: USA polls

Podería falar do meu primeiro día de traballo na bolsa, pero hoxe vou escribir algo sobre unha pequena perversión of mine:

Sigo as enquisas das eleccións americanas.

Non o podo resistir, a política estadounidense resúltame ao mesmo tempo complicada, sorprendente, desconcertante e fascinante.

Gústame ler artigos e enterarme das últimas novidades, e hoxe gustaríame compartir un par de webs.

Miro bastante Politico, con artigos largos e profundos que as veces non chego a entender (falta de Background cultural, supoño).
Tamén me gusta moito a sinxeleza infográfica dos mapas (1, 2) de Real Clear Politics, aínda que os artigos frouxean un pouco, na miña opinión.
A CNN xa ten un especial, un pouco conservador no tocante ás enquisas, por certo.
E, por último, o especial da Wikipedia inglesa, completísimo.


Por outra parte, tamén é curioso (e da moito que pensar, sobre todo se o comparamos co mapa 1 de Real Clear Politics), o mapa do gasto dos candidatos por estado.

Aínda queda un mes e 3 días até o Election Day, e eu seguirei enchufado.

Un saúdo!

Actualización. Mirando os mapas de Real Politics, vin que hai a posibilidade de facer os teus propios exercicios de política ficción. Que pasaría, por exemplo, se os 6 estados nos que Obama vai diante por menos dun 3% dos votos (Nevada, North Carolina, Virginia, New Hampshire, Ohio e Florida) caesen do lado de McCain??...
Isto:


lunes, 29 de septiembre de 2008

Dario Villanueva: Excusatio non petita, accusatio manifesta



...

De ese espíritu viene, sin trampa y engaño, la declaración de Bolonia, y los que estuvimos allí por nuestras respectivas Universidades no lo olvidamos. Obviamente, digo Bolonia o el parto de los montes no para desmerecer aquel hito, sino para subrayar que aquel documento pone simplemente en las firmas de los ejecutivos -es decir, los ministros- lo que las comunidades académicas veníamos exigiendo: que cuanto antes la Europa del Siglo XXI fuese, a estos efectos, como la del Medievo. Léase sin anteojeras aquella declaración y solo se verá en ella la demanda de un sistema de titulaciones fácilmente comprensible y comparable para que nuestros ciudadanos pudiesen transitar sin trabas por las universidades y ejercer profesionalmente en los Estados miembros.

Nada hay, como algunos pretender hacer ver a la opinión pública, de privatización, mercantilización o rígida uniformización de los estudios, por no hablar de la supuesta tiranía de procedimientos tendentes a la burocratización pedagógica de la enseñanza. Sorprende la ceguera de quienes ven pasar ante su puerta el tren de una Historia mejor y tuercen la cabeza como si no fuese con ellos. Parafraseando a Arthur Miller: volverán los reaccionarios, pero se fingirán progresistas. Las reticencias que suscita esa razonable utopía convertida en proyecto que es la unidad europea suele resumirse en una frase esgrimida como lema lapidario e irrebatible, que no necesita más explicaciones: la Europa de los mercaderes. Pero la declaración de Bolonia significa un paso más, irrenunciable, en algo completamente distinto: la Europa de las Universidades, factorías insustituibles para la Sociedad del conocimiento.



Artigo completo no País:

Señor Villanueva, sabendo que vostede é catedrático de teoría da literatura e literatura comparada, non terá vostede problema en entender o significado da locución latina que da título a esta entrada. A vostede ninguén lle pediu este artigo alabando as supostas bondades do marabilloso sistema de Bolonia. E precisamente porque ninguén llo pediu, sinala vostede a verdade, que esas supostas bondades non son tales.

Señor Villanueva, vostede mesmo o di: "Factorías", fábricas, fábricas de cidadáns acríticos, forza de traballo equipada exclusivamente para facer unha tarefa, "carne de cañón" disposta a ser empregada polas empresas, grazas a uns planos de estudo que, simplificando, SI uniformizan (60 créditos comúns a un rama de coñecemento, ex: "Humanidades"), que si privatizan (non hai máis que ver a progresiva toma de poder de certo banco nas universidades galegas), e que si mercantiliza, xa que hai que presentar os títulos dacordo co seu potencial valor no MERCADO.

Señor Villanueva, non torcemos a cabeza porque non vaia con nós, torcemola porque si que vai. Ese tren (para vostede da historia mellor, para min da historia mellor para o capital) é un tren que non nos gusta e que prefeririamos que quedase esquencido, nunha vía morta, xunto co neoliberalismo que o inspira.

sábado, 20 de septiembre de 2008

A Timeline dos Memes!

Hoxe teño que escribir dous artigos, porque isto que atopei (en Microsiervos) é grandiosérrimo!!

A Timeline de todos os Memes que circularon e circulan pola internet adíante!

A botarse unhas risas!

Fin do Mundo, non graciñas!!


Bueno, que xa que tanto din de fins do mundo, por colisións, podemos estar tranquilos que en dous meses non imos morrer...


O que si, entre mentres, botaremos uns risos con todos os experimentos que dixeron nos ían matar.

Aínda así, boto en falta o mais grande, aquel que máis risas causara: Cando Paco Rabanne (pre)dixera, a partir de Nostradamus, que a MIR caería sobre París durante un eclipse de sol, en 1999.

Grandes profecías, e mentres nós a enchoupar de merda o mundo...

jueves, 11 de septiembre de 2008

"La" Wikipedia ... libre?

Se algunha vez vos parastes a mirar as miñas ligazóns, veredes que teño a Galipedia e a Wikipedia en Inglés. Chama a atención: Por que non a Wikipedia en Castelán?

A Wikipedia alardea de ser unha Enciclopedia libre, na que cada quén pode escribir o que quixer, e así o fixen en moitas ocasións, primeiramente na Galipedia, logo en artigos sobre Galiza na Wikipedia en Castelán e posteriormente, para practicar o inglés, na Wikipedia en Inglés.

Conto isto, porque, xa hai ben tempo, decidín que non colaboraría na Wikipedia en Castelán. Por alí polo 2005 vin con sorpresa como ao xa coñecido caso de La Coruña, que tanto dano me facía na vista, sumárase a corrección do meu artigo sobre Culleredo. Culleredo xa non era Culleredo, era Cucharedo.


1. A Toponimia, a deturpación e a excusa.

Porén, malia non colaborar, seguin entrando nas discusións, a lelas, e a sorprenderme cos marabillosos argumentos dos "Lacoruñesistas":
Primeiro, os recursos de SirPacoDoVaticano contra as resolucións do TSXG, e mais tarde, cando os recursos caeron/foron retirados, argumentando que na Wikipedia non importa a oficialidade, senón o uso ( e pervertindo un argumento da Gramática Descritivista, by the way). A xustificación dos administradores para isto é que fóra do estado español ninguén usa a forma A Coruña e que, ao ser a Wikipedia en Castelán destinada a todos os países castelán-falantes, non se debía usar A Coruña).

Vemos así, como a Wikipedia usa a legalidade vixente mentres que lle interesa, despreciándoa despois e facendo unha argumentación "fóra do estado español ninguén usa a forma A Coruña" que, de aparecer nun artigo, sería tachada, seguindo o argot Wikipedista, de Punto de Vista non Neutral, e información non contrastada, e, polo tanto, borrada.

Malia isto, e por se aínda non chegara, tamén se usa "Junta de Galicia", un esperpento xustificado porque na versión en español do actual estatuto aparece esta forma.

Neste caso, como o argumento do uso xa non vale, nos volvemos prescriptivistas e tiramos da tradución dun estatuto como argumento marabilloso. Todo sexa pola castelanización das mentes.


2. A ocultación e a censura.

Ademáis deste caso de falta de respeito pola variedade lingüística, a Wikipedia posúe outros marabillosos trazos característicos que non debemos esquecer:

A Wikipedia Española fai uso da Historiografía Española, ou Españolista, ou Españoleira. A de Pelayos e Isabeles, Una Grande y Libre e Santiago y Cierra España. Así, ocúltanse os argumentos da Historiografía Galega sobre aspectos como o Reino Suevo, que se ven marxinados no seu tratamento na Wikipedia.

A Wikipedia Española leva a cabo unha censura de toda corrente non acorde coa política dos administradores, co coñecido exemplo da consideración de Rebelion.org como fonte non neutral, e, polo tanto, non válida.
Porén, sitios como LibertadDigital son considerados neutrais e válidos, e páxinas da Wikipedia son creadas (e validadas) grazas á DES-información aparecida neses sitios.


Conclusión:

Así, a Wikipedia, a enciclopedia "libre", vése arrastrada do seu soño utópico ao fango da realidade, da manipulación, e da perda de prestixio, xa que a censura, nos tempos de internet, máis que ocultar, produce riso.


Ligazóns:

Normativa da Wikipedia no tocante a Toponimos, ou de como vale máis a web de La Razón que o uso dos habitantes dun lugar.

A galería dos horrores, ganadora do I campeonato estatal de sitio con maior número de erros por kilopíxel cadrado.

Bloqueo de Rebelion.org

miércoles, 10 de septiembre de 2008

Vamos oh!

Como dixo Iago noutro sitio (a de Xabier):

Parecen os nenos repugnantes do colexio… como non gaño, non xogo máis.


Por Dios!

martes, 9 de septiembre de 2008

"No es programa para viejos"

Onte, mais que nada porque son semi-insomne e porque non botaban nada interesante pola tele, (bueno, si, e porque tiña curiosidade) vin ese debate? programa de confesións? espectáculo? late-night? bueno o "No es programa para viejos". Para aqueles que non o viran, resumo rápido:

O conto é que xuntan 100 xóvenes nun plató, que se poñen falar sobre o tema do día (onte, sexo), coa "xenial" Patricia Gaztañaga. Entre eses 100 xóvenes, 6 fan un debate 3 contra 3 sobre un tema destacado, no que os demáis participan de cando en vez. Ademáis destes xóvenes, hai unha zona de adultos, con supostos expertos no tema, dous videobloggers representando posicións enfrontadas, e un co-presentador "graciosete" (insoportable) que introduce os "mellores" comentarios que se deixan no foro de internet, e outras gilipolleces variadas.

Elementos do programa:

O casting:
Non ten termo medio. Ou legionarios de Cristo Rei ou un que se tira a 5 nun día (incluíndo prostitutas) sen ningún tipo de protección. É representativo? Dubidoso... está claro que ademáis de xente que dea en cámara ten que haber polémica... e se perde a unha importante porcentaxe de xente que non é interesante. Os videobloggers representan dúas tendencias, digamos conservadora//liberacionista, sendo ambos bastante exaltados.

O debate:
No debate falaron de se se debía esperar a ter sexo ata o matrimonio... tres numerarios do Opus (ou non, pero parecían) versus o descerebrado do que falei que a andaba metendo sen condón en todos lados, tivera un fillo e deixara tirada á nai, e, en xeral, só pensaba en foder sen importarlle as consecuencias para el//para os demáis. Gran momento no que unha numeraria do Opus dixo que "revolucionario es quien va contra la mayoría, yo voy contra la mayoría, así que yo soy revolucionaria", mostrando ata que punto se pode subvertir un concepto.

Os datos:
Os 100 rapaces foran previamente consultados sobre prácticas sexuais e demáis. Ao ser 100, quedaron preciosas porcentaxes "representativas", que foron empregadas no programa.

Os argumentos da parte liberacionista:
Aínda que pobres, (especialmente a conclusión da videoblogger), houbo algún argumento válido, especialmente o dunha rapaza que dicía que se había sexo sen protección era porque os xóvenes querían, se arriscaban a elo. Por suposto, houbo outros argumentos, xustificándose por desinformación, ou botándolle a culpa aos país... vamos.

Os argumentos da parte conservadora:
Aquí é onde máis me podo extender, sobre todo gracias a un maravilloso videoblogger exaltado que me provocaba dor de cabeza desde o seu punto de vista de moral nacionalcatolicista.

1. A falta de pudor
Dicía o tipo que hábía unha total falta de pudor entre os rapaces, que como podían falar de sexo en público etc.. homiño: están no programa para iso! Nin é o primeiro programa no que se fala de sexo en público, nin os rapaces están aí porque sí, están aí porque fixeron un casting, e algo cobrarán.
Está claro, iso sí, que representas totalmente ao teu punto de vista moral, que ve o sexo como algo sucio, que debe permanecer oculto, ao que unías a túa permanente identificación de falta de pudor con falta de valores morais e éticos.
A min, persoalmente, que unha teoría ética persoal xire ao redor da idea do pudor causame bastante tristeza.

2. Aborto = morte.
Dicía este home, xunto cos numerarios, que o aborto é unha comodidade e que era asesinato e demáis, e promovían a abstinencia e demáis ghaitadas. O aborto non é delito, é dereito, e non me extendo máis.

3. Identificación de sexualidade activa con falta de outros obxectivos e a ignorancia.
Outro argumento era que estes xóvenes por falar da súa activa sexualidade abertamente non tiñan outros obxectivos na vida, eran todos ignorantes, non estudiaban nin traballaban e, palabras textuais: "tienen un cerebro planito con forma de pene o vagina y nada más". Ademáis, extendían este argumento a toda a xeración de xóvenes: "si esta generación me va a pagar la jubilación, yo me voy del país". Dentro da liña nacionalcatolicista, agora resulta que todo contacto sexual mata neuronas... tamén dicían que a masturbación te deixa cego e que as mulleres se podían quedar preñadas por darse un bico.

4. Identificación da sexualidade activa coa falta de valores morais.
Dentro da mente obtusa e reprimida destes defensores da moral nacional-catolicista, chegouse a dicir que a "promiscuidade", ou, mellor dito, calqueira tipo de relación sexual non validada por unha unión, entrañaba falta total de valores morais//éticos.
Digo mente obtusa e reprimida, porque, que ten que ver a sexualidade coa moralidade?
Por ser sexualmente activo xa non teño ideas? Xa non teño unha moralidade válida? Que fago, ma corto?
Eu teñome por ser unha persoa cunhas ideas moi clariñas sobre o que me parece correcto e non-correcto, un código ético persoal, por así chamalo, e, segundo a argumentación deste señor, só por ser sexualmente activo, por non crer na castidade ata o matrimonio, por considerar correcto calqueira tipo de acto sexual, perdo todo ese código ético?
Non señor.
Por aí non paso, e creo que a mocidade en xeral non debería pasar. Un dos argumentos preferidos da moralidade e da política do pensamento nacionalcatolicista-tradicionalista é acusar ao contrario de falta de moralidade. Pero non, non é falta de moralidade, é unha idea de moral máis aberta, relativizando o concepto de pudor, que pouco aporta, e no que se basea a moralidade, os "usos-y-costumbres" do pensamento conservador.

Non é falla de moralidade, señores, é unha outra, igual de válida (e desde o meu punto de vista, mellor) moralidade.

lunes, 8 de septiembre de 2008

"Lots of Laughter and Sex"

You said, when we embarked on this great adventure together, that lots of laughter was essential in a relationship.
I agreed.
You also made the point that a great deal of sex was of equal importance.
Again, I agreed. Wholeheartedly.
In fact I remember your exact words: laughter and sex are the barometers of a relationship. This was the statement you made, if I remember correctly.
Don't get me wrong. I couldn't agree more. But not at the same time, ya fuckin cow.


WELSH, Irvine (1995): "Lots of Laughter and Sex" in The Acid House, p. 63. London: Vintage.

miércoles, 3 de septiembre de 2008

Ciencia

Vexo aquí, vía Microsiervos, unha entrada sobre as 10 cuestións científicas que todo adulto debería coñecer. A parte de quedarme contento porque sendo de letras coñecía ben 8 das 10, gustáronme especialmente os números 3 e 10.
A número 3, e corto-pego directamente, negriñas miñas, di:
3. La evolución es una teoría como también lo es la teoría de la gravedad y al parecer nadie duda de que las cosas caigan hacia la Tierra. Para la Ciencia una teoría no es una idea sin pruebas, sino justamente lo contrario (como bien lo cuenta Rinzewind). En Ciencia, “a un conjunto de descripciones de conocimiento se le llama teoría solamente cuando tiene una base empírica firme” (Wikipedia). La evolución esta altamente contrastada gracias al registro fósil de muchos animales (como el registro fósil completo del caballo) o plantas y cuyo mecanismo actualmente aceptado debido a la gran cantidad de hechos que lo respaldan es la selección natural. Esta teoría nos dice que “la evolución biológica es el proceso continuo de transformación de las especies a través de cambios producidos en sucesivas generaciones” (Wikipedia).


Deixando á marxe o de quotear a Wikipedia, gústame o extremadamente fácil que se explica a diferencia entre teoría, firme, asentada sobre unha base empírica e crenza
“una idea sin pruebas”.
É tan sinxelo que me leva a plantexar unha pregunta... son crenza e ciencia opostos? Non pretendendo levantar debate, e moito menos en termos relixiosos, cos que eu son moi respetuoso (no senso de “alá cada un que crea o que quixer”); si é verdade que, polo menos no ámbito da disposición, a necesidade de probación, de continua dúbida, de falta de certidume e idolatración que ten a ciencia, choca de fronte coa absoluta falta de probación e a necesidade da (suposta) certidume da crenza.
É dicir, que a ciencia, per se, é descreída.

A número 10. di (idem que na 3):

10. Sobre verdades y científicos: quizás la más importante de todas, la Ciencia no siempre tiene respuestas para todo (aunque las busca), y las que tiene muchas veces son incompletas, varían parcialmente o son fulminadas. Eso no quiere decir que no se puede confiar en la Ciencia, simplemente obliga a ser cautos al tratar los avances científicos. Las teorías y leyes que describen nuestro mundo “normal” han resistido a todo intento de falibilidad y se consideran “verdades” hasta el punto en que nadie cuerdo sin unas asombrosas pruebas se atrevería a rebatirlas (aunque de vez en cuando aparezcan esos intentos infructuosos/fraudulentos) Es desconcertante, pero es lo que hay. Quién quiera “verdades” que las busque en los dogmas. (...)


Isto tamén me da que pensar:
Primeiro, no continuo bombardeo de supostos “avances científicos” que sufrimos por parte dos medios de comunicación, a maioría das veces totalmente hoax, pero tamén moitas veces simplemente, experimentos non definitivos.
Cantas veces saíron novas de supostas curas da enfermidade X? E cantas destas supostas curas chegan á rúa? Nas últimas datas só me lembro da vacina do cancer de cérvix. Debería isto levarnos a desconfíar da ciencia? Non, máis ben a desconfíar (como moita xente xa fai) do tratamento informativo que recibe a ciencia.

Segundo, e repito tema, a falta de certidume da ciencia. A ciencia "no siempre tiene respuestas para todo (aunque las busca), y las que tiene muchas veces son incompletas, varían parcialmente o son fulminadas". A ciencia, esa ciencia seria, esa que nos botan en cara non aprender aos de letras, non ten máis seguridade nos seus postulados que calqueira teoría crítica sobre un autor.

Bueno, un bo tocho sobre ciencia. A ver que vos parece, a min me quedou algunha idea sen expresar, a ver se xorde dalgún comentario. Por certo, anímovos a visitar as ligazóns.

Un saúdo!

lunes, 1 de septiembre de 2008

Nottingham, resumo final

Bueno, xa sei que tiven isto bastante abandonado este mes, o feito de estar por fóra e de chegar e darme un tempo para aterrar e despexarme fíxome difícil actualizar o blogue, facéndome romper un dos principios que tiña ao crealo, que era o de actualizar máis ou menos frecuentemente.
O dito:

Inglaterra 2008 en modo abreviado (antes do cuarto día na anterior entrada)

5- Manchester, decepcionante.
6- Día normal, comezamos os cotilleos, máis laretada (outra cousa non, pero falar, falei coa señora mogollón)
7- Quedo na cafetería coas vascas. Comeza o mito de que estou cunha das vascas, mito bastante pouco crible porque non se puñan dacordo en cal das dúas era, e que ademáis caería polo seu propio peso o último sábado. (Mireia, Amaia, por si alguna vez leeis esto: Ezkerrik Asko!!).
8- Primeiros libros interesantes. Xorde o mito Pato Mareado (isto é, que non sei patinar decentemente, e parecía que máis que patinaxe facía unha especie de marcha atlética sobre xeo) (O peor de todo é que hai videoS <-Se os consigo van a deleznabilidades).
9- Xa tou case seguro de dous dos libros, os dous de Welsh, e comezo a comparación de prezos entre librerías, apuntando prezos no móbil. A relación con certa tola comeza a ir a mellor, (por canto tempo?) primeira sesión de remo.
10-Volvo quedarme. Interesantes conversas galego-vascas sobre temas filolóxicos, culturais, históricos e políticos, con opinións bastante coincidentes. (Da gusto escoitar aos seus rapaces falando todos en vasco. Dos meus falan galego 7 ou 8 de 38, e algún cambia cando fala cos outros... Eu, ademáis dunha morea de temas dos que non lles debo falar, suponse que lles teño que falar no que me falen... cousas de evitar calqueira tipo de queixa paterna à la "ai que le hablan al niño de política!" "ai que le hablan a la niña en ese dialecto de los nacionalistas suevo-celtas" etc., de todas formas xa se encargan eles de discutir sobre o divino e o humano.)



11-London! 6 horas en bus, 5 horas pola cidade. Vemos pouco, e disfrutamos menos. Buckingham, Trafalgar Sq., Whitehall, Westminster, London Eye. Échoqai!



12- York de domingo. Unha cidade onde ata a estación de tren é marabillosa. Medieval, sen feísmos (non coma Manchester), cunha catedral preciosa, cun ambiente moi bo, unhas murallas moi ben conservadas, chea de historia... Recomendadísima a todo o mundo. Sendo diferentes, poñoa ao nivel de Dublín no meu ranking mental de cidades.
13- Nada en especial.
14- Primeiros intentos de fotos pola cidade pola mañá... chove. Pola tarde a ver as galerías da Xustiza (museo sobre lei e unha cárcere... entretido).
15- Quedo por última vez. As vascas: "es que es una maravilla que sepas tanto de cultura gallega, y es que además se te nota orgulloso, y lo cuentas y lo haces entretenido para los demás y te dan ganas de ir allí". Luis, promotor turístico de Galiza nas Midlands. (xD!) Que conste que eu tamén quedei con ganas de visitar Euskadi!
Pola tarde Wollaton, un pazo moi bonito por fóra e moi feo por dentro.
16- Localizados todos os libros para comprar. O diñeiro...? na casa! (...) Como premio ao meu bo facer aforrador, como un marabilloso Cranberry + White Chocolate Muffin nun Costa... :D
17- Día de ruta fotográfica. Pola tarde ao Pazo do Concello. Impactante, sobre todo as falsas cúpulas en interior. O eclecticismo échoquecheten.
18- Cambridge. Colleges moi bonitos, o Punting moi cansado. "Que-no-me-entere-yo-que-ese-culito-pasa-hambre!" (<- 1. Ten collóns que tivera que ir a Cambridge para que mo berraran. 2. Seica me consideran guapo! 3. Seica teño unhas pintas o suficientemente internacionais! Viva a miña barba rubia! Vivan os meus xenes e o meu castaño céltico! xD).
Ao acabar o Punting, a nai de todas as broncas coa jefa... e non tiña razón.
19-Descanso. Segunda ruta fotográfica. Parque con banda de Jazz en directo.
20-Lincoln e Newark. Lincoln, segundo sitio que máis me gustou! Castelo e catedral enormes.
21-Entrega de diplomas e día de asinar bandeiriñas, comprar os libros e darme o último capricho coméndome un pedazo merengue de limón.
22- Para casa. Despedidas. A miña señora chora (Janis, botareite de menos, que ricas as comidas!)

Resumo: Graciñas a todos, a Janis, aos compis, aos rapaces... A verdade é que moito mellor que o ano pasado, a pesar do señor oscuro.

Descubrín que en Inglaterra pódese comer ben, que hai un relación paralela á miña entre un vigués e unha viguesa que me levan 10 anos, que os rapaces aínda gardan algo de sentido (é que ata se mandaban calar entre eles!!) e nada máis.

Unha viaxe a lembrar.

sábado, 9 de agosto de 2008

Primeiros días, primeiras impresións.

Resumo dos primeiros días:

Primeiro día: Esquécense de mi, Alvedro, avión escarallado en Madrid, miniretraso, Heathrow, bus, familia, 3 horas de laretada, primeiras impresións megapositivas.

Segundo día: Rutina, charla aos nenos, comida... rica!, ruta de recoñecemento, a señora ven buscarme nun coche de policía (ela só lles fai de administrativa), tarde-noite de cartas.

Terceiro día: Charla a nós, Castelo, Etnográfico, Librerías (libros máis baratos que en Irlanda. Nota mental: Aguantar ao último día!!!). Máis laretada coa señora. En tres días levo máis horas de inglés falado que en todo terceiro de carreira (porque, para quen non o saiba, en terceiro de inglesa non hai lingua inglesa, é dicir, que só falas ao comentar cousas en clase, e tendo en conta que temos unha influencia negativa en canto a pronunciación catro horas á semana [12 c.], acabamos falando peor do que falabamos).

Cuarto día: Sherwood Forest e casa de Lord Byron, mola, sobre todo a segunda. Ghostwalk. Recomendable!

martes, 5 de agosto de 2008

índome

Maleta feita. (Case) todo recollido. Mañá a estas horas terei coñecido a 52 persoas novas, e estarei coñecendo a unha familia. Con eles pasarei 3 semanas. e así.
Unha cama nova, uns horarios novos, un país novo (mira, como aquela campanha do Bloque), unha dieta nova (espero non perder 8 kilos como o ano pasado, que volvín feito un fíuncho) (aínda que este ano estiven collendo reservas)...



Por outra banda, hoxe vin no SLQH a pillada que lle meteron aos comentaristas dos partidos da NBA en Cuatro, que bueno, si, dicían burradas, pero pensaban que estaban no descanso... denigrante para a muller? depende. igual teñen unha broma entre eles. Mejode porque Carnicero e moi bo comentando, pero tocaba deixalo mal por ser fillo do seu pai, pois vale, guay. O video está en Youtube, subido por certo periódico madrileño cuxa directora consorte deseña vestidos estrafalarios.


E nada máis, espero seguir escribindo desde aquí, se non dou, pois até o 26! Seeyou!

domingo, 3 de agosto de 2008

minus 3 days

Quedan 3 días para irme a Nottingham, e moito traballo... maleta, cambiar a libras, conseguir un par de cousas que me faltan... entre mentres, mellor pór música.

viernes, 1 de agosto de 2008

Corpus de Transgresións

Cando creei o blogue adquirín un compromiso, que era subir un pequeno corpus de transgresións da máxima de relación que fun recollendo nas clases de pragmáatica. (Nota para non-filólogos: as transgresións da máxima de relación prodúcense cando a continuación dunha intervención non ten relación temática coa primeira intervención ou non son relevantes para a continuación da conversa).
A verdade é que polo medio tamén van cousas non clasificábeis como transgresións, por non dicir cousas directamente inclasificábeis, pero bueno.
A verdade (e esta si que é a verdade)é que maioritariamente son deste último grupo, pero haberá que darlle un berniz filolóxico a este conxunto de pallas mentais.
Aproveito esta oportunidade para mandar un saúdo aos de pragmáatica, dos que supoño que poucos chegarán a entrar aquí (a verdade, calquera cousa que sexan máis de dous de pragmáatica visitando isto sorprenderíame bastante), e tamén para desculparme por adíantado con todos aqueles que se poidan sentir ofendidos ou mal retratados. Lonxe da miña intención facer risa de ninguén, senón con todo o mundo, e aínda máis lonxe que alguén me denuncie (por sorte, C non é CH).

Corpus de transgresións da máxima de relación e demáis ghaitadas:

1-MS: Ai, pero non fóra a ETA?
2-MM: foi moi sincero cando estaba de broma.
3-MM: se alguén estivese nun estado no que sentise a auga fervendo fría, sería posíbel.
4-MM: outra vez meteríamonos na cosa poética esa.
5-C: Ninguén pode comer toneladas de ameixas a non ser que sexa Modzilla
6-C: Só se podería medir cun cantómetro
7-C: João não é um touro porque não tem pel
8-C: As emocións pódense medir en centímetros?
9-C a MM: Eres un pouco Malgache.
10-C1: Caín ao chan!
C2: Oh, que horror!
11-C: Cuidado, que vou producir un LAT
12-C: Hai quen fala moi rápido (MM move a cabeza en sinal de asentimento... moi rápido)
13-C: Garfinkel, non Garfunkel.
14-C: E así se repite: chu-chu-chu, chu-chu-chu.
15-C: Un problema non é algo que te coma o coco e que teñas que ir ao psicólogo por iso.
16-C: Palabra fea, pero verdadeira.
17-C: Nos atacan, banzai! banzai!
18-C: Escribo como as moscas analfabetas.
19A-RP: Ola ven de Hello, en Latín. O vin nun diccionario.
19B-C: Howareyou-howareya, declinación do latín.
19C-C: Latín tardío, das 10 da noite.
19D-C: Todos os loros falan Latín.
20-MM: Saúdote é unha petición. C- (...) MM- Espera, seguro que hai trampa.
21-C: Din os lideres revolucionarios estudantís: "Hai folga!", e todos: "Si, Bwana"
22-J: Dirixir, en sentido de dirixir.
23-C: Eu pido un millón de euros: je-je.
24-C: Bautízote co nome de Fu-Man-Chu.
25-C: Salta por la ventana como Spiderman, o si no, te mato.
-Obviamente non é razonable.
-Ademáis, creo que só hai dous Spiderman en toda Filoloxía
-E son tías, son Spiderwoman. Ou Spiderwomen.
(Dúas semanas máis tarde): "Prefiro suspender Pragmáatica e ir ver Spiderman".
26-MM: Pero por que? Non o meteu na lavadora?
27-MM: E que non podo pensar así porque en literatura nos fan pensar doutra forma e fixarnos nos detalles máis insignificantes.
28-MM: Non sei explicarme. C: Xa, xa sei.
29-MM: Estoume contradicindo a min mesma.
30-MM: Estou pesada hoxe.
31-MM: Temos o placer de anunciarlle que temos un fillo.
32-MM: Pero... iso fanno moito os chinos, non? Bueno, non sei se o fan.
33-C: Xa, xa si, bueno, claro.
34-C: Non, non, non, xa, xa, xa, vamos ver, claro, si, mmmm, non sei, claro, vamos ver...

Bueno, creo que me faltan, pero non atopo máis apuntes, así que en principio vale así.

Taló!

miércoles, 30 de julio de 2008

Dias de vagancia... e Google Street View

A verdade dubidaba se éscribir outra filologada vista en microsiervos... (esa páxina é unha mina).

Pero decidín deixala para máis adíante, e hoxe vou pór só un pouco de música... a pereza éche o que che ten...



Bueno, polo messenger acabanme de falar do Google Street View, e xa van un par de persoas que me comentaron que ian ir pola Coruña (por suposto sen fontes)... parece ser que por Valencia e Sevilla xa foron (o que presupón que por Madrid e Barcelona tamén)

Por certo, voilá un video que avisa dos posibles males do Street View... sei que o vin na web de alguén, pero non lembro de quen, así que se alguén ten o pracer de dicirmo eu terei o pracer de linkealo.



Un saúdo!

lunes, 28 de julio de 2008

Deleznabilidades

O meu blog ten un título que non é casual... como saberá moita xente unha das miñas palabras favoritas é "deleznable", palabra que aplico a xente/cousas sen moito xeito, que provocan vergoña allea, que fan algo co que non estou dacordo, ou que simplemente me apetece dicirllo...

É por iso que unha das categorías deste blog vai ser a de deleznabilidades. E pretendo que nesta categoría vaian esas cousas ás que eu podería considerar como deleznables.

Así, e despois desta introdución bastante deleznable per se, subo a miña primeira deleznabilidade, unha da que a Mosqui (que non sei se lerá isto, esperemos que algún día) mais eu fixemos bastantes parodias na nosa época de comediantes improvisados nos recreos/descansos daqueles dous anos de Bacharelato...

aí vai:



Un saúdo!

domingo, 27 de julio de 2008

A linguaxe SMS afecta á estatística?

A raíz dun WTF? visto en Microsiervos, xurdiume unha reflexión...

Polo que aprendín naquela materia de lingüística e informática sei que, por moito que nos joda aos filólogos/lingüistas, os sistemas estatísticos puros de control/corrección/tradución automática de textos son máis efectivos que os sistemas lingüísticos puros; aínda que o ideal sería a combinación de coñecementos lingüísticos e estatísticos.

Porén, a economización (de espazo dos programas, e de recursos humáns e financieiros) fan que o sistema rara vez combine ambos tipos de coñecementos.

Os sistemas estatísticos, que son os que interesan hoxe, podense clasificar en dous tipos: os que se basean en corpus (bases de datos) pechados/preestablecidos/vixíados/correxidos (isto é, lingüísticamente cuasecorrectos) e os que se basean na retroalimentación, é dicir, nas estatísticas baseadas nas propias búsquedas... como fai Google ou outros buscadores.

Os sistemas de retroalimentación son económicos pero non lingüísticamente correctos (non se vixía a corrección lingüística do texto, ergo, non se paga a ninguén que o vixíe, aínda que a necesidade de actualizacións continuas da formula estatística de búsqueda tamén conleve un desembolso económico)... pero... (e aquí chegamos á cuestión):

É realmente importante que os buscadores devolvan resultados lingüisticamente correctos? Pois... depende.
Que se busca?
Fontes para un traballo? É importante. Corrección no uso da lingua en xeral? É importante. Datos a secas? Non é tan importante... de feito, segundo o caso pode ser contrario a este obxectivo.

Nun sistema sen revisión ortográfica, unha búsqueda aproximada, aínda que non correcta lingüísticamente, nos devolvería as páxinas non escritas correctamente, que, nunha rede dominada pola linguaxe SMS, teñen un volume considerable... (aínda que isto tampouco sei ata que punto pode ser aceptado sen máis).

Pensemos por exemplo que busquemos información sobre Carvalho Calero... igual nos interesa que nos aparezan tamén as páxinas nas que apareza nomeado como Carvallo Calero e Carballo Calero, non?

A darlle unha volta. Talogo!

sábado, 26 de julio de 2008

26-X: Dia nacional da resaca, e cambio de plans!

Oxe dia tirado, de erguerse tarde, seguir a ler Trainspotting, ver deportes pola TV (Calderón moi nervioso... :S) e de non facer nada en xeral. Agora acábome de enterar de que non vou a Nottingham, senón a Port Talbot, unha cidade industrial vida a menos despois da reconversión (como Drogheda), pero con cousas bonitas segundo pon na Wikipedia, e en Gales!!! Tiña ganas de ir a Gales, a ver que tal por alí...

viernes, 25 de julio de 2008

Santiago Xullo'08

Tati, Adri, Adriana, Efrén, Gian, San e mais eu e logo Darío e Nuria:

Martes:
Chegamos a casa (15:40), hai que ir a Area Central. Chilindradas: 42€
Piscina e Algas que non se van, Pistolas de auga, Volley-Auga.
Pizzas. Singstar día 1. Vodka-Limón, Heineken de Barril, Claras de limón...

Mércores:
Desayuno, Area central. Comida decente para dous días: 35€ (o que hai que ver). Buzz. Guitar Hero (Chego o nivel 5--- I can't believe it!) Cociña: Macarróns Luis (Hiperfamosos, proximamente na sección cociña) para 9 (eramos 7 a comer). "-Es que yo cuando miro una pota pienso que me va a hablar... (silencio con planta rodadora + risas)... es que vi demasiadas veces La Bella y la Bestia (risas #2). -No era una pota, era una tetera... -Ai, es verdad, era una tetera! (risas #3)." Máis Singstar... saímos ou non saímos?? Chove--- Ufff--- Máis Singstar aínda! Microfonazo pasándomo, labio partido. Dor de boca, dor de cabeza, sono, ganas de durmir, mala ostia...

Xoves:
Desayuno tardío... 3 horas cociñando... resultado: Primeira ensaladilla da historia culinaria de Luis cocinillas (disque sosa) (Próximamente tamén na sección cociña, que é posible que se chame, "cociña para negados"). San marcha. Arreglarse. Nuria e Darío chegan. A familia de Adri chega. Cena. Empanada rica. Saímos. Fogos. Encontros inesperados. Orquesta. Bailes etílicos al son de la bachata (isto só podería facer que esta sección fose na categoría "deleznabilidades"). Chamadas intempestivas. Doenme os pes. Postos de artesanía ou non-artesanía. Compro pendiente. Teño sono. Teñen fame! Buff. Ás 5 na casa.

Venres:
Durmo pouco desayuno pronto. Arreglarse. Levo as cousas. Despídome e marcho. Movo o coche. Vou pa alameda. Non vexo a ninguén. Marcos e Avia... Manifa. Groupies de Marcos (XDDD). Máis encontros inesperados. Chega Xandro. Imos comer. Un pouco de Licorcafé, non moito que levo o coche. Dando voltas polo Festigal. Moita xente coñecida. Ferreiro omnipresente. Corro do Festigal á rúa do Ruta en 8 minutos. Volvo a mover o coche. Fago de transportista. Facer tempo, mirar camisetas (Gústame Nicetrip. A miña opción mental de vida profesional allea á filoloxía número #2 é ser deseñador de camisetas tipo Nicetrip ou Rei Zentolo... aceptaríanse socios). Ir para Coruña. Desvío a casa de Avia a deixar as cousas. En Vilaboa ás 23:15.


Canción escoitada hoxe:
E se vas a Vilaboa
non leves á muller
que haiche moita picaresca
e cha poden foder...
So... a ter coidado! Talogo

lunes, 21 de julio de 2008

Seguimos a ilo

Bueno, pois seguimos actualizando isto, xa puxen os vínculos ao lado das páxinas//blogs que visito, aínda que sexa sixilosamente e sen deixar (case) nunca comentario... Teño xa varias ideas sobre entradas que farei, algunha que copiarei dalgún outro proxecto blogueiro non fructificado... así estamos. Polo de agora de 6 a 26 me servirá de caderno da viaxe a Nottingham.

Changing de tema, quen lese o que escribo no Tuenti saberá que ando lendo Trainspotting, e que polo de agora, se ben eu son bastante inconstante na lectura, me está gustando bastante, aínda con altibaixos.
O formato (Conxunto de short-stories multifocais interrelacionadas) préstase aos altibaixos, pero Irvine Welsh deixa momentos grandes, sexa en forma de párrafo, de fragmento ou de capítulo enteiro.

"I fucking detest televised football. It's like shagging wi a durex oan. Safe fuckin sex, safe fuckin fitba, safe fuckin everything. Let's all build a nice safe wee world around ourselves..."

E ala, ia reflexionar algo máis pero non me da hoxe a cabeza.

Talogo

domingo, 20 de julio de 2008

Balance dun mes de verán

Bueno pois isto vai...


Cambiando de tema, estamos a 20 de Xullo e case non disfrutei do verán, case non descansei, durmin pouco, desconectei pouco...

e o 6 marcho de novo, 3 semaniñas de curro... e pseudo-inmersión lingüística.


Balance do ano pasado:

Pros: experiencia como monitor, os rapaces, pasteis de mazá, libros, Irlanda e, sobre todo, Dublín

Contras: a casa na que durmiamos 20, aquela señora, perder 8 kilos en tres semanas, a movida da emo-teen e a dos animistas, non falar (case) inglés.


Este ano creo que vou con algo de reservas para perder outra vez 8 kilos, pero non quero pasar tanta fame...

Comezando

Bueno, pois iso, que comenzo isto... aínda non teño moi claro como vai todo, polo de agora só experimento co HTML, pero creo que algo vai indo.



Saúdos!
 
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet