Podería falar do meu primeiro día de traballo na bolsa, pero hoxe vou escribir algo sobre unha pequena perversión of mine:
Sigo as enquisas das eleccións americanas.
Non o podo resistir, a política estadounidense resúltame ao mesmo tempo complicada, sorprendente, desconcertante e fascinante.
Gústame ler artigos e enterarme das últimas novidades, e hoxe gustaríame compartir un par de webs.
Miro bastante Politico, con artigos largos e profundos que as veces non chego a entender (falta de Background cultural, supoño).
Tamén me gusta moito a sinxeleza infográfica dos mapas (1, 2) de Real Clear Politics, aínda que os artigos frouxean un pouco, na miña opinión.
A CNN xa ten un especial, un pouco conservador no tocante ás enquisas, por certo.
E, por último, o especial da Wikipedia inglesa, completísimo.
Por outra parte, tamén é curioso (e da moito que pensar, sobre todo se o comparamos co mapa 1 de Real Clear Politics), o mapa do gasto dos candidatos por estado.
Aínda queda un mes e 3 días até o Election Day, e eu seguirei enchufado.
Un saúdo!
Actualización. Mirando os mapas de Real Politics, vin que hai a posibilidade de facer os teus propios exercicios de política ficción. Que pasaría, por exemplo, se os 6 estados nos que Obama vai diante por menos dun 3% dos votos (Nevada, North Carolina, Virginia, New Hampshire, Ohio e Florida) caesen do lado de McCain??...
Isto:
miércoles, 1 de octubre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 Transgresións da máxima de relación:
Moi boas as referenzas, sorprendéronme as cantidades :O Sabía que eran enormes... pero, tan enormes??
Bufff..
Xa só quedan 27 días para despexar a incógnita... segundo din os meios, no debate de onte McCain non mellorou o seu discurso... polo que Obama segue a ser o favourito... xa teño ganas de que se resolva o misterio...
Publicar un comentario