Había dúas cousas que quería facer no blogue que aínda non fixen...
Unha era meterlle ao blogue algunha das miñas comidas favoritas, xa que se pode dicir que a comida é un dos meus vicios...
E a outra era comezar a facer algún xogo ou concursiño para darlle algo de carallada ao blogue:
Así que, señoras/es, que é isto?

O premio a quen o adivine, ademais do meu respeto persoal, está por decidir, mais supoño que terá algo a ver cun convite a algo (échoqai, que as carteiras dos bolseiros non dan para máis).
17 Transgresións da máxima de relación:
un fósil?
Non é un fósil... Sigue Buscando
pode ser unha imaxen dun furacan mariño?
Non é un furacán mariño.
un furacán fosilizado mariño?
o ollo dun peixe con conxuntivite
Polo de agora nada. Tamén me dixeron por aí unha foto aérea dunha mina a ceo aberto. Tampouco.
A lúa pola tarde?
É un ollo :)
Nin ollo nin lúa...
arf
mármol?
un cráter?
a desembocadura dun río ou algo?
unha pedra?
Supoño que aparecera despois a mensaxe, pero como polo de agora non aparece repitoa. Achegadevos moito mais polo de agora errades. reineta achegouse moito. E saúdos a saltimpunkinta se é que é novo.
tamén me parece unha catarata pero non me podo imaxinar ningunha redonda... grr
Publicar un comentario