Mostrando entradas con la etiqueta Reflexións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Reflexións. Mostrar todas las entradas

jueves, 7 de octubre de 2010

De Premios Nobel

E ao final déronlle o Nobel a Vargas Llosa. Pero non vou falar das súas virtudes literarias (máis que nada porque non sería obxectivo, non me gusta, mais tampouco me gusta García Márquez e non estou en contra de que lle concederan o Nobel). E si das súas ideas sobre a cultura en xeral e o respeto ao diferente.

Vargas Llosa é patrono de UPyD e foi o primeiro firmante do Manifiesto por la Lengua Común. Lembremos que neste texto atopamos pequenas lindezas como que:

es un deseo encomiable aspirar a que todos los ciudadanos lleguen a conocer bien la lengua co-oficial (...) Pero tal aspiración puede ser solamente estimulada, no impuesta.

Es lógico suponer que siempre habrá muchos ciudadanos que prefieran desarrollar su vida cotidiana y profesional en castellano, conociendo sólo de la lengua autonómica lo suficiente para convivir cortésmente con los demás y disfrutar en lo posible de las manifestaciones culturales en ella.


Tamén se inclúe neste texto unha proposta de modificación lexislativa, onde se blindaría o español, negando os dereitos de atendemento na lingua propia, entre outros. (p.3 do manifesto).

Porén, este non foi o seu único punto escuro. En 1983, Vargas Llosa foi o presidente da Comisión de Investigación do caso Uchuraccay, onde se investigou o asasinato de 8 xornalistas que foran a unha aldea a investigar anteriores asasinatos, presuntamente a mans de forzas paramilitares. A comisión de investigación exculpaba ás forzas armadas (malia que probas posteriores acabarían inculpando a algúns dos seus cadros) e culpaba aos indíxenas para exculpar aos militares, o que lle valeu unha importante cantidade de críticas por parte de antropólogos denunciando que só buscaba chivos expiatorios das accións do exército e acusándoo de ignorancia e falta de respeto cara aos costumes indíxenas, paternalismo e de ver "as culturas indixenas como un obstáculo para a plena realización do seu ideal occidental do modelo de modernidade".

Na miña opinión non pode ser Premio Nobel en Literatura, supostamente o premio máis importante nesta arte, un home que non respeta culturas diferentes ás súas, que aposta por un modelo aculturizador, na vangarda do neoliberalismo uniformizante na aculturalización e proletarización dos diferentes povos. Como leramos na visita á exposición de John Berger na Coruña: "Todo usurpador fará o que estea na súa man para conseguir que nos esquezamos que vén de chegar". Entre estas cousas está o proceso de aculturalización dos usurpados.

Así, porque non creo que o modelo de literatura a premiar sexa o que defende o imperialismo cultural, o desprezo ás culturas non mercantís, indíxenas ou simplemente diferentes; para min este ano o Nobel de literatura ficou deserto.

lunes, 30 de agosto de 2010

E queren que paguemos máis.

Eles poden non cumplir o que publicitan, nin en velocidade de conexión nin en calidade do servizo, poden externalizar a atención ao cliente, poden pasar da confidencialidade dos datos e vendelos a terceiros sen que o consumidor/usuario poida facer nada.
Uns poucos, porque somos poucos, tentamos aproveitar aquilo que contratamos. Unha liña de subida e baixada de datos de x kbps, que queremos aproveitar porque para iso a contratamos. Pero claro, cumplimos o noso contrato. Até os límites. Non pode ser. E queren que paguemos máis.

Hai dous elementos especialmente rastreiros neste comunicado: 1º o recurso á infrautilización do lexítimo dereito de suba e baixada de datos que teñen certos usuarios como defensa do argumento de Movistar, ("que uns paguen máis, porque se non os que non usan o que contratan están... pagándolles a eles!?") non señor, están pagando polo dereito a usar o que contratan, igual que paga o socio dunha piscina que non vai a ela. O problema é, precisamente que non sexan máis os que exerzan o seu dereito de usar o que contratan.

O 2º aspecto é que os proveedores de rede dan un acceso a esta cobrando unha cantidade, que depende de múltiples variables, a cambio do coidado e desenvolvemento desa rede. Os proveedores de rede queren cobrar tamén aos proveedores de servizo e aos usuarios pola cantidade de uso desa rede. E estes proveedores de rede, a maioría dos mesmos polo menos, non cumplen a súa parte do contrato, a saber, o coidado e o desenvolvemento da rede! É dicir, alugas unha casa, e non só che queren cobrar o aluguer (o dereito a usala), senón tamén, á parte, o uso que fagas dela, e iso que a casa ten pingueiras e cortes de electricidade que poderían servir para romper o contrato... pero claro, necesitamos unha casa, necesitamos a conexión. E eles queren que paguemos máis.

martes, 10 de agosto de 2010

Ven a nós, ao Oeste...



Aínda que a nosa situación non sexa tan dramática coma a do Scottish Gaelic, non podo máis que facer meu o estribillo, e animar a quen sexa a vir con nós, ao Oeste, a escoitar a lingua dos heroes, a lingua dos galegos...

jueves, 15 de julio de 2010

Rosalía

Hoxe fanse 125 anos da morte de Rosalía de Castro, bo momento para lembrar un poema dela. Estiven tentado de poñer algún da Rosalía íntima e sensual, ou da Rosalía anticlerical, mais teño que poñer 'A Xusticia pola man'. Un poema que sempre me gustou, e un poema especialmente relevante nestes días (como se tivese habido outros nalgún momento) onde a miseria da xustiza cega ao sentir das xentes, dunha xustiza arrogada de poder divino, que debe de estar como o bon Dios, tan alta que non oe; ten máis relevancia que nunca, pois, non nos esquezamos, aqués que tén fama de honrados seguen vivos, e seguén roubando brancura, botando estrume, poñendo a roupa en tiras e non deixando nin pedra. Sobran os exemplos.


A xusticia pola man



Aqués que tén fama de honrados na vila,
roubáronme tanta brancura que eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.

Nin pedra deixaron en donde eu vivira;
sin lar, sin abrigo, moréi nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos..., ¡meus anxos...!, que tanto eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!

Quedéi deshonrada, mucharonme a vida,
fixéronme un leito de toxos e silvas;
y en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.

-¡Salvádeme, ou, xueces!- berréi...¡Tolería!
De min se mofaron, vendéume a xusticia.
-Bon Dios, axudaime- berréi, berréi inda...
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.


Entonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño... ¡Ne as herbas sentían!
I a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.


Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe, ¡dun soio!, deixéinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.


I estonces..., estonces cumpréuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man que os ferira.

viernes, 9 de julio de 2010

Paradoxos

Querían ser unha nación.

E de acordo con esta idea, amosaronse:

120 deputados de 135 no Parlament de Catalunya

189 deputados de 350 no Parlamento do Estado Español

Un 73,24% dos cataláns, chamados a votar en referendum.



Porén, isto non vale nada, xa que, para 10 xuices:

A constitución "no conoce otra nación que la española" e "la ciudadanía catalana no es sino una especie del género ciudadanía española".

10 persoas teñen máis poder que o conxunto dos cataláns, preguntados nunha das escasas ocasións de participación popular da que nos provee este réxime pseudodemocrático, que os representantes destes mesmos cataláns no seu Parlamento e que os representantes de todos os habitantes do Estado, no que teoricamente é o máximo órgano lexislativo. O poder xudicial rebélase ante a vontade popular expresada tanto cuase-directa como mediadamente.

E aínda dirán que vivimos nunha democracia.

sábado, 1 de mayo de 2010

O Gato e as maiúsculas

Quen non coñece a canción do Gato?

A letra canta así

Xuntáronse catro un día,
os millores deste barrio,
mataron un gato a tiros
e o meteron nun saco.

Vai o gato metido nun saco,
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
ai, gatiño! xa non volve máis.

Que mal lles parecería
a calquera deses catro,
que os meteran nun saco
como meteron o gato.

Vai o gato…

Aquel gato era un artista,
traballaba na ribeira,
agora é un bañista
na praia da Castiñeira

Vai o gato…



Unha canción que nos fala doutro tempo. Que nos fala dunha época na que para dicir as cousas en público, moitas veces, facía falta transmitilas dunha forma encriptada, e ao receptor faríalle falta ler entre liñas. Neste caso, poñer unha maiúscula a todas os "gatos" para que de nome de animal pasen a ser Apelido de persoa. E velaí que a alegre cantiga popular pasa a ser unha canción protesta chea de tristeza e de, sobre todo na segunda estrofa, retranca:

Xuntáronse catro un día,
os millores deste barrio,
mataron un Gato a tiros
e o meteron nun saco.

Vai o Gato metido nun saco,
vai o Gato prá terra da Laxe;
vai o Gato metido nun saco,
ai, Gatiño! xa non volve máis.

Que mal lles parecería
a calquera deses catro,
que os meteran nun saco
como meteron o Gato.

Vai o Gato…

Aquel Gato era un artista,
traballaba na ribeira,
agora é un bañista
na praia da Castiñeira

Vai o Gato…


Porque a mellor forma de non esquecernos de todos eses Gatos é contar as súas historias para que non se esquezan, non hai mellor que difundilas, neste caso cantándoa, como fixo O Leo, que nos contou o significado desta canción no transcurso das III Xornadas Lingua Literatura e Nación que tiveron lugar na Facultade de Filoloxía.

lunes, 22 de febrero de 2010

De manipulación educativa...

Escoitado hoxe na Radio Galega indo cara ao campus, polo señor Roberto Blanco Valdés:

É que se collemos a uns nenos aquí, ou en Barakaldo, ou en Sevilla, e lles dicimos que son chinos, ensinamoslles historia de China, as tradicións de China, e en Chino; non digo que se lles poñan os ollos rasgados, pero seguro, seguro, que se cren que son chinos.



Despois de estudar as "Seis Fundaciones de España", todo o catecismo da historiografía española, a súa cultura, etc. e, por suposto, maioritariamente en español, e inculcándoseme o marco político da falsa idea da unidade da "Nación" Española... pois vai ser que non creo que sexa español, señor Blanco Valdés.

Mala sorte na transmisión da súa falacia de hoxe, ténteo de novo noutra ocasión.

miércoles, 17 de febrero de 2010

Un pouco de lexislación...


PLAN XERAL DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, aprobado polo Parlamento de Galicia o día 21 de Setembro de 2004 (BOPG nº622, do 7 de setembro)*

Área 1. Ensino. Grupo de medidas 2.1.H

Grupo de medidas 2.1.H.

Medidas
2.1.26. Na educación primaria, garantir que, como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego. Á parte da área de coñecemento do medio natural, social e cultural, xa fixada legalmente, fomentarase que se impartan nesta lingua materias troncais en toda a etapa, como as matemáticas.

2.1.27. Na educación secundaria obrigatoria, garantir que, como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego. Dentro das posibilidades de cada centro, tenderase a que entre as materias que se impartan nese idioma figuren as matemáticas e a tecnoloxía, á parte das que xa están legalmente establecidas.

2.1.28. Nos bacharelatos, garantir que, como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego.

2.1.29. Nos ciclos formativos, garantir que, como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego. Deberase asegurar, ademais, que o alumnado coñeza o vocabulario específico da especialidade en lingua galega.



*O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega foi aprobado por unanimidade na sesión do Parlamento de Galicia do 21 de setembro de 2004. Naquel momento era presidente da Xunta De Galicia D.Manuel Fraga Iribarne, e vicepresidente da Xunta de Galicia D.Alberto Núñez Feijoo.

miércoles, 7 de octubre de 2009

A ciencia galega tampouco necesita tesoiras

Nesta semana levase a cabo unha iniciativa impulsada polo blogger Aldea Irreductible denunciando que a maior redución nos orzamentos do estado recae no Ministerio de Ciencia.



Este redución é, obviamente, un sinsentido. Se algo lles debería ter ensinado a recente crise económica aos señores gobernantes, empresarios e especuladores é a absoluta necedade de pretender cimentar un crecemento económico nos alicerces da construción. A decembro de 2005 (datos máis recentes, que coa crise seguro que se viron aumentados) había 3.350.000 vivendas vacías no conxunto do Estado. A pesar diso, síguese construíndo, síguese gastando diñeiro na construción, e síguese dando diñeiro a un ministerio, o de vivenda, cuxas competencias teóricas están transferidas ás CC.AA. Por que se mantén este gasto? Supoño que en boa medida pola incapacidade do goberno de recolocar estes traballadores, e que por iso o goberno aprobou o tan famoso Plan-E. Mais iso, que non se enganen os gobernantes, non son máis que remendos.

Un sistema económico serio non pode estar baseado no ladrillo. Deberá estar baseado na innovación, na investigación, no desenvolvemento tecnolóxico e, agora, co cambio climático, na industria non contaminante ou incluso paliadora da contaminación.
Mentres outros gobernos reaccionan pagando plans de recolocación de obreiros da construción a obreiros da industria das eólicas ou das solares, por exemplo, o que permite dunha soa vez baixar o paro, baixar a importancia da construción na economía e evitar o uso de combustibles fósiles para a produción de enerxia... o goberno español recorta un 13'57% o orzamento do CSIC. Non hai innovación, non hai investigación... o único que hai son ganas de volver tropezar coa mesma pedra do crecemento económico especulativo e altamente contaminante.

Quen me teña lido o blogue saberá do meu posicionamento político-económico roxo-verde. Creo que a crise económica era unha oportunidade para que o goberno do estado abrise os ollos e puidese adoptar unha política decidida de crecemento económico produtivo e de superación das industrias contaminantes... e non fixo nin unha cousa nin outra. Unha oportunidade perdida. Outra máis.

Porén, moito peor é a situación da ciencia galega. Cun goberno galego que predica austeridade, os investigadores galegos deberían comezar a aforrar. A situación dos investigadores galegos, salvo excepcións, é penosa. Pasan máis tempo dedicados á burocracia que á investigación, tentando asegurar os poucos cartos do seu grupiño de investigación, e a facer curriculum antes que a descubrir algo novidoso.

Se nos centramos na financiación, hai que ter en conta que a investigación galega fóra das Universidades é mínima, e que a Consellería de Educación ten ás Universidades afogadas económicamente mentres que destina os cartos do seu departamento a loitar contra unha suposta imposición lingüística inexistente, nun exercicio da maior paranoia esquizofrenoide do centralismo galegófobo que lles levará a escoitar a voz da rúa por segunda vez o vindeiro día 18. Ao mesmo tempo, a Xunta gasta billóns en obras faraónicas sen sentido como a cidade da cultura e fomenta a división localista facendo que os alcaldes se pelexen por aeroportos e facultades de medicina.

Os galegos necesitamos unha capacidade investigadora decente de cara a abandonar os modelos económicos insostibles, especulativos e perniciosos para o medio. Non máis hidroeléctricas no Sil, non máis piscifactorías en Touriñán, non máis eólicas especulativas: diñeiro para investigación e desenvolvemento, economía verde, produtiva, e que revirta nos galegos facendo avanzar á sociedade.


Menos formigón e máis microscopios.

martes, 29 de septiembre de 2009

Raiadura



Pois igual de rallantes son Negreira, Losada e Paco Vázquez co puto LA da Coruña. Que se cren que A Coruña é L.A... pois non! A gastar os cartos do concello noutra cousa!

Museos e auto-odio.

Leo en Chuza que o 60% nunca visitan os museos de arte da comunidade.

Esta estatística, triste en calqueira caso, faime pensar: Por que non os visitan?

Ocúrrenseme diferentes causas, pero antes da nada imos investigar:
Atopo na páxina de Museos de Galicia a listaxe dos museos cos que se fixo a estatística.
Miro a lista dos museos da provincia da Coruña e a verdade é que atopo unha oferta ampla e variada, se ben bastante concentrada xeograficamente.

Podería ser esta a causa? Podería, mais en calquera caso non parece motivo suficiente.


A oferta é variada, e incluso atractiva. Podería mellorar con mellor financiación, mais iso xa sabemos que é un imposible tratando de gobernantes e materia de cultura.

Demográficamente é verdade que temos unha poboación avellentada, e que moita xente nova pasa de museos e da chamada "cultura institucional"... máis só un 40% de visitas, cando ademais este estudo inclúe os grandes museos da Coruña ou recintos de tanto valor como Santa Tegra ou o Castro de Viladonga... non sei, parece que hai algo máis.

Entón, cal é a causa?

A min só se me ocorre unha: a falta da posta en valor da cultura propia, do noso megalitismo, da nosa etnografía e antropoloxía, de nós mesmos, á fin e ao cabo. Para unha boa parte da poboación o noso non ten valor.

O auto-odio. Do noso, do carro, dos camiños, dos montes, das carballeiras, das muiñeiras, dos castros, e, sobre todo, da cultura e da lingua galega.

O outro día subín unha entrada, que entre outras cousas trataba da transmisión de obxectivos dunha xeración a outra. Creo que xa sei cal é o obxectivo da nosa xeración. A nosa xeración debe eliminar o auto-odio dos galegos, e que nos recoñezamos como o que somos, membros dun povo con características culturais, etnográficas, sociolóxicas e lingüísticas propias que TEMOS que conservar. Ese é o noso obxectivo. É un compromiso, coas xeracións que viñeron antes, e, sobre todo, coas que han de vir.

sábado, 19 de septiembre de 2009

Temos unha visión




Tivemos unha visión

Na escuridade da desesperanza tivemos unha visión. Acendimos a luz da esperanza. E non se extinguiu.

No deserto do desalento tivemos unha visión. Prantamos a árbore do valor. E floreceu.

No inverno da servidume tivemos unha visión. Derretimos a neve do letargo. E o río da resurrección dela naceu.

Mandamos a nosa visión nadar coma un cisne no río. A visión tornou realidade. O inverno tornou verán. A servidume tornou liberdade. E isto vos deixamos como herdanza.

O! xeracións da liberdade, lembrádenos, a nós, xeracións da visión.



Tradución libre do poema
"We saw a vision",
de Liam Mac Uistin,
tal e como se pode ver nos
Gardens of Remembrance,
"dedicated to those who gave their lives
in the cause of Irish freedom".

miércoles, 15 de julio de 2009

Oh montañas de Galicia!

''Oh, montañas de Galicia. Cuya por decir verdad, espesura es suciedad, cuya maleza es malicia, tal que ninguno codicia. Besar estrellas pudiendo, antes os quedais haciendo desiguales horizontes; Al fin, gallegos y montes, Nadie dirá que os ofendo.''


Luis de Góngora





Porén, eu non vexo nin espesura suxa, nin maliciosa maleza...

A verdade é que prefiro as marabillosas e húmidas paisaxes dun Teixedal de Casaio



que as túas secas chairas cordobesas...



Non se podería dicir, tocaio Góngora, de Córdoba que "Cuya por decir verdad, espesura es suciedad, cuya maleza es malicia, tal que ninguno codicia." Aiii... a palla no alleo e a viga no propio...


algo tan habitual nos poetas españoles!

lunes, 15 de junio de 2009

Pure gift

The heart begins to beat thirty days after conception, when it is only the size of a breadcrumb. The first beat, coming from nothing, is pure gift. The first beat makes another death, before or after many passions, inevitable.



John Berger. (1992). Lilac and flag. p.136.

sábado, 30 de mayo de 2009

Ateismo

Tuvo que ver con ello [a dúbida sobre a verocidade literal da Biblia] la difusión de la teoría darwinista, a partir de la década de 1860, sobre todo la idea de que el mundo había evolucionado durante muchos millones de años. Si la humanidad surgió gradualmente de una serie de especies inferiores, entonces quedaba muy poco sitio para la Creación y otros hechos que se relatan en el Génesis.

(JENKINS, Philip (1997) Historia de los Estados Unidos. Madrid:Alianza Editorial p.253)


Ten coña que mentres fago a recensión do libro de Historia de Estados Unidos atope o motivo que me levou a ser ateo. Eu decidín que algo cheiraba mal na cidade do Vaticano cando con oito anos, lendo un libro sobre dinosaurios, vin que se extinguiran hai 66 millóns de anos. E dinme conta que 66 millóns de anos non cabían nos sete días nos que Deus creou o mundo segundo o Génesis. Así que decidín que rexeitaba todo iso, e nin a comunión fixen.

A min salvoume un libro de dinosaurios. O que é triste é que ese libro de dinosaurios non puido ser lido no estado de Kansas, USA, de 1999 a 2001 e de 2005 a 2007. (+ info)

Como xa dixen outras veces, para unha cidadanía acrítica non hai nada mellor que fomentar a ignorancia. En Washington e en Roma sábeno ben.

domingo, 12 de abril de 2009

Pequenos placeres da vida

Os domingos pola mañá, Vilaboa perde 30 anos e deixa de ser un suburbio para volver a ser a vila pequena que era.
Ir polo pan e ver pouca xente pola rúa, case ningún coche... que che atendan, e volver para a casa comendo un anaco de pan e sentindo como o sol che acariña a cara...

hai momentos que quererías que se alongasen todo o posible!

lunes, 23 de febrero de 2009

Pais normalizado, pais normal, pais?

Rosa Díez: "no queremos ser una sociedad normalizada, ni política ni lingüisticamente; queremos ser una sociedad normal"


Un estado que aínda lle ten gardas ao Gernika non está nunha situación normalizada.



Para ser unha sociedade normal, primeiro habería que ser unha sociedade.

Capitalismo cultural

Non hai moito tempo lin que algo vai mal nun país cando o soño da xuventude é convertirse en funcionarios...
E eu teño que discordar. Non polo contido desa oración, senón polo trasfondo, polo seu significado profundo.

E é que o problema precisamente é que o sistema non quere funcionarios. O sistema busca a máxima eficiencia, o mínimo gasto e o maior beneficio. E para iso se necesitan traballadores. Man de obra, barata, deficitariamente formada, e traballando para a empresa privada.

Pero iso non é do que ía falar. O motivo deste post é un comentario sobre ese día no que o sistema chegou á Universidade, e decidiu meter man a fondo.

Para isto inventou un concepto, o de "rentabilidade financieira dos títulos" co que se garantía que o Estado, a maquinaria, non despilfarraría diñeiro, fondos públicos, en carreiras que non creasen riqueza, é dicir, en carreiras que non formasen o tipo de traballador do que falaba arriba. Porén, como isto non se pode dicir así, foi inventado o concepto de "rentabilidade financieira".

O problema principal da aplicación do concepto de rentabilidade finacieira aos estudos universitarios é obvia: A formación universitaria en Humanidades é por definición financieiramente deficitaria, e é, polo tanto, posta en xaque pola aplicación do concepto.

E aquí está o quid da cuestión, posto que os defensores da "rentabilidade financieira dos títulos", ou, noutras palabras, do neoliberalismo aplicado á educación superior, aceptan con naturalidade este xaque, dicindo, textualmente, que "si las filologías tienen cuatro alumnos, pues abrá que cerrarlas, que el Estado no puede despilfarrar dinero".Pasando por alto a evidente falacia de dicir que as filoloxías teñen catro alumnos, o que me resulta preocupante é a naturalidade coa que se defende o peche dunha carreira por mor da súa non-rentabilidade económica.

Esquecen, os que así pensan, o valor cultural das carreiras humanísticas, únicas formadoras, na práctica, de profesionais nun campo, que se ben non-rentábel, é imprescindíbel para a existencia dunha comunidade cultural como tal. Alguén imaxina un país sen literatura, sen arte, sen música, sen coñecemento da súa historia, sen LINGUA? Pode existir literatura sen escritores, ou arte sen conservadores se non hai titulacións que os formen ou os estuden?

Estes defensores da "rentabilidade financieira dos títulos" carecen de cultura. Son seres aculturais e aculturizadores, defensores do "capitalismo cultural", unha doctrina que se resume nun só punto:

Só ten valor o que é economicamente rentábel.


E eu négome a aceptar isto. Un país sen cultura non é un país, é un feixe de billetes unidos debuxando un territorio.

Boloña, e a súa sentencia de morte para as humanidades, non é máis que unha manifestación máis dun proceso xa de sobras coñecido, manifestado nos onerosos atrancos económicos ao acceso á cultura neste estado, onde o principio de gratuidade dos fenómenos culturais brilla pola súa ausencia, e, o que aínda é peor, os autores posicionanse do lado do sistema e o toman como bandeira, buscando únicamente a rentabilidade económica, sen percatarse da ferida feita á cultura co seu posicionamento.

Porque sen cultura, non hai critica, non hai cuestionamento, hai seguidismo borreguil non por querencia, se non por apagamento a través do fomento da ignorancia.

Como dixo Kafka (vía CaféProcope, o blogue de Denís)
"A literatura é sempre umha expedición cara a verdade."


Debemos desconfíar de quen non quere literatura, e, polo tanto non quere unha expedición cara a verdade. Debemos desconfíar de quen dí que a cultura non é rentable. Debemos desconfiar de quen quere que o que o pobo aprenda sexa únicamente o rentable. Debemos desconfiar de quen quere controlar o que a xente ten que aprender.

Porque, dándolle a volta ao argumento inicial, cando realmente algo vai mal nun país é cando falta cultura.

sábado, 31 de enero de 2009

Google-dependencia?

Señores, hoxe Google caeuse. De 15:45 a 16:18, pero o asunto e que Google caeu, e o mundo case deixa de xirar.

En media hora e comezo a escribir ás 16:20, a nova está en Chuza, Reddit, Twitter, Meneame (onde foi publicada en 8!!!! minutos), e múltiples blogues, incluíndo este.

e isto en media hora!!

Definitivamente somos Google-Dependentes.

Subo imaxes:



viernes, 2 de enero de 2009

"El precedente de Sarajevo"

Corto-colo o artigo de Miguel A.Murado na Voz.

En los años noventa Sarajevo estaba sometido a un bloqueo y era bombardeado regularmente, como Gaza. Desde dentro, las milicias bosnias se defendían como podían, lanzando morteros contra las localidades proserbias vecinas. Nadie dudaba del derecho de los asediados a defenderse, mientras se condenaba claramente el bloqueo y el bombardeo de Sarajevo.

Hasta que al fin el diplodocus de la diplomacia se decidió y puso fin a aquello por la fuerza pasó mucho tiempo. Pero lo que no se cuestionó jamás fue el derecho de Sarajevo, al menos, a un corredor humanitario protegido por las fuerzas.

El caso de Gaza es similar. No es idéntico, porque la violencia que emplea Israel es mucho mayor que la de los serbios contra Sarajevo, igual que la violencia de Gaza es mucho menor que la de los bosnios. Pero, salvo este desequilibrio que convierte a Gaza en un caso más grave, la casuística es la misma en derecho internacional y humanitario. Sorprende, por tanto, que no se considere ahora ninguna de las medidas de entonces: ni una zona de exclusión aérea, ni un corredor humanitario protegido, ni la intervención militar que, con la Carta de la ONU en la mano, sería una obligación.

Mientras, Radovan Karadzic, el hombre que bombardeaba Sarajevo impunemente, espera juicio en La Haya.
 
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet