PLAN XERAL DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, aprobado polo Parlamento de Galicia o día 21 de Setembro de 2004 (BOPG nº622, do 7 de setembro)*
Área 1. Ensino. Grupo de medidas 2.1.H
Grupo de medidas 2.1.H.
Medidas
2.1.26. Na educación primaria, garantir que, como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego. Á parte da área de coñecemento do medio natural, social e cultural, xa fixada legalmente, fomentarase que se impartan nesta lingua materias troncais en toda a etapa, como as matemáticas.
2.1.27. Na educación secundaria obrigatoria, garantir que, como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego. Dentro das posibilidades de cada centro, tenderase a que entre as materias que se impartan nese idioma figuren as matemáticas e a tecnoloxía, á parte das que xa están legalmente establecidas.
2.1.28. Nos bacharelatos, garantir que, como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego.
2.1.29. Nos ciclos formativos, garantir que, como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego. Deberase asegurar, ademais, que o alumnado coñeza o vocabulario específico da especialidade en lingua galega.
*O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega foi aprobado por unanimidade na sesión do Parlamento de Galicia do 21 de setembro de 2004. Naquel momento era presidente da Xunta De Galicia D.Manuel Fraga Iribarne, e vicepresidente da Xunta de Galicia D.Alberto Núñez Feijoo.
Comenta!
Publicar un comentario