domingo, 12 de abril de 2009

Pequenos placeres da vida

Os domingos pola mañá, Vilaboa perde 30 anos e deixa de ser un suburbio para volver a ser a vila pequena que era.
Ir polo pan e ver pouca xente pola rúa, case ningún coche... que che atendan, e volver para a casa comendo un anaco de pan e sentindo como o sol che acariña a cara...

hai momentos que quererías que se alongasen todo o posible!

2 Transgresións da máxima de relación:

Unknown dijo...

Pero que gholosiño é, que anda espenicando no pan! xD

Den27 dijo...

aaai estos pequenos praceres..

O que fai que umha vida mereza a pena é saber disfrutalos...

Por outra parte... canta xente é capaz de sentir esas "insignificancias" como algo único e irrepetíbel..?

Carpe diem

 
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet