Bueno xente que le este bloguiño de deus... como podedes comprobar este blogue cada vez tira máis cara ao filolóxico e menos cara ao persoal, non sei se por derivación ou que... pero o caso é que vai por aí.
Isto pode facer que ao entrar neste deleznable blogue os meus queridos lectores non angloparlantes sufran de pesadelos e cansazo, preguiza e xenreira, maldecimentos e ira, morte e destrución.
Este post é para tranquilizarvos. Non pasa nada, tentarei seguir combinando a filoloxía co frikismo máis puro e duro, a piradura de olla, e a reflexión persoal. Non me vou dedicar unicamente a subir fragmentos e citas de grandes da literatura inglesa. Escribirei. Non vos preocupedes. Be calm. Étiez tranquilles! Don't worry be happy.
Aperta a todos os meus lectores, que aínda que non deben ser moitos, se lles quere.
domingo, 26 de abril de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 Transgresións da máxima de relación:
nós tamén te queremos, moferdoquer
si, claro que te queremos! Ver lonxe!
Seremos poucos, pero iso sí, os mellores!
Publicar un comentario