lunes, 1 de diciembre de 2008

Morte_e_Destrución'09

Señoras, señores, convócovos a participar do gran xogo Morte_e_Destrución'09.

Morte_e_Destrución'09 é un xogo "Deathlist". Isto consiste básicamente en predecir/apostar quen morrerá o ano que ven. Bizarro eh? Friki? ...na mellor liña Deleznabilidades!




Bases:

1-Cada participante enviará un correo electrónico a deleznabilidades@gmail.com, cos seus datos, o nick co que será coñecido durante o concurso, e unha lista de 13 persoeiros que o participante cre que van morrer durante o ano 2009; antes do 31 de decembro de 2008. Non empregar os comentarios para tal cometido.

2-Os persoeiros, para seren definidos como tal, haberán de aparecer na Wikipedia ou noutra páxina web similar. Os participantes poderían ser requeridos polo organizador para clarificar a identidade dos seus candidatos.

3-Alomenos 3 dos 13 candidatos a defuntos haberán de ser galegos.

4-De morrer algún dos candidatos seleccionados por un participante antes do 31 de decembro, se lle outorgaría ao participante medio punto, que desempataría en caso de empate.

5-Por cada persoeiro-candidato que morra, se lle outorgará un punto ao participante que o tivese seleccionado.

6-Cada día 13 de mes presentaranse os resultados parciais.

7-Gañará Morte_e_Destrución'09 aquel participante que tiver o maior número de puntos ao rematar o día 31 de decembro de 2009.

8-O premio será desvelado proximamente, mais lémbrase aos participantes a condición laboral do organizador [bolseiro].

-----------------

Disposición adicional 1: A organización reservase o dereito a cancelar o concurso no caso de que non houbese o suficiente número de participantes.

Disposición adicional 2: Non se outorgarán puntos a un participante pola morte dun persoeiro cando este for asasinado polo propio participante.


*****************************

E este é o momento no que me comezades a chamar friki, bizarro e perturbado nos comentarios.


A participar!!

4 Transgresións da máxima de relación:

Vítor Vázquez² dijo...

Eu prefiro quedarme co de "tío chungo" jajajaja

Anónimo dijo...

mimadriña! Mete medo... :S

Anónimo dijo...

podo xogar a baza de que cuíña resucite e volva a morrer?


xa estou creando a lista, beibe. agardo non ser o único e non quedar como un sádico...

que me daría igual, todo sexa dito

Anónimo dijo...

Ala.. xa enviei o correo... que saibas que me custou atopar a 13 moribundos xD

 
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet