Resumo dos primeiros días:
Primeiro día: Esquécense de mi, Alvedro, avión escarallado en Madrid, miniretraso, Heathrow, bus, familia, 3 horas de laretada, primeiras impresións megapositivas.
Segundo día: Rutina, charla aos nenos, comida... rica!, ruta de recoñecemento, a señora ven buscarme nun coche de policía (ela só lles fai de administrativa), tarde-noite de cartas.
Terceiro día: Charla a nós, Castelo, Etnográfico, Librerías (libros máis baratos que en Irlanda. Nota mental: Aguantar ao último día!!!). Máis laretada coa señora. En tres días levo máis horas de inglés falado que en todo terceiro de carreira (porque, para quen non o saiba, en terceiro de inglesa non hai lingua inglesa, é dicir, que só falas ao comentar cousas en clase, e tendo en conta que temos unha influencia negativa en canto a pronunciación catro horas á semana [12 c.], acabamos falando peor do que falabamos).
Cuarto día: Sherwood Forest e casa de Lord Byron, mola, sobre todo a segunda. Ghostwalk. Recomendable!
sábado, 9 de agosto de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 Transgresións da máxima de relación:
Eu case que estou índome agora.. só quedan dous días :D
Menuda impresión que tivo que ser que te veñan buscar no coche da policía xD
A ver se nos vemos o sábado por Londres!
Escollín o teu blogue como un "de referenza do "BlogDay" xD
Saúdos!
Publicar un comentario