Levaba xa varios meses bastante emocionado coa nova de que había unha nova ruta ao Pindo desde o encoro de Mazaricos, que permitiría facer unha macroruta circular que saíse do Pindo e chegase ao Ézaro desde arriba... algo parecido a isto:
Roteiro
Pois ben, como ben din aquí, certa asociación cultural (?) de Mazaricos foi a encargada de marcala, con técnicas pouco invasivas e demais. Vamos, un exemplo de como se teñen que facer as cousas.
Cal é o problema??
Pois que na base da Moa TALARON un piñeiral para facer unha área de descanso!! con mesiñas!! xa que unha vez ao ano fan alí unha barbacoa (en Xullo, o cal teoricamente está prohibido) coa CaixaGalicia (xa era raro que non estivesen estes por aquí) e a xente se queixaba de non ter mesas...
Xa postos, porque non poñen un telescopio de mirar as vistas no cumio? E un Opencor ao lado dos restos do Castelo?
Non. Así non. Eu non quero rutas de senderismo se van ser igual de invasivas que unha autoestrada. Ese non é o camiño a seguir. E iso deberiao saber especialmente unha asociación cultural.
Por outra banda, ten moito delito que o autorice unha consellería de medio rural que non se lembra que o Pindo é un LIC que está na rede Natura.
Pido por favor que difundades esta barbarie!
Saquei a info, e podedes ver fotos da burrada, aquí:
Ézaro en Fotos
Que pasa na Costa
miércoles, 19 de agosto de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 Transgresións da máxima de relación:
Manda carallo....
A verdade é que é unha vergoña que fagan estar barbaridades.
Dende logo que habilitar unha rota de senderismo non é montar mesiñas... paréceme absurdo e fóra de toda lóxica
Únome ao "así non"!
Publicar un comentario