jueves, 5 de noviembre de 2009

Remember, remember...

Remember, remember
the fifth of november.
Gunpowder,
treason
and plot.


Hoxe é 5 de novembro e hoxe se celebra o 404 aniversario do "gunpowder plot" ou conspiración da pólvora.

Ben, poñámonos en antecedentes:
En 1525 Henrique VIII de Inglaterra decide divorciarse de Catalina de Aragón, a primeira das súas seis mulleres.
O asunto é que Catalina era prima do emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, tamén coñecido por Carlos I de España e V de Alemania; e a este non lle fixo demasiada gracia que se quixesen divorciar da súa prima... así que decidiu facer presión en Roma para que o papa denegase o divorcio... e o papa fíxolle caso. De aí xurdiu a ruptura de Inglaterra co Papado, que levaría, tralo reinado de Elizabeth I de Inglaterra (filla de Henrique VIII e da súa segunda muller, Ana Bolena) a que Inglaterra fose un país protestante.

E nisto que chegamos a que Elizabeth I morre (1603) e o seu herdeiro máis próximo é o seu primo James Stuart, rei de Escocia como James VI e que pasaría a ser rei de Inglaterra como James I (e que, gracias a isto, unificaría nunha soa cabeza as coronas de Inglaterra e Escocia).

Os súbditos católicos de James pensaban que o feito de que fose fillo de católica (Mary Stuart, reina de Escocia e decapitada pola súa prima, a reina Elizabeth I) faría que fose máis permisivo cos católicos, pero isto non foi así.

Así que unha grupo de católicos decidiu montar unha conspiración para matar ao rei e aos nobres protestantes, facendo estalar pólvora baixo a House of Lords en Westminster cando estivesen reunidos na inauguración do "ano parlamentar" (por así chamalo, aínda que de aquela o parlamento aínda non tiña reunións periódicas, senón que só se reunía para aprobar impostos). Porén, Guy Fawkes foi descuberto nos sotos de Westminster o día antes e a conspiración foi desbaratada.

Os conspiradores foron hanged, drawn and quartered, a pena reservada para os culpables de alta traición na lei inglesa.

Desde aquela, as noites do 5 de novembro os ingleses encenden fogatas e queiman bonecos que simbolizan a "Guy Fawkes" (algo polo estilo de cando nós queimamos entroidos.

Esta é unha festa moi importante na cultura inglesa, e podemos ver como está referenciada en V de Vendetta, por exemplo.

1 Transgresión da máxima de relación:

Unknown dijo...

Es coma un libriño aberto!

 
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet