jueves, 24 de diciembre de 2009

Feliz? Nadal

Eu paso bastante de Nadales... así que...


martes, 15 de diciembre de 2009

Mallando na e-ira

Escribo este post para publicitar un novo proxecto común, xunto a outros dous bloggers e amigos, Vitor e Iago, o blogue Mallando na e-ira

Este blogue pretende ter contidos por así dicilo "técnicos", é dicir, escribir sobre cuestións do noso interese e o noso ámbito formativo de forma divulgativa, para difundilos.

Este blogue seguireino mantendo como até o de agora, escribindo de cando en vez e tentando mantelo como un punto de referencia do frikismo filolóxico-bizarro-deleznable.

Veña, difundide a boa nova, a mallar!

sábado, 12 de diciembre de 2009

viernes, 11 de diciembre de 2009

Airiños, airiños, aires...

A verdade, tras ler a nova que subiu o Sr. Grandio ao seu Facebook, non podo evitar lembrar un grande extracto de Gulliver, (L.3, cap. 5)

I was complaining of a small fit of the Cholick; upon which my Conductor led me into a Room, where a great Physician resided, who was famous for curing that Disease by contrary Operations from the same Instrument. He had a large Pair of Bellows with a long slender Muzzle of Ivory. This he conveyed eight Inches up the Anus, and drawing in the Wind, he affirmed he could make the Guts as lank as a dried Bladder. But when the Disease was more stubborn and violent, he let in the Muzzle while the Bellows were full of Wind, which he discharged into the Body of the Patient, then withdrew the Instrument to replenish it, clapping his Thumb strongly against the Orifice of the Fundament; and this being repeated three or four Times, the adventitious Wind would rush out, bringing the noxious along with it (like Water put into a Pump), and the Patient recover. I saw him try both Experiments upon a Dog, but could not discern any Effect from the former. After the latter, the Animal was ready to burst, and made so violent a Discharge, as was very offensive to me and my Companions. The Dog died on the Spot, and we left the Doctor endeavouring to recover him by the same Operation.


Impactante, verdade?

Pois a algún famoso poderíalle pasar como ao can do conto, polo que non é mala ocasión para lembrarvos que tendes que participar no Morte_e_destrución'10!

martes, 8 de diciembre de 2009

Galego-escocés




Un video que creo que amosa bastante ben unha das cousas en común que teñen os dous países...licencias dos subtitulos permitidas, claro.


Por outra banda, Irvine Welsh en xeral e Trainspotting en particular nunca decepcionan.

(Vía Seioque)

jueves, 3 de diciembre de 2009

Manifesto "En defensa dos dereitos fundamentais en internet"

Ante a inclusión no Anteproxecto de Lei de Economía sustentábel de modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión, información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores de internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que…

1.- Os dereitos de autor non poden situarse por riba dos dereitos fundamentais dos cidadáns, como o dereito á privacidade, á seguridade, á presunción de inocencia, á tutela xudicial efectiva e á liberdade de expresión.

2.- A suspensión de dereitos fundamentais é e debe seguir a ser competencia exclusiva do poder xudicial. Nin un peche sen sentenza. Este anteproxecto, en contra do establecido no artigo 20.5 da Constitución, pon nas mans dun órgano non xudicial -un organismo dependente do Ministerio de Cultura-, a potestade de impedir aos cidadáns españois o acceso a calquera páxina web.

3.- A nova lexislación creará inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, prexudicando un dos poucos campos de desenvolvemento e futuro da nosa economía, obstaculizando a creación de empresas, introducindo atrancos á libre competencia e ralentizando a súa proxección internacional.

4.- A nova lexislación proposta ameaza os novos creadores e obstaculiza a creación cultural. Con Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratizáronse extraordinariamente a creación e a emisión de contidos de todo tipo, que xa non proveñen prevalentemente das industrias culturais tradicionais, senón de multitude de fontes diferentes.

5.- Os autores, como todos os traballadores, teñen dereito a viviren do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades asociadas ás súas creacións. Tentar soster con cambios lexislativos unha industria obsoleta que non sabe adaptarse a este novo contorno non é nin xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio se baseaba no control das copias das obras e en Internet non é posíbel sen vulnerar dereitos fundamentais, deberían procurar outro modelo.

6.- Consideramos que as industrias culturais necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, críbeis e asequíbeis e que se adecúen aos novos usos sociais, en lugar de limitacións tan desproporcionadas como ineficaces para o fin que din perseguir.

7.- Internet debe funcionar de forma libre e sen interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que o saber humano siga a ser libre.

8.- Esiximos que o Goberno garanta por lei a neutralidade da Rede en España, ante calquera presión que poida producirse, como marco para o desenvolvemento dunha economía sostíbel e realista de cara ao futuro.

9.- Propoñemos unha verdadeira reforma do derecho de propiedade intelectual orientada ao seu fin: devolver á sociedade o coñecemento, promover o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.

10.- En democracia as leis e as súas modificacións deben aprobarse tras o oportuno debate público e tendo consultado previamente todas as partes implicadas. Non é de recibo que se realicen cambios lexislativos que afectan a dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que versa sobre outra materia.

NOTA: Este manifesto foi redactado conxuntamente por xornalistas, blogueiros e internautas, nunha maratoniana sesión durante a tarde-noite de onte. Se estás de acordo, difúndeo por todas as vías que poidas.

Via Iago Varela, via Blogaliza.
 
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet