domingo, 17 de enero de 2010

De señoritos e aldeáns

Estou farto.
Farto de escoitar falar de pijeríos e señoritadas por ser de "cidade". Farto de escoitar de coloretes e argollos por ser de "aldea".
Farto de que nunha enumeración A Coruña-Vilaboa-Celas-Algunha aldeíña de Celas sempre o seguinte sexa "aldeán" e o anterior "señorito".

Son mellor por ser fillo de obreiro e non de labrego? Porque miña nai traballe nun Gadis e non no CorteInglés? Por non ter os coloretes marcados nas meixelas todo o ano? Por ser da Coruña e non de Lugo?

Non. O problema é que na enumeración, o propio lugar teno que ocupar a palabra "gilipollas". Gastamos os cartos en que Viladearriba teña a ParisdeNoia para ser mellor que Viladeabaixo, só para que o ano seguinte Viladeabaixo traia á Panorama.

Que ten de mellor ser de vila que ser de aldea? Que os de aldea son tal son cual... serán, pero tamén pode que sexan mellores ca ti.

Guiándonos por estereotipos en vez de mirar ás persoas. Tendo enfrontamentos inútiles en vez de unirnos nos problemas comúns. Minifundismo sociolóxico. Así nos vai.




PS-Sinto o ton pesimista desta entrada, pero ás veces unha conversa de sobremesa pode causar tal decepción e rebote como para que sexa necesario expresalo todo nun post.

5 Transgresións da máxima de relación:

Unknown dijo...

+1

Vítor Vázquez² dijo...

Supoño que tamén é entrar no mesmo xogo, pero eu non cambiaría a miña infancia nunha vila pequena pola infancia de meus primos na cidade.
Pero cada quen...

Samo dijo...

hai que faser estas entradas despois dunha sesión de xvideos.com, que che ferve a cabesa, master.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Jose Penas dijo...

pois si que é bastante pesimista a túa reflexión!
temos que nos unir todos contra o imperialismo!!
un saúdo companheiro

 
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet