lunes, 22 de febrero de 2010

De manipulación educativa...

Escoitado hoxe na Radio Galega indo cara ao campus, polo señor Roberto Blanco Valdés:

É que se collemos a uns nenos aquí, ou en Barakaldo, ou en Sevilla, e lles dicimos que son chinos, ensinamoslles historia de China, as tradicións de China, e en Chino; non digo que se lles poñan os ollos rasgados, pero seguro, seguro, que se cren que son chinos.



Despois de estudar as "Seis Fundaciones de España", todo o catecismo da historiografía española, a súa cultura, etc. e, por suposto, maioritariamente en español, e inculcándoseme o marco político da falsa idea da unidade da "Nación" Española... pois vai ser que non creo que sexa español, señor Blanco Valdés.

Mala sorte na transmisión da súa falacia de hoxe, ténteo de novo noutra ocasión.

miércoles, 17 de febrero de 2010

Un pouco de lexislación...


PLAN XERAL DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, aprobado polo Parlamento de Galicia o día 21 de Setembro de 2004 (BOPG nº622, do 7 de setembro)*

Área 1. Ensino. Grupo de medidas 2.1.H

Grupo de medidas 2.1.H.

Medidas
2.1.26. Na educación primaria, garantir que, como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego. Á parte da área de coñecemento do medio natural, social e cultural, xa fixada legalmente, fomentarase que se impartan nesta lingua materias troncais en toda a etapa, como as matemáticas.

2.1.27. Na educación secundaria obrigatoria, garantir que, como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego. Dentro das posibilidades de cada centro, tenderase a que entre as materias que se impartan nese idioma figuren as matemáticas e a tecnoloxía, á parte das que xa están legalmente establecidas.

2.1.28. Nos bacharelatos, garantir que, como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego.

2.1.29. Nos ciclos formativos, garantir que, como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego. Deberase asegurar, ademais, que o alumnado coñeza o vocabulario específico da especialidade en lingua galega.



*O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega foi aprobado por unanimidade na sesión do Parlamento de Galicia do 21 de setembro de 2004. Naquel momento era presidente da Xunta De Galicia D.Manuel Fraga Iribarne, e vicepresidente da Xunta de Galicia D.Alberto Núñez Feijoo.

jueves, 4 de febrero de 2010

Non á ampliación de Alvedro

Estes días pasados o señor Ministro de Fomento, Pepiño ¿de Palas? anunciou a bombo e platillo a orzamentación das INNECESARIAS obras de ampliación do Aeroporto de Alvedro.

As causas polas que esta obre é innecesaria son múltiples e variadas, mais hoxe non as vou escribir eu, vouvos encamiñar a este link do blogue Culleredo Sur.

Sobran máis palabras:

NON Á AMPLIACIÓN!
 
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet