miércoles, 26 de mayo de 2010

Cantiga para unha antroidada

Os lobos seguen indo con peles de ovella, e seguen abrazándose aos conceptos máis vacuos, retorcéndoos con falsía, e non querendo que nos movamos desa longa noite de pedra... se rescatamos (e facémolo, e farémolo) os feitos, non deixaremos que volvan!

Deixovos con Fuxan os Ventos.





Andan con peles de ovella
cantando falsas gabanzas
os lobos de anos pasados baixan na noite calada.
Mala morte non me mate!
veñen con Autonomía, comerciada por caciques,
maldita falla facía.

SE NON TEDES SACHOS
TRAGUÉMOLOS NÓS
ARADOS DE FERRO
E CARROS CON BOIS (bis).

E, algunhes deles andaban
trasquiando galeguistas
pra non perderen a manda
fixéronse autonomistas.
E, ás veces, falan galego,
e presumen de labradores
a perdición de Galicia
está en maus deses señores!

SE NON TEDES SACHOS
TRAGUEMOLOS NOS.
................
................

Máis, todos nós ben sabemos
aínda nos sobra mamoria;
corenta anos de silencio
non enterraron a hestoria!
Mozos da Terra emigrante
da Galicia xenerosa,
non deixemos que nos rouben
a Patria do pobo, A NOSA.

4 Transgresións da máxima de relación:

Geraldo Brito (Dado) dijo...

Interessante a grafia...
Saudações e parabéns pelo blog!

Anónimo dijo...

¿Qué significa antroidada?

Jonatan

Luisinho dijo...

Jon, antroido=carnaval, antroidada significa "carnavalada"

Io dijo...

Hai quen aventurou que Galiza viña de terra de lobos. Aí temos á raíña Lupa, aos contos de lobos de Fole, ao lobo en Rosalía e noutros poetas. Na Galiza o lobo sempre tivo un gran peso mítico. Merecente dun respecto ca os cans, por seren do home non acadaron. Goytisolo tamén ten un fermoso poema: El lobito bueno.

 
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet