Parafraseando ao Leo no título, e despois dunha conversa co Iago quero facer unha enquisa filologada con dous puntos:
Un: como lle chamades á pranta que en galego RAG é coñecida como fieito.
Dous: como diríades o adxectivo derivado do verbo laiar.
Tres: de onde sodes? o voso galego viuse afectado pola estadía noutra zona?
jueves, 29 de octubre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 Transgresións da máxima de relación:
1:fieito, a miña avoa dicía fento.
2: Laida, laido
3. Cabanas. Non
PD: Mólanme as enquisas xD
Molan estas enquisas, aínda que sempre molaron máis as de ver quen morría primeiro:
1: Fento, incluso teño ouvido "fuento" no me pobo.
2: Laiado
3: Ourense. Polo português, é o que pasa por ter o pobo case na fronteira.
1- fiento
2- laiado
3- Palas de Rei, por numerosos castelánfalantes que intentan falar galego e conseguen que coloque mal os pronomes, pero iso é nativo
1.-fieita
2.-laiante (por que, non?)
3.-muros. a miña lingua só se viu afectada polo zume de cona que foi probando (O ph, xa se sabe)
1. Fento
2. Laiado (é o que se me ocorre, pero creo que nunca o usei)
3. Antas de Ulla. A verdade é que creo que os anos que levo en Santiago si que lle afectaron bastante ao meu galego. Agora é moito máis interdialectal, pero tamén está máis castelanizado a nivel oral (menos mal que creo que me dei conta a tempo!)
*Con interdialectal refírome sobre todo ao léxico, en cuestións de morfoloxía ou sintaxe non creo que cambiase moito a cousa.
Publicar un comentario