A verdade, tras ler a nova que subiu o Sr. Grandio ao seu Facebook, non podo evitar lembrar un grande extracto de Gulliver, (L.3, cap. 5)
I was complaining of a small fit of the Cholick; upon which my Conductor led me into a Room, where a great Physician resided, who was famous for curing that Disease by contrary Operations from the same Instrument. He had a large Pair of Bellows with a long slender Muzzle of Ivory. This he conveyed eight Inches up the Anus, and drawing in the Wind, he affirmed he could make the Guts as lank as a dried Bladder. But when the Disease was more stubborn and violent, he let in the Muzzle while the Bellows were full of Wind, which he discharged into the Body of the Patient, then withdrew the Instrument to replenish it, clapping his Thumb strongly against the Orifice of the Fundament; and this being repeated three or four Times, the adventitious Wind would rush out, bringing the noxious along with it (like Water put into a Pump), and the Patient recover. I saw him try both Experiments upon a Dog, but could not discern any Effect from the former. After the latter, the Animal was ready to burst, and made so violent a Discharge, as was very offensive to me and my Companions. The Dog died on the Spot, and we left the Doctor endeavouring to recover him by the same Operation.
Impactante, verdade?
Pois a algún famoso poderíalle pasar como ao can do conto, polo que non é mala ocasión para lembrarvos que tendes que participar no Morte_e_destrución'10!
Ante a inclusión no Anteproxecto de Lei de Economía sustentábel de modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión, información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores de internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que…
1.- Os dereitos de autor non poden situarse por riba dos dereitos fundamentais dos cidadáns, como o dereito á privacidade, á seguridade, á presunción de inocencia, á tutela xudicial efectiva e á liberdade de expresión.
2.- A suspensión de dereitos fundamentais é e debe seguir a ser competencia exclusiva do poder xudicial. Nin un peche sen sentenza. Este anteproxecto, en contra do establecido no artigo 20.5 da Constitución, pon nas mans dun órgano non xudicial -un organismo dependente do Ministerio de Cultura-, a potestade de impedir aos cidadáns españois o acceso a calquera páxina web.
3.- A nova lexislación creará inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, prexudicando un dos poucos campos de desenvolvemento e futuro da nosa economía, obstaculizando a creación de empresas, introducindo atrancos á libre competencia e ralentizando a súa proxección internacional.
4.- A nova lexislación proposta ameaza os novos creadores e obstaculiza a creación cultural. Con Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratizáronse extraordinariamente a creación e a emisión de contidos de todo tipo, que xa non proveñen prevalentemente das industrias culturais tradicionais, senón de multitude de fontes diferentes.
5.- Os autores, como todos os traballadores, teñen dereito a viviren do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades asociadas ás súas creacións. Tentar soster con cambios lexislativos unha industria obsoleta que non sabe adaptarse a este novo contorno non é nin xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio se baseaba no control das copias das obras e en Internet non é posíbel sen vulnerar dereitos fundamentais, deberían procurar outro modelo.
6.- Consideramos que as industrias culturais necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, críbeis e asequíbeis e que se adecúen aos novos usos sociais, en lugar de limitacións tan desproporcionadas como ineficaces para o fin que din perseguir.
7.- Internet debe funcionar de forma libre e sen interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que o saber humano siga a ser libre.
8.- Esiximos que o Goberno garanta por lei a neutralidade da Rede en España, ante calquera presión que poida producirse, como marco para o desenvolvemento dunha economía sostíbel e realista de cara ao futuro.
9.- Propoñemos unha verdadeira reforma do derecho de propiedade intelectual orientada ao seu fin: devolver á sociedade o coñecemento, promover o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.
10.- En democracia as leis e as súas modificacións deben aprobarse tras o oportuno debate público e tendo consultado previamente todas as partes implicadas. Non é de recibo que se realicen cambios lexislativos que afectan a dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que versa sobre outra materia.
NOTA: Este manifesto foi redactado conxuntamente por xornalistas, blogueiros e internautas, nunha maratoniana sesión durante a tarde-noite de onte. Se estás de acordo, difúndeo por todas as vías que poidas.
Estimados lectores... ficades convidados a "Morte_e_destrución'10" a II Edición deste particular xogo que consiste, basicamente, en tentar adiviñar quen vai morren durante o vindeiro ano 2010.
Malia que a edición'09 aínda non rematou, abro o prazo de recepción de candidaturas para o ano 2010. Habida conta de que a 23 de novembro só levamos tres mortos acertados, rogariavos que esta vez pensásedes mellor a identidade dos mortos.
Así que aqui van as
BASES
1-Cada participante enviará un correo electrónico a deleznabilidades@gmail.com, cos seus datos, o nick co que será coñecido durante o concurso, e unha lista de 13 persoeiros que o participante cre que van morrer durante o ano 2010; antes do 31 de decembro de 2009. NON empregar os comentarios para tal cometido.
2-Os persoeiros, para seren definidos como tal, haberán de aparecer na Wikipedia ou noutra páxina web similar. Os participantes poderían ser requeridos polo organizador para clarificar a identidade dos seus candidatos.
3-Alomenos 3 dos 13 candidatos a defuntos haberán de ser galegos.
4-De morrer algún dos candidatos seleccionados por un participante antes do 31 de decembro, se lle outorgaría ao participante medio punto, que desempataría en caso de empate.
5-Por cada persoeiro-candidato que morra, se lle outorgará un punto ao participante que o tivese seleccionado.
6-Gañará Morte_e_Destrución'10 aquel participante que tiver o maior número de puntos ao rematar o día 31 de decembro de 2010.
7-O premio será desvelado proximamente, mais lémbrase aos participantes a condición laboral do organizador [bolseiro-> PARADO].
-----------------
Disposición adicional 1: A organización reservase o dereito a cancelar o concurso no caso de que non houbese o suficiente número de participantes.
Disposición adicional 2: Non se outorgarán puntos a un participante pola morte dun persoeiro cando este for asasinado polo propio participante.
E, como xa dicía o ano pasado, agora chega o momento no que me comezades a chamar friki, bizarro e perturbado nos comentarios.
Remember, remember the fifth of november. Gunpowder, treason and plot.
Hoxe é 5 de novembro e hoxe se celebra o 404 aniversario do "gunpowder plot" ou conspiración da pólvora.
Ben, poñámonos en antecedentes: En 1525 Henrique VIII de Inglaterra decide divorciarse de Catalina de Aragón, a primeira das súas seis mulleres. O asunto é que Catalina era prima do emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, tamén coñecido por Carlos I de España e V de Alemania; e a este non lle fixo demasiada gracia que se quixesen divorciar da súa prima... así que decidiu facer presión en Roma para que o papa denegase o divorcio... e o papa fíxolle caso. De aí xurdiu a ruptura de Inglaterra co Papado, que levaría, tralo reinado de Elizabeth I de Inglaterra (filla de Henrique VIII e da súa segunda muller, Ana Bolena) a que Inglaterra fose un país protestante.
E nisto que chegamos a que Elizabeth I morre (1603) e o seu herdeiro máis próximo é o seu primo James Stuart, rei de Escocia como James VI e que pasaría a ser rei de Inglaterra como James I (e que, gracias a isto, unificaría nunha soa cabeza as coronas de Inglaterra e Escocia).
Os súbditos católicos de James pensaban que o feito de que fose fillo de católica (Mary Stuart, reina de Escocia e decapitada pola súa prima, a reina Elizabeth I) faría que fose máis permisivo cos católicos, pero isto non foi así.
Así que unha grupo de católicos decidiu montar unha conspiración para matar ao rei e aos nobres protestantes, facendo estalar pólvora baixo a House of Lords en Westminster cando estivesen reunidos na inauguración do "ano parlamentar" (por así chamalo, aínda que de aquela o parlamento aínda non tiña reunións periódicas, senón que só se reunía para aprobar impostos). Porén, Guy Fawkes foi descuberto nos sotos de Westminster o día antes e a conspiración foi desbaratada.
Os conspiradores foron hanged, drawn and quartered, a pena reservada para os culpables de alta traición na lei inglesa.
Desde aquela, as noites do 5 de novembro os ingleses encenden fogatas e queiman bonecos que simbolizan a "Guy Fawkes" (algo polo estilo de cando nós queimamos entroidos.
Esta é unha festa moi importante na cultura inglesa, e podemos ver como está referenciada en V de Vendetta, por exemplo.
Leo en Microsiervos o anuncio da aparición comercial dunha aplicación (Jibbigo) para iPhone que permite a tradución voz-voz.
Ben, o primeiro que teño que dicir é que a tradución voz-voz é un dos obxectivos máis importantes a longo prazo da lingüística computacional, e un dos meus soños como lingüista en potencia. A tradución voz-voz é especialmente complicada porque está formada por tres procesos diferentes, os cales non teñen sido perfeccionados até o punto de non dar erros.
Os procesos son a análise de voz (ou conversión voz-texto) a tradución automática (Texto-Texto) e a síntese de voz (conversión texto-voz). Todos estes procesos, como xa dixen, aínda non están perfeccionados, dan erros, e teoricamente conque un só destes procesos dese un erro xa sería imposible levar a cabo a tradución voz-voz.
Porén desde Jibbigo nos ofrecen un video
no que podemos ver unha demostración da tradución voz-voz que ofrece esta aplicación. Unha aplicación que funciona sen recorrer á rede, é dicir, que se pode empregar offline, polo que o seu nivel de emprego de memoria é moi importante.
Vamos analizar a aplicación desde o punto de vista dos tres procesos:
Punto 1. Análise de voz ou conversión voz-texto.
Na teoria non debería ser o punto que máis erros dese, mais pode dalos.
Así, ao non atopar as características técnicas de Jibbigo non temos constancia dun punto importante, que é se Jibbigo necesita as características xerais da voz do usuario. Isto é importante, posto que simplemente sabendo a frecuencia media da voz dun individuo o sistema de análise vese facilitado nunha medida moi importante (aínda que pode seguir dando problemas). Polo video podemos inferir que o mesmo sistema é quen de recoñecer diferentes tipos de voz, xa que traduce tanto o input da usuaria que fala inglés como o input do que fala español.
Outro punto importante é o das variedades dun idioma. Para que o sistema sexa practicable sería interesante que fose quen de traducir diferentes variedades dun mesmo idioma, e parece que recoñece ben a variedade "chicana" do español con seseo etc.; mais, será quen de recoñecer as diferentes variedades do inglés? Isto tamén é importante, porque as diferentes variedades de inglés teñen diferentes calidades vocálicas para as mesmas palabras, polo que poderían dar lugar a equivocos (pensemos o típico exemplo da lonxitude das vogais que diferencia sheet e sh*t), e, polo tanto, facer imposible todo o proceso da tradución.
Por último, tamén debería comentar que aínda que até o de agora só me centrei no punto de vista da análise fonética, a análise de voz ou conversión voz>texto pode ter como sistemas subsidiarios un sistema gramátical ou unha base de datos estatística que permitisen decidir entre diferentes alternativas no caso de dúbida na análise fonética.
O ideal para que este proceso non dese erro e a aplicación tivese a máxima usabilidade sería que se combinasen os diferentes sistemas e sistemas subsidiarios mentados aquí. Hai que lembrar que calquera erro en calquera dos tres procesos de tradución farían imposible a tradución voz-voz.
2.Tradución automática
Desde o punto de vista da tradución automática, o sistema debería coller o output do primeiro proceso (texto no idioma orixinal) e traducilo, dando lugar a un texto no idioma a traducir.
Este é o sistema que máis erros causa, posto que a tradución automática, se ben moi desenvolvida, segue tendo millóns de posibles erros que poderían frustrar a tradución voz-voz. Non hai máis que ver a páxina web da Voz e a tradución automática Español>Galego para notar como é un proceso que está lonxe da optimización (distancia á optimización que medra exponencialmente conforme medra a distancia lingüística entre dous idiomas)
É por isto que son moi escéptico sobre a capacidade do programa. Calquera pequeno erro pode dar ao traste co sistema por completo, e desde logo non parece que un programa que funcione offline poida ser quen de non ter erros, xa que o mesmo tradutor de google é incapaz de traducir correctamente "tie-break", por exemplo.
Aínda así, cómpre analizar os sistemas de tradución automática que existen. Hai dous grupos de modelos principais. Os modelos de coñecemento gramatical, que constrúen sistemas de equivalencias gramaticais entre os idiomas, e os modelos baseados na estatística. O ideal sería combinar os dous de cara a levar a cabo un macrosistema. Porén, isto é algo que nin o propio sistema de google foi quen de facer sen erros.
3.Síntese de voz ou conversión texto-voz
Este proceso non debe dar problemas de incomprensión da tradución, é dicir, non faría saltar ningún erro, mais si pode ralentizar moito o sistema.
Por que? Porque hai dous sistemas principais de síntese. O primeiro é o dos difonemas, que son grabacións de dúas metades de realización dun fonema desde o punto de estabilidade do primeiro até o punto de estabilidade do segundo. É dicir, son grabacións de transicións entre fonemas. Por exemplo, en vaso teríamos os difonemas #-b, b-a, a-s, s-o, o-#. Este sistema ten a vantaxe de optimizar o uso de recursos, pero ten o inconveniente de reproducir mal os rasgos suprasegmentais, como a entonación.
O outro sistema é o sistema de palabras ou frases grabadas, que é quen de reproducir os rasgos suprasegmentais pero é moi pouco eficiente desde o punto de vista do uso dos recursos, xa que cada frase tería que ser grabada por separado.
Se vemos o video vemos que o sistema ha de ser o segundo. Non se nota artificialidade e si uns rasgos suprasegmentais moi naturais.
Síntese do explicado
O sistema, para ter a máxima usabilidade e dar os menores problemas tería que ser capaz de:
-recoñecer voces de diferentes usuarios -recoñecer diferentes variedades dunha mesma lingua -ter un sistema subsidiario que permitise decidir a forma dunha expresión no caso de dúbida na análise -ter un dobre sistema de tradución automática baseada en coñecementos gramaticais e na estatística, superior en potencia ao do google e virtualmente infalible. -ter un sistema de síntese de voz mediante uso de grabacións (porque o ten). -ter todos estes sistemas na memoria de forma que se poidan usar offline
Polo tanto este sistema tería que ser un monstruo de bastantes GB de memoria ocupada e un uso de procesador e demais intensísimo. Se ben parece que o iPhone sería capaz de soportalo, non sei até que punto isto compensa aos usuarios.
Así, creo, e é unha opinión, que é moi complicado que este sistema funcione ben fóra dos usos estereotipados amosados no video. Calquera erro, o máis mínimo, daría ao traste con todo o proceso, e, especialmente no proceso de tradución automática, os sistemas están lonxe, moi lonxe, da infalibilidade.
Polo tanto, se ben pode ser un paso, e non nego a súa utilidade para certos usos estereotipados, este tipo de sistemas estarían agora mesmo, na miña opinión e por facer un paralelismo, ao nivel dos libros de frases útiles ("Polaco en 100 frases" "o que necesitas para moverte por Turquía") con respecto á gramática real dunha lingua.