Mostrando entradas con la etiqueta Metablogger. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Metablogger. Mostrar todas las entradas

martes, 15 de diciembre de 2009

Mallando na e-ira

Escribo este post para publicitar un novo proxecto común, xunto a outros dous bloggers e amigos, Vitor e Iago, o blogue Mallando na e-ira

Este blogue pretende ter contidos por así dicilo "técnicos", é dicir, escribir sobre cuestións do noso interese e o noso ámbito formativo de forma divulgativa, para difundilos.

Este blogue seguireino mantendo como até o de agora, escribindo de cando en vez e tentando mantelo como un punto de referencia do frikismo filolóxico-bizarro-deleznable.

Veña, difundide a boa nova, a mallar!

jueves, 3 de diciembre de 2009

Manifesto "En defensa dos dereitos fundamentais en internet"

Ante a inclusión no Anteproxecto de Lei de Economía sustentábel de modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión, información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores de internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que…

1.- Os dereitos de autor non poden situarse por riba dos dereitos fundamentais dos cidadáns, como o dereito á privacidade, á seguridade, á presunción de inocencia, á tutela xudicial efectiva e á liberdade de expresión.

2.- A suspensión de dereitos fundamentais é e debe seguir a ser competencia exclusiva do poder xudicial. Nin un peche sen sentenza. Este anteproxecto, en contra do establecido no artigo 20.5 da Constitución, pon nas mans dun órgano non xudicial -un organismo dependente do Ministerio de Cultura-, a potestade de impedir aos cidadáns españois o acceso a calquera páxina web.

3.- A nova lexislación creará inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, prexudicando un dos poucos campos de desenvolvemento e futuro da nosa economía, obstaculizando a creación de empresas, introducindo atrancos á libre competencia e ralentizando a súa proxección internacional.

4.- A nova lexislación proposta ameaza os novos creadores e obstaculiza a creación cultural. Con Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratizáronse extraordinariamente a creación e a emisión de contidos de todo tipo, que xa non proveñen prevalentemente das industrias culturais tradicionais, senón de multitude de fontes diferentes.

5.- Os autores, como todos os traballadores, teñen dereito a viviren do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades asociadas ás súas creacións. Tentar soster con cambios lexislativos unha industria obsoleta que non sabe adaptarse a este novo contorno non é nin xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio se baseaba no control das copias das obras e en Internet non é posíbel sen vulnerar dereitos fundamentais, deberían procurar outro modelo.

6.- Consideramos que as industrias culturais necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, críbeis e asequíbeis e que se adecúen aos novos usos sociais, en lugar de limitacións tan desproporcionadas como ineficaces para o fin que din perseguir.

7.- Internet debe funcionar de forma libre e sen interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que o saber humano siga a ser libre.

8.- Esiximos que o Goberno garanta por lei a neutralidade da Rede en España, ante calquera presión que poida producirse, como marco para o desenvolvemento dunha economía sostíbel e realista de cara ao futuro.

9.- Propoñemos unha verdadeira reforma do derecho de propiedade intelectual orientada ao seu fin: devolver á sociedade o coñecemento, promover o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.

10.- En democracia as leis e as súas modificacións deben aprobarse tras o oportuno debate público e tendo consultado previamente todas as partes implicadas. Non é de recibo que se realicen cambios lexislativos que afectan a dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que versa sobre outra materia.

NOTA: Este manifesto foi redactado conxuntamente por xornalistas, blogueiros e internautas, nunha maratoniana sesión durante a tarde-noite de onte. Se estás de acordo, difúndeo por todas as vías que poidas.

Via Iago Varela, via Blogaliza.

lunes, 31 de agosto de 2009

Blogday 09

Disque hoxe é o Blogday, e disque cada blogue ten que recomendar outros 5...

así que alá vou:

1.Capítulo 0. O decano do blogomillo é unha referencia en divulgación cultural con afán conservador e en roteiros. Un básico.

2.Fronteras. Blogue sobre curiosidades da xeografía que para un freak dos mapas coma min é indispensable.

3.Crónicas dunha cámara. O relato dunha volta ao mundo. Atención: crea envexa (sana). Engancha.

4.Listverse. Os top10 máis curiosos, divertidos ou sorprendentes.

5.Treehugger. Ecoloxismo, conservación. Descubrino aínda hai pouco e enganchoume.

Os criterios para a confección da lista foron incluir blogues non demasiado coñecidos (a Microsiervos ou a Fogonazos sobranlle as visitas) e non incluir blogues de amigos ou colegas, por non crear posibles malos rollos de "incluíches a tal e non a min". Se queredes ver os seus blogues, mirade á dereita.

Disfrutade do blogueo!

domingo, 26 de abril de 2009

Blogging

Bueno xente que le este bloguiño de deus... como podedes comprobar este blogue cada vez tira máis cara ao filolóxico e menos cara ao persoal, non sei se por derivación ou que... pero o caso é que vai por aí.

Isto pode facer que ao entrar neste deleznable blogue os meus queridos lectores non angloparlantes sufran de pesadelos e cansazo, preguiza e xenreira, maldecimentos e ira, morte e destrución.

Este post é para tranquilizarvos. Non pasa nada, tentarei seguir combinando a filoloxía co frikismo máis puro e duro, a piradura de olla, e a reflexión persoal. Non me vou dedicar unicamente a subir fragmentos e citas de grandes da literatura inglesa. Escribirei. Non vos preocupedes. Be calm. Étiez tranquilles! Don't worry be happy.

Aperta a todos os meus lectores, que aínda que non deben ser moitos, se lles quere.

sábado, 31 de enero de 2009

Google-dependencia?

Señores, hoxe Google caeuse. De 15:45 a 16:18, pero o asunto e que Google caeu, e o mundo case deixa de xirar.

En media hora e comezo a escribir ás 16:20, a nova está en Chuza, Reddit, Twitter, Meneame (onde foi publicada en 8!!!! minutos), e múltiples blogues, incluíndo este.

e isto en media hora!!

Definitivamente somos Google-Dependentes.

Subo imaxes:



sábado, 25 de octubre de 2008

Resucitou!


When he had said this, he cried with a loud voice, "Lazarus, come out." The dead man came out, his hands and feet bound with bandages, and his face wrapped with a cloth. Jesus said to them, "Unbind him, and let him go."


Si señores, o blogue do Dani, unha referencia na música de calidade, reviviu despois de moito e moito tentar convencelo. (Agardemos que agora o actualice con frecuencia)!

Anímovos a todos a que o visitedes e disfrutedes da música seleccionada por Dani, e agardo que descubrades algo novo entre toda a música que sube.

Grande Dani! Unha aperta!

domingo, 20 de julio de 2008

Comezando

Bueno, pois iso, que comenzo isto... aínda non teño moi claro como vai todo, polo de agora só experimento co HTML, pero creo que algo vai indo.



Saúdos!
 
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet