Si señores, hoxe é unha data importante para a Filoloxía.
Hoxe hai 200 anos, nacía en Boston o grande Edgar Allan Poe.

Poe, entre outras cousas, é o iniciador dos relatos detectivescos (
The Crimes of the Rue Morgue), un grande mestre dos relatos de terror psicolóxico e do macabrismo (
The Fall of the House of Usher), e do uso do medo atávico aos elementos naturais como elemento creador de terror (
A Descent into the Maelstrom). Non nos podemos esquecer, tampouco, dos seus criterios estéticos e das súas grandes contribución ás teorías literarias, especialmente no tocante á definición de "relato breve". Por último, teño que lembrar a súa grande poesía, "O Corvo".
Sen este grande mestre moita da literatura, a literatura hoxe en día non sería igual. Nunca máis.