martes, 30 de noviembre de 2010

Manifesto por unha rede neutral

Tradución de Mallando na-eira

Os cidadáns e as empresas usuarias de Internet adheridas a este texto MANIFESTAMOS:
  1. Que Internet é unha Rede Neutral por deseño, dende a súa creación até a súa actual implementación, na que a información flúe de maneira libre, sen discriminación ningunha, en función de orixe, destino, protocolo ou contido.
  2. Que as empresas, emprendedores e usuarios de Internet puideron crear servizos e produtos nesa Rede Neutral sen necesidade de autorizacións nin acordos previos, dando lugar a unha barreira de entrada practicamente inexistente que permitiu a explosión creativa, de innovación e de servizos que define o estado da rede actual.
  3. Que os usuarios, emprendedores e empresas de Internet puideron definir e ofrecer os seus servizos en condicións de igualdade, levando o concepto da libre competencia até extremos nunca antes coñecidos.
  4. Que Internet é o vehículo de libre expresión, libre información e desenrolo social máis importante co que contan os cidadáns e empresas. A súa natureza non debe ser posta en risco baixo ningún concepto.
  5. Que para posibilitar esa Rede Neutral as operadoras deben transportar paquetes de datos de maneira neutral, sen erixirse en "aduaneiros" do tráfico e sen favorecer ou prexudicar a uns contidos por riba doutros.
  6. Que a xestión do tráfico en situacións puntuais e excepcionais de saturación das redes debe acometerse de xeito transparente, de acordo a criterios homoxéneos de interese público e non discriminatorios nin comerciais.
  7. Que a dita restrición excepcional do tráfico por parte das operadoras non pode converterse nunha alternativa sostida á inversión de redes.
  8. Que a dita Rede Neutral se ve ameazada por operadoras interesadas en chegar a acordos comerciais polos que se privilexie ou degrade o contido segundo a súa relación comercial coa operadora.
  9. Que algúns operadores do mercado queren "redefinir" a Rede Neutral para manexala de acordo cos seus intereses, e esa pretensión debe ser evitada; a definición das regras fundamentais do funcionamento de Internet debe basearse no interese de quen a usan, non de quen as proven.
  10. Que a resposta ante esta ameaza para a rede non pode ser a inacción: non facer nada equivale a permitir que intereses privados poidan de facto levar a cabo prácticas que afectan ás liberdades fundamentais dos cidadáns e a capacidade das empresas para competir en igualdade de condicións.
  11. Que é preciso e urxente instar ao Goberno a protexer dun xeito claro e inequívoco a Rede Neutral, co fin de protexer o valor de Internet de cara ao desenrolo dunha economía máis produtiva, moderna, eficiente e libre de inxerencias e intromisións indebidas. Para iso é preciso que calquera moción que se aprobe vincule de xeito indisolúbel a definición de Rede Neutral no contido da futura lei que se promova, e non condicione a súa aplicación a cuestións que pouco teñen que ver con esta.
A Rede Neutral é un concepto claro e definido no ámbito académico, onde non suscita debate: os cidadáns e as empresas teñen moito dereito a que o tráfico de datos recibido ou xerado non sexa manipulado, terxiversado, impedido, desviado, priorizado ou retrasado en función do tipo de contido, do protocolo ou aplicación empregado, da orixe ou destino da comunicación nin de calquera outra consideración allea á da súa propia vontade. Ese tráfico tratarase como unha comunicación privada e exclusivamente baixo mandato xudicial poderá ser espiado, trazado, arquivado ou analizado no seu contido, como correspondencia privada que é en realidade.

Europa, e España en particular, atópanse no medio dunha crise económica tan importante que obrigará ao cambio radical do seu modelo produtivo e a un mellor aproveitamento da creatividade dos seus cidadáns. A Rede Neutral é crucial á hora de preservar un ecosistema que favoreza a competencia e innovación para a creación dos innumerábeis produtos e servizos que quedan por inventar e descubrir. A capacidade de traballar en rede, de xeito colaborativo, e en mercados conectados, afectará a todos os sectores e todas as empresas do noso país, o que converte a Internet nun factor clave actual e futuro no noso desenrolo económico e social, determinando en gran medida o nivel de competitividade do país. De aí a nosa profunda preocupación pola preservación da Rede Neutral.

Por todo iso instamos con urxencia ao Goberno español a ser proactivo no contexto europeo e a lexislar de xeito claro e inequívoco neste sentido.

Esta entrada é unha tradución do Manifiesto por una red neutral no blogue de Enrique Dans. Síntete libre de reproducir, traducir e compartir isto onde quixer.

jueves, 7 de octubre de 2010

De Premios Nobel

E ao final déronlle o Nobel a Vargas Llosa. Pero non vou falar das súas virtudes literarias (máis que nada porque non sería obxectivo, non me gusta, mais tampouco me gusta García Márquez e non estou en contra de que lle concederan o Nobel). E si das súas ideas sobre a cultura en xeral e o respeto ao diferente.

Vargas Llosa é patrono de UPyD e foi o primeiro firmante do Manifiesto por la Lengua Común. Lembremos que neste texto atopamos pequenas lindezas como que:

es un deseo encomiable aspirar a que todos los ciudadanos lleguen a conocer bien la lengua co-oficial (...) Pero tal aspiración puede ser solamente estimulada, no impuesta.

Es lógico suponer que siempre habrá muchos ciudadanos que prefieran desarrollar su vida cotidiana y profesional en castellano, conociendo sólo de la lengua autonómica lo suficiente para convivir cortésmente con los demás y disfrutar en lo posible de las manifestaciones culturales en ella.


Tamén se inclúe neste texto unha proposta de modificación lexislativa, onde se blindaría o español, negando os dereitos de atendemento na lingua propia, entre outros. (p.3 do manifesto).

Porén, este non foi o seu único punto escuro. En 1983, Vargas Llosa foi o presidente da Comisión de Investigación do caso Uchuraccay, onde se investigou o asasinato de 8 xornalistas que foran a unha aldea a investigar anteriores asasinatos, presuntamente a mans de forzas paramilitares. A comisión de investigación exculpaba ás forzas armadas (malia que probas posteriores acabarían inculpando a algúns dos seus cadros) e culpaba aos indíxenas para exculpar aos militares, o que lle valeu unha importante cantidade de críticas por parte de antropólogos denunciando que só buscaba chivos expiatorios das accións do exército e acusándoo de ignorancia e falta de respeto cara aos costumes indíxenas, paternalismo e de ver "as culturas indixenas como un obstáculo para a plena realización do seu ideal occidental do modelo de modernidade".

Na miña opinión non pode ser Premio Nobel en Literatura, supostamente o premio máis importante nesta arte, un home que non respeta culturas diferentes ás súas, que aposta por un modelo aculturizador, na vangarda do neoliberalismo uniformizante na aculturalización e proletarización dos diferentes povos. Como leramos na visita á exposición de John Berger na Coruña: "Todo usurpador fará o que estea na súa man para conseguir que nos esquezamos que vén de chegar". Entre estas cousas está o proceso de aculturalización dos usurpados.

Así, porque non creo que o modelo de literatura a premiar sexa o que defende o imperialismo cultural, o desprezo ás culturas non mercantís, indíxenas ou simplemente diferentes; para min este ano o Nobel de literatura ficou deserto.

lunes, 30 de agosto de 2010

E queren que paguemos máis.

Eles poden non cumplir o que publicitan, nin en velocidade de conexión nin en calidade do servizo, poden externalizar a atención ao cliente, poden pasar da confidencialidade dos datos e vendelos a terceiros sen que o consumidor/usuario poida facer nada.
Uns poucos, porque somos poucos, tentamos aproveitar aquilo que contratamos. Unha liña de subida e baixada de datos de x kbps, que queremos aproveitar porque para iso a contratamos. Pero claro, cumplimos o noso contrato. Até os límites. Non pode ser. E queren que paguemos máis.

Hai dous elementos especialmente rastreiros neste comunicado: 1º o recurso á infrautilización do lexítimo dereito de suba e baixada de datos que teñen certos usuarios como defensa do argumento de Movistar, ("que uns paguen máis, porque se non os que non usan o que contratan están... pagándolles a eles!?") non señor, están pagando polo dereito a usar o que contratan, igual que paga o socio dunha piscina que non vai a ela. O problema é, precisamente que non sexan máis os que exerzan o seu dereito de usar o que contratan.

O 2º aspecto é que os proveedores de rede dan un acceso a esta cobrando unha cantidade, que depende de múltiples variables, a cambio do coidado e desenvolvemento desa rede. Os proveedores de rede queren cobrar tamén aos proveedores de servizo e aos usuarios pola cantidade de uso desa rede. E estes proveedores de rede, a maioría dos mesmos polo menos, non cumplen a súa parte do contrato, a saber, o coidado e o desenvolvemento da rede! É dicir, alugas unha casa, e non só che queren cobrar o aluguer (o dereito a usala), senón tamén, á parte, o uso que fagas dela, e iso que a casa ten pingueiras e cortes de electricidade que poderían servir para romper o contrato... pero claro, necesitamos unha casa, necesitamos a conexión. E eles queren que paguemos máis.

martes, 10 de agosto de 2010

Ven a nós, ao Oeste...



Aínda que a nosa situación non sexa tan dramática coma a do Scottish Gaelic, non podo máis que facer meu o estribillo, e animar a quen sexa a vir con nós, ao Oeste, a escoitar a lingua dos heroes, a lingua dos galegos...

viernes, 23 de julio de 2010

If games had super easy mode...

...I'd be a gamer and not such a ****er.

jueves, 15 de julio de 2010

Rosalía

Hoxe fanse 125 anos da morte de Rosalía de Castro, bo momento para lembrar un poema dela. Estiven tentado de poñer algún da Rosalía íntima e sensual, ou da Rosalía anticlerical, mais teño que poñer 'A Xusticia pola man'. Un poema que sempre me gustou, e un poema especialmente relevante nestes días (como se tivese habido outros nalgún momento) onde a miseria da xustiza cega ao sentir das xentes, dunha xustiza arrogada de poder divino, que debe de estar como o bon Dios, tan alta que non oe; ten máis relevancia que nunca, pois, non nos esquezamos, aqués que tén fama de honrados seguen vivos, e seguén roubando brancura, botando estrume, poñendo a roupa en tiras e non deixando nin pedra. Sobran os exemplos.


A xusticia pola man



Aqués que tén fama de honrados na vila,
roubáronme tanta brancura que eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.

Nin pedra deixaron en donde eu vivira;
sin lar, sin abrigo, moréi nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos..., ¡meus anxos...!, que tanto eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!

Quedéi deshonrada, mucharonme a vida,
fixéronme un leito de toxos e silvas;
y en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.

-¡Salvádeme, ou, xueces!- berréi...¡Tolería!
De min se mofaron, vendéume a xusticia.
-Bon Dios, axudaime- berréi, berréi inda...
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.


Entonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño... ¡Ne as herbas sentían!
I a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.


Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe, ¡dun soio!, deixéinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.


I estonces..., estonces cumpréuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man que os ferira.

viernes, 9 de julio de 2010

Paradoxos

Querían ser unha nación.

E de acordo con esta idea, amosaronse:

120 deputados de 135 no Parlament de Catalunya

189 deputados de 350 no Parlamento do Estado Español

Un 73,24% dos cataláns, chamados a votar en referendum.



Porén, isto non vale nada, xa que, para 10 xuices:

A constitución "no conoce otra nación que la española" e "la ciudadanía catalana no es sino una especie del género ciudadanía española".

10 persoas teñen máis poder que o conxunto dos cataláns, preguntados nunha das escasas ocasións de participación popular da que nos provee este réxime pseudodemocrático, que os representantes destes mesmos cataláns no seu Parlamento e que os representantes de todos os habitantes do Estado, no que teoricamente é o máximo órgano lexislativo. O poder xudicial rebélase ante a vontade popular expresada tanto cuase-directa como mediadamente.

E aínda dirán que vivimos nunha democracia.

miércoles, 26 de mayo de 2010

Cantiga para unha antroidada

Os lobos seguen indo con peles de ovella, e seguen abrazándose aos conceptos máis vacuos, retorcéndoos con falsía, e non querendo que nos movamos desa longa noite de pedra... se rescatamos (e facémolo, e farémolo) os feitos, non deixaremos que volvan!

Deixovos con Fuxan os Ventos.





Andan con peles de ovella
cantando falsas gabanzas
os lobos de anos pasados baixan na noite calada.
Mala morte non me mate!
veñen con Autonomía, comerciada por caciques,
maldita falla facía.

SE NON TEDES SACHOS
TRAGUÉMOLOS NÓS
ARADOS DE FERRO
E CARROS CON BOIS (bis).

E, algunhes deles andaban
trasquiando galeguistas
pra non perderen a manda
fixéronse autonomistas.
E, ás veces, falan galego,
e presumen de labradores
a perdición de Galicia
está en maus deses señores!

SE NON TEDES SACHOS
TRAGUEMOLOS NOS.
................
................

Máis, todos nós ben sabemos
aínda nos sobra mamoria;
corenta anos de silencio
non enterraron a hestoria!
Mozos da Terra emigrante
da Galicia xenerosa,
non deixemos que nos rouben
a Patria do pobo, A NOSA.

sábado, 1 de mayo de 2010

O Gato e as maiúsculas

Quen non coñece a canción do Gato?

A letra canta así

Xuntáronse catro un día,
os millores deste barrio,
mataron un gato a tiros
e o meteron nun saco.

Vai o gato metido nun saco,
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
ai, gatiño! xa non volve máis.

Que mal lles parecería
a calquera deses catro,
que os meteran nun saco
como meteron o gato.

Vai o gato…

Aquel gato era un artista,
traballaba na ribeira,
agora é un bañista
na praia da Castiñeira

Vai o gato…



Unha canción que nos fala doutro tempo. Que nos fala dunha época na que para dicir as cousas en público, moitas veces, facía falta transmitilas dunha forma encriptada, e ao receptor faríalle falta ler entre liñas. Neste caso, poñer unha maiúscula a todas os "gatos" para que de nome de animal pasen a ser Apelido de persoa. E velaí que a alegre cantiga popular pasa a ser unha canción protesta chea de tristeza e de, sobre todo na segunda estrofa, retranca:

Xuntáronse catro un día,
os millores deste barrio,
mataron un Gato a tiros
e o meteron nun saco.

Vai o Gato metido nun saco,
vai o Gato prá terra da Laxe;
vai o Gato metido nun saco,
ai, Gatiño! xa non volve máis.

Que mal lles parecería
a calquera deses catro,
que os meteran nun saco
como meteron o Gato.

Vai o Gato…

Aquel Gato era un artista,
traballaba na ribeira,
agora é un bañista
na praia da Castiñeira

Vai o Gato…


Porque a mellor forma de non esquecernos de todos eses Gatos é contar as súas historias para que non se esquezan, non hai mellor que difundilas, neste caso cantándoa, como fixo O Leo, que nos contou o significado desta canción no transcurso das III Xornadas Lingua Literatura e Nación que tiveron lugar na Facultade de Filoloxía.

sábado, 10 de abril de 2010

Pequenos placeres...

A marca de sopas instantáneas Cup-a-soup fixo unha lista de 50 pequenas cousas que nos aledan a vida...


A lista é esta:

Top 50 greatest little pleasures in life

1.A good night's sleep

2.Finding a forgotten tenner in your pocket

3.Cuddling up with a partner in bed

4.Crying with laughter

5.Having a lie-in

6.Sleeping in newly laundered bedding

7.Getting a bargain

8.Making someone smile

9.Catching up with an old friend

10.Laughing at things that have happened in the past

11.Eating a Sunday roast with your family

12.Someone saying you look nice

13.Curling up on the sofa with a good book and a hot drink or soup

14.Discovering you've lost a few pounds

15.Breakfast in bed

16.Waking up thinking it's a work day and then realising it's the weekend

17.A random person smiling at you in the street

18.Looking through old photo albums

19.Eating a takeaway

20.First snow fall of the year

21.Singing your heart out to your favourite song in car

22.Having lunch with friends

23.Listening to a baby laughing

24.Having a massage

25.Reading a book or listening to your iPod on holiday by the pool

26.Playing in snow

27.Finding a pair of jeans that fit perfectly

28.Being chatted up

29.A girly-night in

30.A pampering session at home

31.The smell of freshly cut grass

32.Sitting in the pub with your friends

33.Looking at a baby asleep in a cot

34.Waking up in a room with an amazing view

35.Clothes shopping

36.Receiving a letter from a friend

37.Fitting into an old pair of jeans again after losing some weight

38.Staying up all night getting to know someone special

39.Your mum's cooking

40.Getting dressed up for a night out

41.Watching a live band

42.Drinking a cold beer after work

43.Browsing in a secondhand book shop

44.Going to the cinema

45.Getting a new hairstyle

46.Your queue being the quickest in the supermarket

47.The cold side of the pillow

48.Watching a DVD

49.Getting tipsy

50.Popping bubble wrap


Que opinades? eu quedome co de durmir nunha cama mudada (6) e o de cantar a canción a berros no coche (21) fáltame o momento da primeira choiva despois do verán.

domingo, 28 de marzo de 2010

"Fly, you fools!"

The Balrog reached the bridge. Gandalf stood in the middle of the span, leaning on the staff in his left hand, but in his other hand Glamdring gleamed, cold and white. His enemy halted again, facing him, and the shadow about it reached out like two vast wings. It raised the whip, and the thongs whined and cracked. Fire came from its nostrils. But Gandalf stood firm.

'You cannot pass', he said. The orcs stood still, and a dead silence fell. 'I am a servant of the Secret Fire, wielder of the flame of Anor. You cannot pass. The dark fire will not avail you, flame of Udûn. Go back to the Shadow! You cannot pass.'


[...]

With a terrible cry the Balrog fell forward, and its shadow plunged down and vanished. But even as it fell it swung its whip, and the thongs lashed and curled about the wizard's knees, dragging him to the brink. He staggered and fell, grasped vainly at the stone, and slid into the abyss. 'Fly, you fools!' he cried, and was gone.


O que pode dar de si unha comida na pérgola con Vitor. O extracto pertence ao capítulo 5 do segundo libro de O Señor dos Aneis de JRR Tolkien. E di "non podes pasar" non, "non poderás pasar".

lunes, 22 de febrero de 2010

De manipulación educativa...

Escoitado hoxe na Radio Galega indo cara ao campus, polo señor Roberto Blanco Valdés:

É que se collemos a uns nenos aquí, ou en Barakaldo, ou en Sevilla, e lles dicimos que son chinos, ensinamoslles historia de China, as tradicións de China, e en Chino; non digo que se lles poñan os ollos rasgados, pero seguro, seguro, que se cren que son chinos.



Despois de estudar as "Seis Fundaciones de España", todo o catecismo da historiografía española, a súa cultura, etc. e, por suposto, maioritariamente en español, e inculcándoseme o marco político da falsa idea da unidade da "Nación" Española... pois vai ser que non creo que sexa español, señor Blanco Valdés.

Mala sorte na transmisión da súa falacia de hoxe, ténteo de novo noutra ocasión.

miércoles, 17 de febrero de 2010

Un pouco de lexislación...


PLAN XERAL DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, aprobado polo Parlamento de Galicia o día 21 de Setembro de 2004 (BOPG nº622, do 7 de setembro)*

Área 1. Ensino. Grupo de medidas 2.1.H

Grupo de medidas 2.1.H.

Medidas
2.1.26. Na educación primaria, garantir que, como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego. Á parte da área de coñecemento do medio natural, social e cultural, xa fixada legalmente, fomentarase que se impartan nesta lingua materias troncais en toda a etapa, como as matemáticas.

2.1.27. Na educación secundaria obrigatoria, garantir que, como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego. Dentro das posibilidades de cada centro, tenderase a que entre as materias que se impartan nese idioma figuren as matemáticas e a tecnoloxía, á parte das que xa están legalmente establecidas.

2.1.28. Nos bacharelatos, garantir que, como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego.

2.1.29. Nos ciclos formativos, garantir que, como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego. Deberase asegurar, ademais, que o alumnado coñeza o vocabulario específico da especialidade en lingua galega.



*O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega foi aprobado por unanimidade na sesión do Parlamento de Galicia do 21 de setembro de 2004. Naquel momento era presidente da Xunta De Galicia D.Manuel Fraga Iribarne, e vicepresidente da Xunta de Galicia D.Alberto Núñez Feijoo.

jueves, 4 de febrero de 2010

Non á ampliación de Alvedro

Estes días pasados o señor Ministro de Fomento, Pepiño ¿de Palas? anunciou a bombo e platillo a orzamentación das INNECESARIAS obras de ampliación do Aeroporto de Alvedro.

As causas polas que esta obre é innecesaria son múltiples e variadas, mais hoxe non as vou escribir eu, vouvos encamiñar a este link do blogue Culleredo Sur.

Sobran máis palabras:

NON Á AMPLIACIÓN!

domingo, 17 de enero de 2010

De señoritos e aldeáns

Estou farto.
Farto de escoitar falar de pijeríos e señoritadas por ser de "cidade". Farto de escoitar de coloretes e argollos por ser de "aldea".
Farto de que nunha enumeración A Coruña-Vilaboa-Celas-Algunha aldeíña de Celas sempre o seguinte sexa "aldeán" e o anterior "señorito".

Son mellor por ser fillo de obreiro e non de labrego? Porque miña nai traballe nun Gadis e non no CorteInglés? Por non ter os coloretes marcados nas meixelas todo o ano? Por ser da Coruña e non de Lugo?

Non. O problema é que na enumeración, o propio lugar teno que ocupar a palabra "gilipollas". Gastamos os cartos en que Viladearriba teña a ParisdeNoia para ser mellor que Viladeabaixo, só para que o ano seguinte Viladeabaixo traia á Panorama.

Que ten de mellor ser de vila que ser de aldea? Que os de aldea son tal son cual... serán, pero tamén pode que sexan mellores ca ti.

Guiándonos por estereotipos en vez de mirar ás persoas. Tendo enfrontamentos inútiles en vez de unirnos nos problemas comúns. Minifundismo sociolóxico. Así nos vai.




PS-Sinto o ton pesimista desta entrada, pero ás veces unha conversa de sobremesa pode causar tal decepción e rebote como para que sexa necesario expresalo todo nun post.

lunes, 11 de enero de 2010

Acabouse o que se daba...

Hoxe chegan á súa fin 6 meses de descanso.

E sobre todo, de viaxes:

As Pontes
Chantada 100000 veces
Belesar
Seixo Branco
Torrentes de Mácara, Castelo de Pambre
Petroglifos do Farelo
Palas 50000 veces
Valdeorras e Teixedal de Casaio
Pontedeume e Cabanas 50000 veces
Lugo
Compostela 25000 veces
Estorde
A Guarda
Ferrol
Dublín
Vigo
San Andrés de Teixido e Serra da Capelada
Allariz
San Paio de Narla

Grazas aos e ás que me acompañaron nestas viaxes.

...vémonos nos corredores!!

viernes, 1 de enero de 2010

Morte e Destrucion'09, final

Hai un ano comezabamos o concurso Morte e Destrucion'09, e o concurso, hoxe, chegou á súa fin.

E o Gañador é....




Oink!, que acertou dous mortos. En breves faremos que lle chegue o seu regaliño


Aproveitamos tamén esta entrada para anunciar que o Morte e Destrución'10 ve prorrogado o prazo de entrega de candidaturas.


Boa sorte!
 
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet